Skip to Content

Complementarias

ANTROIDO 2009/10

MONECAS E MONECOS DE 6º CURSO DE PRIMARIA

sentímolo, flash non está dispoñible.

Día da Paz (30 de Xaneiro)

 

   

 

Ó longo da semana, e co gallo de conmemorar o día da Paz, fixéronse moitas actividades no cole. Ademaís de reflexionar nas titorias sobre este tema e o xeito que nós podemos colaborar a ela; elaboráronse diferentes traballos: os maís pequenos un mural coas mans de tódolos nenos e nenas, carteis, caligramas... e outros motivos decorativos que podedes ver na galería de fotos.

Festa de Nadal

O día 22 tivemos unha xornada moi especial no cole. Festexamos a chegada das vacacións de Nadal con diversas actividades: Obradoiros de postais, elaboración de bombóns, fabricación de adornos de Nadal, baile, malabares, vídeo.....Tamén tivemos a visita dos Paxes dos Reis Magos a quen puidemos entregar as nosas cartas coa seguridade que chegarían axiña o seu destino.

Agardamos que teñades un bo Nadal ....e  deica o ano que ven!!!!

Concerto didáctico “A Cincenta”

Os alumnos/as de 3º ciclo do CEIP Pedrouzos de Brión  asistiron ao concerto organizado polo Auditorio de Galicia, os días 9 e 11 de novembro, sobre unha adaptación da famosa ópera de G. Rossini  “A Cincenta” baseado no conto popular de Perrault. A representación estaba protagonizado por cantantes dunha compañía catalá dirixida por Joan Font (Comediants)  e música de Albert Romaní.

A representación gustou moito aos alumnos/as. Foi un éxito porque estaba adaptada ao nivel educativo, a ambientación do escenario era magnífica e o vestiario moi atractivo.

Distribuir contido


by Dr. Radut