Iguála-T

Iguála-T Curso 2023-24

OBXECTIVOS XERAIS:

a) Impulsar e promover a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes a través do sistema educativo e contribuir a previr a violencia de xénero desde a educación.

b) Desenvolver prácticas educativas que identifiquen os estereotipos sexistas existentes en diferentes ámbitos da comunidade escolar e da sociedade e que promovan a súa eliminación.

OBXECTIVOS ESPECÍFICOS:

- Promover a educación multicultural.

- Promover a cooperación nos espazos tecnolóxicos e ofrecer modelos de figuras representativas do xénero feminino nos ámbitos científico e tecnolóxico.

- Realizar actividades de información e sensibilización.

- Axudar a previr e detectar a violencia sexual infantil.

- Desenvolver un pensamento crítico para analizar os estereotipos sexistas e discriminatorios.

- Fomentar o respeto polas diferenzas.

- Facilitar a utilización igualitaria nos espazos no recreo para nenos e nenas.

E elas... Onde están? - Visita ao Museo de Belas Artes

Este martes 7 de maio, dende a materia de Ed. Plástica e visual, o alumnado de 5º e 6º visitou o Museo de Belas Artes de Coruña para coñecer o programa do museo que leva por título " Y ellas... ¿dónde están?", unha exposición na que amosan aos nenos e nenas curiosidades e datos importantes sobre diferentes mulleres que protagonizan os cadros expostos no museo: a vida que levaban as raíñas, as galegas fortes de Sotomayor, o impactante contrato laboral que tiñan que firmar as mestras no século XIX...

E logo, para aproveitar o bo tempo, disfrutamos da comida na praia do Orzán. 

 

 

 

 

COLABORACIÓN CON "AYUDA EN ACCIÓN"

 

iMpulsa é un proxecto que ven da man de Ayuda en Acción. Trabállase con alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria e, ten como principal obxectivo contribuir ao desenvolvemento integral do alumnado, fortalecendo o seu autocoñecemento, apoiando a toma de decisións basadas nos seus intereses e capacidades. Tamén, tratamos de facilitar unha transición existosa cara a Educación Secundaria Obrigatoria.

As iniciativas levadas a cabo complementan as xa existentes no CEIP de Arzúa. A maiores o enfoque do proxecto iMpulsa, céntrase no desenvolvemento de competencias clave como a intelixencia emocional, a comunicación, o traballo en equipo e a toma de decisións. Adaptamos todas as actividades a cada nivel e necesidades do alumnado para promover o seu desenvolvemento escolar de xeito positivo.

En definitiva, tratamos que as nosas accións inflúan no desenvolvemento da intelixencia emocional, priorizando o crecemento emocional dende idades temperás. Ademáis, guiamos ao alumnado na exploración vocacional mediante enfoques lúdicos e participativos, fomentando o recoñecemento de intereses, habilidades e fortalezas únicas.

 

 

PLAN DIRECTOR: CHARLAS SOBRE NOVAS TECNOLOXÍAS E ACOSO ESCOLAR

O 19 de xaneiro, o alumnado de 5º e 6º de primaria asistiu a unha charla enmarcada dentro do Plan Director para a convivencia e mellora da seguridade nos centros educativos e no seu entorno.

Por aquelas datas, foi a quenda das novas tecnoloxías. Óscar centrouse principalmente nos riscos do uso excesivo ou mal uso dos mesmos e, unha vez máis, insistiu nas idades mínimas que por lei os nenos/as deben ter para poder acceder e rexistrarse nas diferentes redes sociais (en España 13/14 anos).

Esta mesma temática foi a empregada na charla dirixida ás familias o 22 de xaneiro, onde os videoxogos e os seus riscos estiveron moi presentes.

No día de hoxe, e co motivo do Día Internacional contra o Acoso Escolar, este mesmo alumnado participou noutra charla enmarcada neste Plan.

Nela tratáronse diferentes temas como:

     - Que é o acoso.

     - Tipos de bullying: físico, verbal, psicolóxico e social.

     - Consecuencias.

Coma sempre, Óscar acercounos á realidade do día a día, facendo aos máis pequenos/as conscientes de que as faltas de respecto entre compañeiros/as son como as sementes do acoso escolar.

Tamén fixo fincapé no perigo dos “motes” e invitou ao alumnado a recapacitar e a meditar sobre os seus propios comportamentos.

PROGRAMA NAVEGA CON RUMBO

Navega con rumbo é un programa encamiñado a guiar ao alumnado cara unha navegación segura, favorecendo o uso responsable de internet e das redes. 

O alumnado de 5º e 6º de primaria tivo a oportunidade de asistir a unha charla deste programa o pasado 29 de abril.

Da man de Kike Agrasar (enxeñeiro de Software e mestre en Formación Profesional en Ciberseguridade) tratáronse aspectos como:

- Que é Internet (a única rede de ordenadores do mundo) e que é un sistema informático (conxunto de hardwares, softwares e persoas).

- A importancia de protexer os equipos electrónicos: información cifrada, contrasinais seguros...

- Consecuencias do uso excesivo das novas tecnoloxías nas persoas máis novas: insomnio, problemas de escritura, de linguaxe...

- A tecnoloxía afecta á bioloxía, ao noso corpo e ao estado de ánimo. Debemos usar as novas tecnoloxías pero con limitacións. Debemos vivir o mundo real para entreternos, non o mundo virtual.

En definitiva, o alumando familiarizouse con novos conceptos relacionados coa navegación segura e todos nos quedamos con un dato ben curioso que descoñeciamos: no 2023, España foi campioa no mundial de hackers!  

PROGRAMA "POÑENDO OS LENTES"

Neste curso escolar, as mestras participamos no programa da Xunta de Galicia: "POÑENDO OS LENTES para a protección da infancia", coa colaboración da Asociación AMINO Galicia, a través do cal se busca previr a violencia sexual infantil.

https://www.ponendolentes.es/

 

 

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ

O 30 de xaneiro conmemoramos o Día da Non Violencia e a Paz.

Escolleuse esta data en memoria de Mahatma Gandhi, líder pacifista da India.

A súa frase “Non hai camiño para a Paz, a Paz é o camiño” converteuse nun lema universal contra a violencia.

Estes son algúns dos traballos realizados polas diferentes titorías:

    

 

 

Día da Educación

Xa temos o mural para o Día da Educación, no que expoñemos un pequeno "dicionario" con verbos e imaxes relacionados con esta conmemoración, lembrando o afortunados e afortunadas que somos por ter acceso á Educación, xa que ten un papel fundamental nas nosas vidas.

Podedes ver o interior do Dicionario mundial da educación que fixemos entre as distintas aulas neste formato revista AQUÍ

 

 

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Sabías que un de cada dez nenos é un neno con discapacidade?

As persoas con discapacidade foron historicamente marxinadas. Cómpre redobrar e acelerar os nosos esforzos para integralas na sociedade e axudarlles a conseguir as súas metas.

O noso mural colectivo, que leva por título, “A diversidade enriquece”, quere ser unha homenaxe a todos estes superheroes e a todas estas superheroínas que están aquí para regalarnos sorrisos, abrazos, agarimos… e cos que queremos compartir unha morea de retos e aventuras. Quixemos destacar todas esas cousas que elas e eles son capaces de facer, aínda que a súa discapacidade ás veces llo pon moi difícil. 

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet