O centro como dinamizador de hábitos de vida saudable

DÍA MUNDIAL DA SAÚDE

En 1948, a Primeira Asamblea Mundial da Saúde propuxo que se establecera un DÍA MUNDIAL DA SAÚDE para conmemorar a fundación da OMS (Organización Mundial da Saúde).

Todos os países do mundo uníronse e fundaron a OMS para promover a saúde, manter o mundo seguro e servir aos máis vulnerables, para que todos e todas, en todas partes, poidan alcanzar o máis alto nivel de saúde e benestar.

Desde 1950, todos os anos o Día Mundial da Saúde celébrase cada 7 de abril.

Desde o colexio, tamén quixemos traballar e profundizar máis sobre esta conmemoración e elaboramos un mural colectivo baixo o lema “Somos Auga” onde quixemos relacionar a importancia da auga , eixe vertebrador deste curso, coa nosa saúde.

Deste xeito, os nenos e nenas de Primaria decoramos diferentes órganos do noso corpo humano, explicando cal é a súa función e indicando o seu porcentaxe de auga. Colocámolos ao redor dunha silueta humana que indica a porcentaxe de auga que contén o corpo humano coloreando unha parte da mesma.

Os nenos e nenas de Infantil decoraron flores como símbolo da importancia da auga para a vida. Regando as plantas hai vida, bebendo auga hai vida e saúde.

                                                                       

ALMORZO SAUDABLE

Os SúperSaudables invitáronnos a un almorzo saudable no comedor escolar, que, por certo, nos encantou. Previamente visitaron as aulas dos máis cativos e poideron así coñecelos e algúns incluso lles puxeron un nome a cada un.

EIXO MOTIVADOR: Os SúperSaudables

Para levar a cabo esta modalidade do CPInnova, partimos dun eixo motivador:

Os SúperSaudables

Estas personaxes son as que dirixen a nosa actividade, en canto ás tarefas a levar a cabo.

A nena é experta en hábitos saudables de hixiene e no deporte; o neno é experto en alimentación. Con eles, o alumnado aprenderá moitas cousas, de xeito lúdico e motivador.

ACTIVIDADE LEVADA A CABO POLO ALUMNADO DA EFA DE ARZÚA

Na aula de 3 anos A, leron un conto aos nenos e nenas sobre unha vaca. Falaron do conto, explicando tamén o tema do queixo e a súa elaboración.

Finalizaron cunha vaca nun póster xigante que trouxeron e no que o alumnado estampou as súas mans no seu interior con pintura de dedos.

 

 



 

RECICLANDO CON ECOEMBES

Desde Ecoembes proporcionaron papeleiras para reciclaxe que permitirán organizar a recollida de residuos no centro. Deste xeito, xunt@s no coidado do medio ambiente.

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet