XA CHEGOU O OUTONO, en 2ºB

O 23 de setembro chegou o EQUINOCCIO DO OUTONO, unha nova estación que achega novos cambios: temperatura, cores...

Na clase de plastica empezamos con diferentes interpretacións desta estación empregando ás cores típicas e as ceras Manley, ademais da técnica do sombreado xogando coa luz nas diferentes imaxes que debuxamos:

Concentrados e concentradas ...estamos creando!!!

   

Ademais faremos un OUTONO EN DIRECTO, como decidiron chamarlle  a saída para ver as paisaxes outonais pola contorna, as súas cores, o seu cheiro .. e con estas sensacións facer unha actividade de LAND ART, fotografiando o arte na natureza coa mesma natureza.

 

Powered by Drupal - Design by artinet