Día do Libro

Con motivo da celebración do Día do Libro neste mes de abril, os alumnos/as do 2º ciclo de primaria, están a ler o libro "Casas" de Paula Carballeira, a cal nos visitará no centro o próximo martes 30 de abril e así os nenos e nenas terán a oportunidade de coñecela e poder solicitarlle que lles firme o libro.

 Libro de relatos e poemas que xiran en torno ao concepto de fogar. Casas con tellado, casas de tea, casas de papel, casas de palla, casas acolledoras e casas enfadadas. Casas que quedan quietas e casas que viaxan...

Powered by Drupal - Design by artinet