Skip to Content

Complementarias

O QUE EN ENTROIDO DI LUPIÑA...

Este ano coma sempre imos a obedecer as consiganas que Lupiña no Entroido nos fai facer.

LUNS 24: "Este ano imos viaxar, e por América comezar, así indios e vaqueiros, non nos han de faltar"
MARTES 25: "África non pode faltar, neste gran festival, así o nariz negro has pintar , (e se eres valente, algo máis)
MÉRCORES 26: "Por Asia e Australia, tamén imos pasar, a ver que se che ocorre para te disfrazar".
XOVES 27: "Case chegamos ao final, e coma a casa imos voltar, ponte unha bata e comod@ has estar"

Nadal en Pedrouzos

Despedimos o ano cunha xornada especial. As primeiras horas adicámolas a divertidos obradoiros: xogos, felicitacións ao amigo invisible, elaboración de adornos de Nadal, panxoliñas, cociña... Recuperamos forzas cun chocolate con rosca e para completar este día tan intenso, visitáronnos os Paxes Reais que recolleron as cartas dos nenos e nenas agasallándolles con caramelos.

Dende o colexio desexamos un bo Nadal a todos os membros da comunidade educativa!

Festa fin de curso

Despois dun duro curso de traballo, chegan para os nosos alumnos e alumnas as merecidas vacacións de verán. A última xornada lectiva foi un día especial con actividades lúdicas. Nas aulas realizáronse  bailes, xogos, unha pequena obra de teatro... Despois repuximos forzas cunha chocolatada acompañada de rosca. Como remate tivemos a actuación do grupo musical e teatral "Migallas".

Os rapaces o pasaron moi ben en compañia dos seus compañeiros e profesores.

TEMPO DE COLLEITA

Este curso participamos en VOZ NATURA e o noso proxecto foi a construcción dun invernadoiro e o axardinamento do muro de entrada do colexio.

Cada curso plantou  e coidou a súa parcela. Ao final todo este traballo deu os seus froitos cunhas excelentes verduras, hortalizas e flores. Nas fotos podedes apreciar o traballo realizado.

Dende a seguinte ligazón podedes acceder ao espazo de Voz Natura con outras informacions sobre este proxecto.

"CONTADA POR SORPRESAS" DO GRUPO TALÍA TEATRO

P { margin-bottom: 0.21cm; }

Un ano máis o alumnado do 2º Ciclo de Primaria puido disfrutar dunha obra de teatro no Centro Social Polivalente, actividade organizada polo Departamento de Cultura do Concello de Brión.

A obra que vimos foi "Contada con Sorpresas" do grupo Talía Teatro. Estivo moi animada e tanto o alumnado coma o profesorado agradecemos este tipo de actividades porque resultan motivadoras e interesantes ademáis de espertar no alumnado interese por participar nelas.

O resto do alumnado tamén asistirá a outras obras ao longo deste mes de maio con motivo da celebración das Letras Galegas 2.013.


TEXTOS TEATRAIS DE 4ºA

EL CASTILLO ENCANTADO: Irina y Lucas

Había una vez un castillo.La gente decía que estaba  encantado.Rosalía y Andres,dos hermanos,van a entrar en el castillo para ver si de verdad  está encantado. De repente,cuando entran,Andrés oye un ruído en la parte de arriba.

-¿Rosalía,has oído eso?

-No andres.Vamos a investigarlo.

-Vale

Y así es. A Rosalía le pareció ver unha cara casi invisible en la pared .Llorando

-Andres, creo que deberíamos salir de aquí 

-¿Por que?

-Porque me ha parecido ver una cara

-Está bien,salgamos.

Pero  cuando íban a salir... ¡Pum! se cerró la puerta  y los niños no pudieron salir .SorprendidoEnfadado

-Rosalía creo que deberíamos escondernos en una habitación.

Luego  encontraron  un laberinto.Dentro encontraron a una familia de fantasmas.Cuándo

los fantasmas  vieron a Rosalía y a Andres  les empezaron a perseguir y ellos se escondieron debajo de una cama. Entonces encontraron un amuleto para matar a los fantasmas.Lo cogieron y los mataron. Y ahor ya no es un castillo encantado.

 

Lucas y Irina .

Nadal no cole

Chegou decembro e con el o Nadal ao colexio.

Durante este més adornáronse as aulas, fixéronse postais, escribíronse cartas cos mellores desexos, árbores moi diversas en cada ciclo e con boliñas, estrelas e motivos divertidos, montouse un Belén, visitounos un mago, e como non... Papá Noel dende Laponia e mesmo os Paxes Reais. Premendo nas imaxes poderá visitar as nosas galerías do Nadal 2012: Nadal e Nadal2

O XOVES, 8 DE NOVEMBRO, MAGOSTO EN PEDROUZOS

De novo ás voltas co asado das castañas e algún que outro susto cando algunha estoupaba coa risa.

Xa desde primeira hora comezamos co acendido das fogueiras e a posta a punto das parrillas, todo preparado para despois poder degustar ese saboroso froito.

Para que a espera non resultase longa, o equipo de extraescolares organizou xogos, contando coa colaboración do alumnado de 6º que fixeron de guías. Distribuídos por todo o patio, tod@s participamos, cambiando cada quince minutos para así poder disfrutar deles dun xeito organizado.

Venres 22 de xuño - Fin de curso - "PESDELÁN"

O próximo 22 de xuño rematamos o curso cunha actividade musical a cargo do grupo Pesdelán, na que participará todo o alumnado e profesorado do Centro. Contaremos tamén coa participación do alumnado e profesorado da escola unitaria dos Ánxeles.
Aproveitaremos a ocasión para estrenar as camisetas con deseños de petroglifos, actividade coa que rematamos o Proxecto sobre a Prehistoria traballado ao longo deste curso.
Adxuntamos o cartel co programa das danzas de Pesdelán.

Planeta Mobil

A semana pasada, do 16 ao 20 de xaneiro,  tivemos a sorte de contar cun PLANETA MÓBIL que se instalou no ximnasio do colexio e vimos unha proxección de astronomía, destacando as constelacións que podemos observar agora no inverno: Osa Maior, Osa menor, Orión, Xeminis, Can Maior, Can Menor, ...
Participou o alumnado das unitarias do concello de Brión, os alumnos de 1º da ESO e todo Infantil e Primaria deste Centro.
Despedímonos del esperando que, se algún ano volve a coincidir que pase cerca de Brión, veña a saudarnos e nos enseñe máis constelacións e novos descubrimentos espaciais.

Distribuir contido


by Dr. Radut