Iguála-T

Unha ventá aberta ao mundo

 

 

 

Xa temos a temática para este curso 2023/24! O lema é "Unha ventá aberta ao mundo" e o que buscamos é traballar as diferentes culturas, linguas, tradicións e aspectos importantes de diferentes países, para así dar unha volta ao mundo dende a nosa "ventá" que é o centro escolar.

 

Gocemos da nosa viaxe!

MULLERES SENLLEIRAS_ TRABALLO REALIZADO POLO ALUMNADO DE 3º EP NA MATERIA DE PROXECTO COMPETENCIAL

O alumnado de 3ºA e 3ºB, matriculado na materia de Proxecto Competencial,  fixo este curso 2022-23 un traballo de investigación arredor da vida de varias mulleres, que pola súa traxectoria en distintos ámbitos da cultura, son un referente para todos nós. Cos carteis elaborados confeccionamos este mural que quedou exposto no corredor da planta baixa do noso colexio. 

Un libro para todes...coa nosa Feira da expurga!

Este curso tocaba facer unha expurga de libros na nosa biblioteca escolar, e aproveitamos este evento para organizar unha Feira do libro coincidindo coa semana do libro.

Con esta feira, quixemos asegurarnos de que todos os nenos e nenas do cole, dende EI ate EP, poidesen escoller un libro que levarían como agasallo para a súa casa, atendendo aos ODS (Obxectivos de Desenvolvemento Sostible) da Axenda 2033, e así darlles acceso a diversos materiais de lectura como contos, libros didácticos, libros con pictogramas...

 

 

 

 

 

Agardamos poder realizar unha nova Feira do libro o próximo ano e que recibades con tanta ilusión outro libro para darlle unha segunda vida.

NAVEGA CON RUMBO

Navega con rumbo é un programa encamiñado a guiar ao alumnado cara unha navegación segura. 

O alumnado de 5º e 6º de primaria tivo a oportunidade de asistir a unha charla deste programa o día 26 de maio.

Nela tratáronse aspectos como:

- Perigos de Internet: a perda da intimidade e da confidencialidade, a información falsa, o illamento social, o ciberbullying e o ciberacoso.

- Como protexer o noso ordenador: información cifrada, buscar contrasinais seguros...

Xuntos chegamos á seguinte conclusión: Internet en si non é perigoso, pero pode ser perigoso o que esconde detrás.

 

 

CHARLA SOBRE O ACOSO ESCOLAR

Con motivo do Día Internacional contra o Acoso Escolar, o 3 de maio o alumnado de 5º e 6º EP participou nunha charla enmarcada dentro do Plan Director. Nela tratáronse diferentes temas como:

- Tipos de bullying: físico, verbal, psicolóxico e social.

- Comportamentos típicos do bullying.

- Ciberbullying.

- Consecuencias penais e civís.

Coma sempre, Óscar empregou vídeos ilustrativos que facilitaron que o alumnado comprendese mellor esta realidade.

 

ROBOTICA EDUCATIVA CO PANEL DAS MULLERES EN 3º A E 3º B

O alumnado de 3º A tivo esta sesión o 26 de abril, e o alumnado de 3º B o 24 de maio. Nesta clase de robótica repasaron os movementos dos robos mBot, para despois repetir as instrucións, pero cambiando os comandos co obxectivo de dirixir os robots cun mando a distancia, sen necesidade de telos enchufados ao ordenador.  

Unha vez que fixeron isto, pasaron a traballar sobre o panel das mulleres que temos na aula de informática. Pedíaselles que identificaran a unha muller do panel e quen o facía debía explicarlle aos demais en que campo da cultura destacou. A continuación, entregabáselle unha tableta para que dirixira o robot ás coordenadas nas que se atopaba a fotografía de dita muller famosa. Complicouse o xogo cando se colocaron dous ou tres robots sobre o panel e se foron incorporando tabletas, dado que había que dirixir aos robots, pero non podían chocar entre eles. 

 

 

 

 

 
 

 

 

 

 

 

ROBOTICA EDUCATIVA 4º PANEL DAS MULLERES

Hoxe, mércores 26 de abril, realizamos unha nova sesión de robótica traballando cos mBots, pero desta vez fixemos os movementos no chan sobre un panel. Cada mBot estaba conectado a unha tablet e desde ela realizaban os diferentes movementos (ir cara adiante, cara atrás, xirar á dereita e xirar á esquerda).

Esta panel ten o rostro de varias mulleres que destacaron nalgún campo ao longo da historia. Está baseado no libro "Ellas cuentan. 50 mujeres y niñas que cambiaron el mundo", co que previamente traballamos na aula.

A actividade de hoxe fixémola por grupos. A mestra daba uns datos ou pistas sobre unha das mulleres, e cada grupo debía dirixir o seu robot cara a muller correcta.

Logo, invertimos a actividade. Cada grupo debía dirixir o robot cara unha muller que eles escolleran e dicir todo o que sabían dela.

Foi moi divertido!

 

 

 

 

 

 

 

DÍA DO LIBRO

 

Con motivo do Día do Libro, o voluntariado de Biblioteca Solidaria traballou coa  Lectura dramatizada: “Princesa Kevin” para o alumnado máis cativo.

 

 

Kevin demóstranos que os estereotipos están para rompelos.

 

 

8 M

A semana pasada conmemoramos o DÍA DA MULLER (8 de marzo) no que se reivindica a igualdade completa de dereitos entre homes e mulleres. É un día adicado á loita pola igualdade, a participación e o empoderamento da muller en todos os ámbitos da sociedade.

Elaboramos un mural común onde decoramos o rostro de mulleres galegas que destacaron ou destacan nalgún ámbito:  Sofía Toro (regatista), Fina Casalderrey (escritora), Ana Peleteiro (deportista), María Casatres (actriz), Alicia Estévez (científica)…

Este mural quedou así de bonito e levou por título: Démoslles voz!

                                         

Ademais, a mestra de Música elaborou un videoclip con todo o alumnado do centro  versionando o tema “Así bailaba”. Podedes velo no apartado de Música.

8M na Biblioteca

· Contacontos para Infantil polo voluntariado da Biblioteca escolar Solidaria

 

Neste libro, o artista David Pintor, a través dun divertido diálogo coa súa filla relata algunas das moitas e estrafalarias aficcións que poden facer soñar ás nenas. A partir das preguntas que lle tocou responder á súa filla naceu este libro, no que fala dos estereotipos de xénero co mellor instrumento: o humor.

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet