Ampliación da axuda para adquirir material escolar

O Diario Oficial de Galicia do 14 de outubro de 2022 publica a concesión directa da ampliación da axuda para adquirir material escolar. Establece que os beneficiarios do vale para adquirir material escolar por importe de 50€ recibirán un novo vale adicional de 25€.

O vale debe empregarse preferentemente na libraría/ establecemento antes do 1 de decembro de 2022.

Clicar na imaxe para acceder á resolución do 5 de outubro de 2022 de concesión directa da ampliación da axuda para adquirir material escolar, regulada na Orde do 29 de abril de 2022