Iguála-T

SESIÓN DE CONTACONTOS PARA EDUCACIÓN INFANTIL

Os colaboradores e colaboradoras da biblioteca escolar prepararon o conto "La peluca de Luca" para representarllo ao alumnado de 5 Anos A e B de Educación Infantil. Trátase dunha obra que ten como obxectivo romper e eliminar os estereotipos e prexuízos asociados ao xénero, coa intención de favorecer a posibilidade de que cada nena e cada neno se desenvolva libremente. O protagonista chámase Luca, un neno especial e valente que se enfronta a un mundo de superheroes e princesas para defender a súa perruca azul. Quen decide o que é feminino e masculino? Nunca é demasiado cedo nin demasiado tarde para loitar contra as cousas absurdas da vida.

 

 

Nesta sesión, houbo tempo tamén para reflexionar xuntos sobre os valores e as mensaxes que nos transmite a historia de Luca: a igualdade entre homes e mulleres, o respecto á diversidade e a liberdade de todas as persoas para escoller como ser, como vestir, como sentir...

 

Para rematar, os nenos e as nenas de E.Infantil e os biblioaxudantes cantaron xuntos pola igualdade, o respecto á diversidade e a ilusión por un mundo mellor onde istos valores sexan unha realidade.

 

 

Grazas a todas e a todos por estas marabillosas experiencias e saberes ao redor dos libros e a lectura.

  

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

O DÍA INTERNACIONAL DA MULLER conmemora cada 8 de marzo a loita das mulleres pola súa participación na sociedade e o seu desenvolvemento íntegro como unha persoa, en pé de igualdade co home.

As mulleres unidas teñen o poder de cambiar o mundo e loitar pola igualdade en todos os ámbitos da sociedade.

O alumnado do CEIP de Arzúa realizou este mural que leva por título "AS MULLERES MOVEN O MUNDO".

Decoramos con moitas flores diversas e coloridas o vestido da figura dunha muller da que saen bolboretas fermosas e libres que portan mensaxes esperanzadoras como: "As mulleres moven o mundo: loitando, co corazón, investigando, cando estamos unidas, porque son valentes, guerreiras e poderosas, creando, co seu poder, atrevéndonos a soñar e ser o que elixamos, co valor, sendo libres, felices, amables, atrevidas..."

Ademais deste mural común, tamén se realizaron diversos traballos a nivel de aula. Investigamos sobre esta conmemoración e os logros obtidos, ou aprendemos e repasamos a vida de moitas mulleres importantes na historia que fixeron posible estes avances ou destacaron nalgún campo.

 

8-M: DIA DA MULLER

Tal día coma o de hoxe  conmemoramos o DÍA DA MULLER, un día que debemos de ter presente os 365 días do ano.

Quizáis hoxe deberíamos falar de mulleres científicas, astronautas, escritoras, as primeiras futbolistas...mulleres que por un motivo ou outro son importantes na  historia e moitas de elas marcaron un antes e un despois.

Pero nós, hoxe ,na aula de tres anos ,quixemos ensalzar e dar a importancia que se merecen a unhas mulleres moi cercanas que cada día loitan e se esforzan e que , aínda que non saen en libros nen medios de comunicación marcan , para nós tamén, un antes e un despois.

Pois estas son nosas mulleres importantes das  nosas vidas!!

 

DíA DA PAZ EN 5º A

Durante o mes de xaneiro, o alumnado de 5ºA realizou diferentes actividades relacionadas co Día Internacional da Educación e co Día da Paz.

En relación coa primeira conmemoración, vimos a primeira parte da película "Buda explotó por vergüenza" e fomos comentando diferentes temas que se abordaban na mesma. Na clase tamén se proxectou un vídeo sobre o dereito á educación e participamos no mural colectivo que se colocou na entrada do centro. Cada neno e nena deu resposta no seu debuxo ao lema proposto: "A educación promove...". 

Para traballar a segunda temática realizamos un mural que levou por título "A Paz é posible...". 

 

Estas son as fotos ampliadas dalgúns dos traballos que aparecen no mural.

   

   

  

   

COÑEZO O MEU CORPO

En este segundo trimestre e relacionandoo co tema de este ano :MEDIO AMBIENTE E SAÚDE" na nosa aula estamos a traballar o proxecto "COÑEZO O MEU CORPO", no que traballaremos as principais partes do corpo, as nosas diferencias e a importancia dunha boa alimentación e boas prácticas deportivas para mantelo forte e san.

Durante esta semana traballamos as partes da cara a través dun xogo que nós mesmos fixemos e co que agora podemos practicar e xogar á vez que aprendemos:

O NOSO PROPIO ROMPECABEZAS COAS PARTES DA CARA.

Con esta actividade traballamos ademais a igualdade , xa que cada un/ha o coloreou ao seu gusto saíndo cousiñas moi diversas que nos axudou a traballar as nosas diferencias e a fomentar o respeto por tod@s e cada un de nós.

 

 

        

 

Ademais estamos aprendendo o baile dunha canción que nos gusta moito!

Movemos o noso corpo todos os dias para estar en forma e manternos fortes e sans!

https://youtu.be/z6DoPp-LkTA

 

 

 

 

 

 

 

 

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ

Cada 30 de xaneiro recordamos en todos os centros educativos a importancia de vivir nun mundo de paz. 

É un dereito da infancia e de toda a humanidade.

Para lograr a paz temos que aprender a evitar a violencia e comprometernos con formas pacíficas de resolución de conflitos no noso día a día. 

Por iso, durante toda a semana traballamos sobre a orixe e importancia de conmemorar este día e fixemos un montón de actividades e traballos que vos amosamos a continuación:

 

Convidámosvos a todas e todos a celebrar o Día da Paz!

DÍA INTERNACIONAL DA EDUCACIÓN

O 24 de xaneiro conmemórase o Día Internacional da Educación, unha data proclamada pola Organización das Nacións Unidas (ONU) co obxectivo de concienciar a todo o planeta da importancia da educación.

En realidade, a educación é a base para unha sociedade xusta, igualitaria e autosuficiente.

Deste xeito, para conmemorar este día, todo o alumnado participamos na elaboración do mural común que leva por título "A educación promove..." do que saíron respostas tan bonitas coma estas:

"A educación promove... cultura, felicidade, acabar coa pobreza, a solidariedade, o respecto,  mellorar a saúde, a igualdade de xénero, ser mellores persoas, cumprir os nosos soños..."

Estas respostas foron rotuladas e coloreadas en debuxos de materiais escolares que simulaban follas que medran na árbore da educación, simbolizando a esperanza e prosperidade. Quedou así de bonito:

Ademais da elaboración deste mural, cada titoría traballou sobre a temática e elaborou os seus propios traballos: murais de aula, visualizacións de vídeos relacionados co tema,  manualidades...

O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria viu e traballou sobre película "Buda explotó por vergüenza" que relata a historia dunha nena afgana que loita por ir á escola e recibir unha educación. Pero terá que sufrir o acoso doutros nenos que xogan á guerra e pretenden derribala como os seus maiores fixeron coas xigantescas estatuas de Buda.

Sen dúbida, unha gran aprendizaxe da importancia da educación.

SESIÓN DE CONTACONTOS PARA EDUCACIÓN INFANTIL

Con motivo da Conmemoración do Día Escolar da Non Violencia e a Paz, o alumnado colaborador da Biblioteca levou a cabo unha actividade de contacontos para o alumnado de 3 e 4 anos de Educación Infantil. O conto seleccionado nesta ocasión foi "Somos amigos?" de Anabel Fernández Rey. Trátase dun fermoso álbum ilustrado que nos presenta a dous amigos moi diferentes pero moi ben compenetrados: un neno e un oso polar; que descobren que a amizade é pura xenerosidade, así o oso axuda ao neno a peitearse, a montar en bici, incluso a comer verduras; e vese correspondido polo neno que axuda ao oso a asearse, a sacar unha espiña da pata, ata comparte con el a súa comida. Un conto que fomenta os valores da Paz: a amizade, o respecto pola diversidade, o diálogo, a empatía... Valores que desexamos que as nosas nenas e nenos descubran e interioricen para que vivan felices e en harmonía consigo mesmos e cos demais.

 

 

 

Finalizada a dramatización do conto, maiores e pequenos profundizaron no mesmo e  reflexionaron  sobre as ensinanzas que transmite: amizade, xenerosidade, respecto, axuda...

 

Para rematar, cantaron xuntos "Hola amigo, juega conmigo", unha divertida canción que promove múltiples maneiras de amosar afecto e cariño polos amigos e amigas.

 

En agradecemento, o alumnado de Educación Infantil obsequiounos cuns fermosos debuxos sobre o conto representado.

 

Esta actividade levouse a cabo en escrupuloso cumprimento das normas de hixiene e prevención que a situación pola COVID-19 esixe.

 

Foi unha experiencia enriquecedora e satisfactoria tanto para os maiores como para os máis pequenos.

Grazas a todas e a todos por facela posible e lembremos que a Paz é un reto para alcanzar en todos os ámbitos: escola, familia, amigos...

Defendamos e traballemos polo dereito a vivir nun ambiente de Paz. 

Powered by Drupal - Design by artinet