VÉMONOS EN SETEMBRO

Chegamos a final de curso

Un curso que sen dúbida foi moi estraño para todos e todas, consecuencia de todo o que nos tocou vivir e sentir pola “visita” deste “bichiño” chamado COVID.

Un final de curso no que non hai despedidas, festival, risas, bágoas.....

Por todo isto, compartimos unha última actividade ou reflexión, que supón un ata logo.

Unha nova cápsula do tempo

A proposta é a seguinte:  

1.     Cubride o documento e gardao nunha caixa.

2.    O alumnado de 5º e 6º gardará esta ata que remate a súa etapa no IES.

3. O alumnado do resto dos cursos propoño que a garde ata o final de 6º de educación primaria.

Será nese momento cando a abra e vexa se a súa visión do futuro se corresponde coa actualidade ou como cambiou esta.

 

 

DESCARGA A TÚA CÁPSULA CLICANDO NA IMAXE

 

Deséxovos un feliz verán a todos e todas. Un bo comezo de instituto ao alumnado que este ano rematou 6º de primaria. O resto vémonos en setembro.

 

Unha aperta

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

AdxuntoTamaño
MI CÁPSULA DEL TIEMPO.pdf562.96 KB

Powered by Drupal - Design by artinet