Skip to Content

Blog de biblioteca

NOVIDADES: 3º TRIMESTRE

Incorporación de novos fondos a nosa biblioteca:

 

 

A visita dunha librería ambulante favoreceu a selección da maioría das novidades recentemente incorporadas a nosa biblioteca

Boa lectura!

 

Os Maios: Profesorado e alumnado de Infantil

Parabéns a todo o alumnado e profesorado de infantil por participar activamente na festa dos Maios de Monforte.

Unha fermosa actividade na que se pon en valor as tradicións locais e se afonda no proxecto de "Os Insectos".

 

 

 

 E non podía faltar unha fermosa canción para acompañar a este maio

 

CANTANDO NO COLE

 

CANTANDO NA PRAZA

 

XENIALLLLLLL!!!!

 

x

VOLUNTARIADO LECTOR: Lecturas Compartidas na Hora de Ler (maio)

Continúa  o voluntariado lector de 5º e 6º compartindo lecturas, unha sesión semanal, en infantil e 1º ciclo de primaria, durante a hora de ler.

 

 

 

Trátase dunha actividade moi valorada polo alumnado e o profesorado implicado. Tanto sexa  lectura individual como lectura en parella,  prosa como poesía...

Os lectores esforzánse por mellorar día a día as súas contadas, incluso fan contadas con monicreques.

Fermosa actividade na que todos gañan.

Feliz Lectura!

 

LECTURA E FAMILIAS CON ANXO MOURE

26/05/2024 06:58
Europe/Madrid

Sabela Gago: Animación Lectora

26/05/2024 06:52
Europe/Madrid

Por.cortesía da Editorial SM.

 

BIBLIOFORTE: GUÍA USUARIOS

 

 

PRESENTACIÓN BIBLIO INICIAL de reli sol

 

OS VENRES... UN CONTO, OBRADOIRO DE PINTURA E VOLUNTARIADO

Rematamos a Semana do Libro cun recoñecemento aos nosos bibliocolaboradores de 6º entregandolles un lápiz cun bibliotoppers co logo da biblioteca deseñado por Richi, profe de Educación Física.

 

Seguidamente tivo lugar un obradoiro de debuxo impartido por tres voluntarias de 4ºA

e unha sesión de contacontos cos Video Libros realizados pola comunidade educativa e Biblioforte TV,  aloxados en Biblioforte dixital.

Grazas a todos os que participaron nesta Semana do Libro.

 

ENCONTRO INTERXENERACIONAL: 6 PERSOAS DO HOGAR SAN JOSÉ E ALUMNADO DE INFANTIL E PRIMARIA

 

ENCONTRO INTERXENERACIONAL - 24 de abril (SEMANA DO LIBRO)

  Un dos momentos máis emotivos e familiares do programa de actividades do Día do Libro, foi o encontro do noso alumnado con 6 persoas do Hogar San José.

 Nun primeiro momento reuníronse co alumnado de primaria durante o recreo ao que lle recitaron un poema de Rosalía de Castro sobre a emigración, temática próxima a todos eles, dado que todos foron emigrantes. Compartiron con nos algúns momentos vividos como emigrantes lonxe de Galicia.

Ademais, un deles, mostrounos a súa capacidade artística aos 90 anos, tanto para pintar como para debuxar. Debuxos moi valorados polo alumnado.

 Encantáronlles!!!

Posteriormente, na Hora de Ler, tivo lugar o encontro co alumnado de infantil na pérgola.

 

Nesta ocasión cada un deles amosou o seu hobby, entre outros, puidemos ver bailar un bastón,

contemplar uns fermosos debuxos,

aprender os pasos a seguir para sementar na horta, ...

e gozar dun canto tradicional.

Tamén cantamos conxuntamente a Saía da Carolina.

 

E xa para rematar o alumnado de infantil despediunos cantando a canción de O Moucho de Rosalía de Castro.

En breve o alumnado de infantil devolveremos a visita para compartir a merenda cos nosos amigos do Hogar San José no seu xardín, no momento de plantación da horta.

Grazas pola visita!

Ata pronto!!!

 

 

 

 

INAUGURACIÓN de BIBLIOFORTE TV - Día do Libro 2024

O proxecto audiovisual RadioForte TV

inaugura unha nova canle de televisión, Biblioforte TV,

canle que nace cun dobre obxectivo: ofrecer un novo recurso, novos fondos (videoteca educativa de creación propia) e unha nova ferramenta para fomentar a alfabetización informacional e o emprego das TICs (produción e edición de vídeos...), contribuíndo ao desenrolo de diferentes habilidades comunicativas e sociais (expresión oral e escrita, escoita, empatía...) así como a traballar directamente os coñecementos curriculares.

Iniciamos a nosa andaina só con VideoLibros, pero agardamos en breve realizar programas de tipo informativo.

Agradecemos a toda a comunidade educativa a súa colaboración e apoio.

Desexamos ser de utilidade.

Si queres vernos Entra >

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut