Iguála-T

DIA DA PAZ EN 3 ANOS

O 30 de Xaneiro establécese , segundo o calendario escolar, como o o día da Paz.

Na aula de tres anos estamos a traballar bos hábitos como o respeto, a igualdade, a paciencia , tentar non pelexar , solucionamos os problemas a través do diálogo...

Para conmemorar este día os meus peques elaboraron a coroa da paz titulada: COLORES DE PAZ. Porque...parémonos a pensar... ¿Por qué todas as pombas da paz son brancas?

Na nosa aula conversamos acerca de esta pregunta e pensamos... As pombas de outras cores tamén queren ser palomas de paz! Por iso entre todos e todas axudarémoslle a conseguilo.

Cada pequeno e pequena decorou a súa coroa verde con gomets de diferentes formas e cores , coloreou ao seu gusto a palabra PAZ e unha pombiña que cada quen fixo como máis lle gustou.

 

 

Elaboramos ademáis o COLGANTE DA PAZ. Que vos pareceria un colgante máxico co que calmar a nosa ira e os nosos enfados?

Un colgante no que os nosos sorrisos contaxian o mundo de Paz e felicidade.

Traballamos con masa para modelar, picamos, utilizamos pintura de dedos, e debuxamos un gran sorriso nas nosas vidas!

 

 

 

 

 

 

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

O 3 de decembro, o alumnado de 5ºA fixo unha serie de actividades para conmemorar o "Día Internacional das persoas con discapacidade".

- Traballamos a diversidade a través dos contos.

- Dialogamos a partir do visionado do vídeo: "Nobody is normal". O curto parte da premisa de que todos somos diferentes. O protagonista é unha bóla de lá azul que se disfraza todos os días para ir á escola e "esconder" todo o que o fai diferente. 

As nosas conclusións plasmámolas neste pequeno mural que colocamos na porta da aula:

   

OS BIBLIOAXUDANTES CÓNTANLLE UN CONTO AO ALUMNADO DE 5 ANOS

Un curso máis o CEIP de Arzúa participa no Programa de Bibliotecas Escolares Solidarias nas modalidades de: Colaboración coa biblioteca escolar e Ler con... D (é dicir, de lecturas compartidas dentro do centro). Este curso contamos cun grupo de 10 colaboradores e colaboradoras de 5º de E.P. que o venres 18 de decembro se estrearon no seu labor compartindo unha lectura co alumnado de 5 Anos A e B. O libro escollido foi "Monstro Rosa", de Olga de Dios. Trátase dun album infantil que nos fala da diversidade, de respectar a identidade de todas as persoas por moi diferentes que sexan, e tamén da importancia de crear unha sociedade onde todos teñamos cabida. Este conto reforza o valor de crer en nós mesmos e de respectar a nosa identidade aínda que esta choque coa do conxunto da sociedade.

 

 

 

 

 

 

 

Despois de contarlles o conto, os biblioaxudantes e os nenos e nenas de 5 Anos reflexionaron sobre a historia, as personaxes e as ensinanzas que se poden extraer do mesmo; e remataron cantando a canción de "Monstro Rosa", un canto á diversidade, ao diferente, a encaixar e facer amigos onde cada un sinta que é o seu mundo e poida ser el mesmo.

 

 

 

Na realización desta actividade adoptáronse todas as medidas de protección e hixiene que a situación de crise sanitaria, pola COVID-19, require.

Para finalizar, dar as grazas ao alumnado de 5 Anos A e B e aos voluntarios e voluntarias, por regalarnos momentos tan fermosos e mensaxes tan esperanzadoras.

Grazas e Boas Festas!

 

DECLARACIÓN UNIVERSAL DOS DEREITOS HUMANOS

A Declaración Universal dos Dereitos Humanos é un documento que marca un hito na historia dos dereitos humanos. Elaborado por representantes de todas as rexións do mundo, a Declaración foi proclamada pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas en París, o 10 de decembro de 1948.

Neste documento recóllense un total de 30 artigos e establécese, por primeira vez, os dereitos humanos fundamentais que deben protexerse no mundo enteiro.

Durante a semana, traballamos e aprendemos máis cousas sobre este documento, e plasmamos o noso traballo neste mural tan bonito que leva por título "Todos os seres humanos temos dereito a...". Cada curso profundizou máis nun dos dereitos humanos que rotulou e decorou nunha man. As doce mans xuntas, unha de cada aula, simbolizan a unión e resumen este documento tan importante para a humanidade.

Traballamos os seguintes dereitos:

- Educación

- Traballo

- Descanso

- Respecto

- Liberdade

- Igualdade

- Protección

- Identidade

- Xustiza

- Asistencia

- Dignidade

- Privacidade

                  

 

                                                         

3 DE DECEMBRO- DIA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Na aula de 3 anos este ano traballamos diferentes discapacidades a través do conto UN MAR DE COLOR. 

Tapamos os oídos ... Cómo te sentes sen poder ir aos demáis?

Tapamos os ollos... Que vos ocorre se non pudiéramos ver? 

Andamos a pata coxa.. e sinxelo ou complicado? 

...

Para rematar repasamos OS valores do conto , ben importantes  para ser respetuosos coas demáis persoas e darnos conta de que tod@s temos virtudes e cousiñas que nos custan màis pero que con axuda podémolo conseguir! E fixemos este espectacular mural! 

DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER_25 NOVEMBRO

O 17 de decembro de 1999, a Asamblea Xeral das Nacións Unidas designou o 25 de novembro como o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. 

Desde o CEIP de Arzúa queremos aportar o noso granciño de area na sensibilización e denuncia sobre a violencia contra as mulleres no mundo. Sabemos que entre as claves para traballar contra a violencia de xénero está a educación na igualdade e no respecto ás diferenzas e aos dereitos humanos. Por iso, baixo o lema: "Nós traballamos por un mundo no que haxa...", fixemos unha serie de actividades que agora vos presentamos, co obxectivo de contribuír a un necesario cambio social no que, os nosos nenos e as nosas nenas, xa convertidos en homes e mulleres, vexan cumpridos os seus soños de igualdade, liberdade, diálogo, empatía, confianza e respecto. Actitudes todas elas importantes para erradicar a violencia de xénero da nosa sociedade. 

Este é o mural colectivo que se fixo coa axuda de todas as titorías do colexio.

  

Para colaborar co CIM de Arzúa elaboramos este vídeo, no que participou un neno ou nena representando a cada titoría de E. Primaria.

Queremos mostrarvos a continuación diferentes actividades levadas a cabo no noso centro; traballos realizados a partir dos libros de lectura, películas escollidas para traballar esta temática do 25 N, murais...

   3 ANOS

  4 ANOS -A   

   5 ANOS -B 

 1º A e B 

 3º A  

  4º A

  5º A

 6º A

 

 

DÍA DA INFANCIA

O Día da Infancia é unha conmemoración Internacional para reafirmar os Dereitos Universais dos Nenos e Nenas .

Conmemórase o 20 de novembro. Esta data é moi importante para a infancia por varias razóns: celébrase o Día Universal do Neno e da Nena, desde 1954, e ademais é o aniversario da Declaración Universal de Dereitos do Neno e da Nena, desde 1959. E ese día en 1989 aprobouse a Convención dos Dereitos do Neno e da Nena.

Establecéronse unha serie de dereitos incluidos os relativos á vida, á saúde e á educación, o dereito a xogar, á vida familiar, a protección fronte a violencia e a discriminación, e a que escoiten a opinión de todas as nenas e os nenos.

Desde o colexio, e co traballo dos rapaces e rapazas en cada aula, intentamos plasmar todas estas ideas e concienciarnos de que a infancia é unha etapa da vida irrepetible e que hai que conseguir que todos os nenos e nenas estean protexidos, seguros, con saúde e educación, independentemente do seu lugar de nacemento.

Aquí vai unha pequena mostra dos nosos traballos:

    3 ANOS                      

 

 

 4 ANOS A e B             

5 ANOS A

 

 

 

                               5 ANOS B   

 

 

1º A e B         2º 

 

 

                     

 

 

                      6º 

 

                   

 Ademais, para conmemorar esta data e grazas ao Departamento de Cultura do Concello de Arzúa, tivemos a oportunidade de desfrutar do espectáculo "Cousas de 4" da compañía Odaiko, un teatro musical que permite explorar a percusión de forma creativa: con obxectos, instrumentos, o propio corpo...

A actuación tivo lugar no salón de actos e asistiron os alumnos  e alumnas de 1º, 3º e 4º de Educación Primaria no primeiro pase, e o alumnado de 3 anos e 4 anos A e B de Eduación Infantil no segundo.

 

                                                                          

Agradecemos de novo ao Concello de Arzúa por permitirnos desfrutar deste espectáculo de balde no noso centro e que tanto gustou aos nenos e nenas.

25N - DIA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Hoxe conmemoramos o día contra a violencia de xénero , un día que deberíamos extender aos 365 días do ano. Somos ainda pequenos para poder entender estas cousiñas  pero traballamos dende ben pequen@s a non pelexar , a querernos tod@s por igual , a xogar tod@s a todo, a respetar..por iso para tal ocasión  a profe escolleu  para traballar Unha  canción que a ela lle encanta  e que , tal e cómo nos explicou, fala da non violencia en xeral: QUE NADIE, de Manuel Carrasco . Unha canción que nos proporciona calma e invítanos a pensar.

Despois dunha semana de traballo en equipo elaborando materiais así quedou a nosa posta en escea final! 

O nosa pequena achega para un mundo onde reine a non violencia e a igualdade de oportunidades !

 

 

Traballamos tamén o conto proposto dende o Departamento de Orientación , ORELLAS DE BOLBORETA, onde o respeto e a non discriminación cara os demais,e ,e en especial  cara unha nena chamada Mara, xogan un papel fundamental. 

11 Maras todas elas diferentes e as que cada Unha de elas debemos respetar! 

DIA DA INFANCIA

Como todos os anos o 20 de Novembro recordamos os nosos dereitos, recordamos que todos nacemos diferentes pero tod@s debemos de ser tratados de igual  maneira , sen diferencias .

Este ano na nosa aula de 3 anos elaboramos un mural en equipo, cunha man central que simboliza  a nosa unión frente ao mundo  e una debuxos imdividuais que nos deixan entrever que tod@s somos diferentes , pero que unidos lograremos esa igualdade e eses dereitos que tanto precisamos para medrar. 

No curso 2020/2021 o CEIP de Arzúa participa novamente nos contratos-programa, dirixidos á mellora do éxito escolar, concretamente na Modalidade 3: Iguála-T.

a) Obxectivos que se perseguen nesta actuación.

1. Promover o recoñecemento efectivo da igualdade entre persoas, desenvolvendo valores persoais e sociais que promovan esta igualdade, así como unha boa formación académica que permita gozar dunha verdadeira igualdade de oportunidades na vida profesional.

2. Potenciar a colaboración familia-escola na educación para a igualdade de nenos e nenas e fomentar actividades formativas específicas sobre obxectivos coeducativos, establecendo vías de colaboración con persoas e institucións que promovan a igualdade de oportunidades.

3. Educar en igualdade, alonxándonos de estereotipos, prexuízos e discriminación por razón de sexo ou outras.

4. Fomentar o uso de materiais didácticos que non presenten linguaxe, contido e/ou imaxes sexistas propoñendo alternativas cando se detecten elementos deste tipo.

5. Integrar o principio de igualdade de oportunidades na práctica docente.

b) Medidas concretas que se van desenvolver.

1. Actividades enmarcadas dentro do 20 de novembro: "Día da Infancia".

2. Actividades enmarcadas dentro do 25 de novembro: "Día Internacional contra a Vilencia de Xénero".

3. Actividades enmarcadas dentro do 30 de xaneiro: "Día Escolar da non Violencia e da Paz".

4. Actividades enmarcadas dentro do 8 de marzo: "Día da Muller Traballadora".

5. Actividades enmarcadas dentro do 2 de maio: "Día Internacional contra o Acoso Escolar.

Dispoñemos dos vinilos que fan referencia a estas datas concretas, grazas ao orzamento que nos foi concedido o curso pasado.

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet