Skip to Content

Falagueira

MOCHILAS VIAXEIRAS 23-24

 

 Pechando as actividades de conmemoración do día da Biblioteca, o venres día 27, saíron as Mochilas Viaxeiras.

Como todos os anos o alumnado agarda con ilusión a súa saída. Trátase dun programa impulsado por Bibliotecas Escolares moi afincado e valorado no noso centro, tanto pola súa aportación ao fomento da lectura como pola implicación de toda a comunidade educativa, o fomento da solidariedade e desfrute e coidado dos bens comunitarios.

O equipo de biblioteca agradece a boa acollida deste programa e a implicación de toda a comunidade educativa que dun xeito ou outro participa nas distintas fases do programa:

  • preparación, organización e seguimento do programa (mochilas viaxeiras) -> equipo biblioteca.
  • entrega de mochilas e colaboración -> bibliocolaboradores.
  • organización semanal na aula -> profesorado titorías.
  • utilización do material e participación no caderno de vitácora -> familias.

Sen máis dilación así foi o pistoletazo de saída das mochilas viaxeiras 2023-24 na hora de ler coa colaboración dos nosos Bibliocolaboradores:

- Entrega de mochilas

 

 

- Colaboración e acompañamento na saída:

 

Como todos os anos estamos orgullosos do noso gran equipo de bibliocolaboradores.

Desexamos que o material das mochilas sexa do voso agrado.

Este ano renovamos todo o material das mochilas con libros de recente incorporación ao catálogo da biblioteca. Tívose en conta o alumnado ao que van dirixidas e o tempo de que dispoñen (1 semana).

Co afán de seguir mellorando agradecemos as suxestións que nos queirades achegar.

Moitas grazas a todos!

 

O equipo de biblioteca.



MARATÓN DE LECTURA NO PATIO

 

 

Alumnado, coidadoras e profesorado celebramos o Día Mundial do Medio Ambiente lendo no patio durante a Hora de Ler.

Cada 5 de xuño celébrase mundialmente o día do medio ambiente coa finalidade de concienciarnos sobre a importancia de protexer o noso planeta e promover accións individuais e colectivas a prol da conservación do medio.

Desde a biblioteca, prográmase a hora de ler deste día no patio, cunha triple finalidade: a educación no coidado dos espazos verdes do cole, a lectura e a inauguración do novo equipamento instalado no exterior grazas a dotación económica recibida do programa de Bibliotecas Escolares PLAN LIA. Programa que nos permitiu modernizar a nosa biblioteca a nivel de instalacións, fondos e prestacións (E-ELBE 2, KOHA,). Pero ademais das melloras realizadas no interior do centro hoxe pareceunos un estupendo día para inaugurar o equipamento que a biblioteca ven de instalar no exterior: dúas casiñas minibibliotecas, coa finalidade de fomentar a lectura libre no exterior , e unha pérgola que agarda ser un punto de encontro para ler, investigar e experimentar, un laboratorio de experiencias múltiples instalado nun entorno natural que nos permitirá observar , estudar e coidar a natureza.

 

Con estas novas instalacións a biblioteca abre as portas ao exterior para favorecer a alfabetización múltiple ,aproveitando o entorno natural do noso centro e fomentar unha educación saudable e respectuosa co medio ambiente nun entorno natural e acolledor.

 

Así foi a nosa Hora de Ler este 5 de xuño de 2023:

 

Rematado o recreo, o alumnado xa non sube as aulas; cada quen diríxese a súa zona de lectura, previamente anunciada por megafonía.

 

No patio de infantil: alumnado de 4 e 5 anos cos padriños lectores de 5º de primaria

 

 

Na zona do pavillón: alumnado de 3º, 4º e 5º.

 

 

 

No patio próximo a biblioteca: alumnado de 1º e 2º.

 

 

 

Na pérgola: alumnado de 3 anos e alumnado de 6º.

Optamos por inauguran esta instalación cunha lectura solidaria na que participan o alumnado que se incorporau este curso ao centro e o alumnado que remata primaria. A cada neno/a de 3 anos un ou dous alumnos de 6º lles le un conto, xunto a outros compañeiros de 6º que incentivan á lectura co seu exemplo lector.

 

 

 

 

 

 Unha fermosa experiencia para repetir moitas veces.

 

INTERCENTROS TEATRAL: O CEIP MONFORTE VISITA O CEE INFANTA ELENA

O grupo de teatro do CEIP Monforte comeza a semana cunha actuación no CEE Infanta Elena.

É para os nosos actores un orgullo poder visitar os centros de Monforte para representar a súa obra.

Grazas a todos!!!!

 

OBRADOIRO DE LECTURA E FAMILIAS CON PABLO OTERO

Este martes, 30 de maio, a nosa biblioteca tivo o previlexio de acoller un obradoiro de creación de libros de autor a cargo de Pablo Otero.

Unha experiencia formativa enmarcada dentro do Programa Lectura e Familia no que participamos por segundo ano consecutivo e que nos permite renovar e ampliar recursos para as familias e ofrecer obradoiros formativos impartidos por grandes profesionais.

Nesta ocasión Pablo Otero amosounos unha chea de opcións para darlle vida ao material de refugallo que podemos atopar nas nosas casas e crear libros táctiles, visuais... que sirvan para unir a familia na súa elaboración aproveitando un tempo de lecer para crear fomentando a psicomotrocidade,

o traballo colaborativo, a expresión artística e oral, o coñecemento e conservación de historias próximas a familia, etc.

Pablo consegueu transmitir a súa propia ilusión vivencial na realización de libros de autor a todos os asistentes.

Tras unha breve exposición de libros de autor de creación propia, algúns moi sinxelos e outros expectaculares

foi espertando o interese e a creatividade dos asistentes

que se puxeron a crear en pequenos grupos familiares e/ou de amizade e en moi pouco tempo nos sorprenderon con grandes creacións, estupendas visualmente, pero sobre todo con moita mensaxe. Historias de familia, de vivencias, de recordos... compartidas ao remate con todos os asistentes.

Coñecemos o ritual dos pescadores para unha pesca abondosa,

historias relacionadas coa emigración,

 

 

co fútbol,

coa colaboración amistosa,

 

 

coa representación plástica das catro estacións,

 

entre outras.

Todas estas creacións estarán expostas na biblioteca durante unha semana.

 

 

Posteriormente serán entregadas aos seus creadores para a súa biblioteca de creacións propias.

 

Parabéns a todos os participantes e a Pablo Otero.

E como non o noso agradecemento a Bibliotecas Escolares que fomenta a formación e participación das familias no centro.

Grazas a todos!!!!

 

 

SABELA GAGO: CONTADA CO ALUMNADO DE 3º E 4º

Onte 30 de xaneiro houbo contada

 

 

Con Sabela Gago desfrutamos, imaxinamos e vivimos os contos.

 

unha sesión na que desfrutamos a tope con esta grande atriz e pedagoga, xa coñecida no centro e que nunca defrauda.

Grazas Sabela!!!

 

ADOPTA UN LIBRO

 

O mércores 25 de maio tivo lugar a 1ª Campaña Solidaria deste curso realizada cos libros do expurgo da biblioteca.

 

ADOPTA UN LIBRO

 

 

 

En tan só 2 días todos estes libros foron adoptados

 

 

 

Felices pola excelente acollida.

 

 

En breve, a biblioteca ofertará un novo lote de libros para adoptar e así prolongar a súa vida, unha nova oportunidade de acompañar outras mans amigas nas que espertar novas ilusións.

 

 

Boa Lectura!!!

 

 

 

 

 

Biblioforte e as Mulleres

Como ven sendo habitual a nosa biblioteca aposta por fomentar a igualdade de xénero fomentando a presenza de persoas destacadas nos distintos eidos.

Nesta ocasión tivemos a sorte de contar con:

  • Antía Díaz, a coñecida locutora de Radio Voz, grazas a xentileza da Consellería de Educación e Bibliotecas Escolares.
  • Sonía Hermida, periodista especializada en temas de educación e fomadora en comunicación, literatura infantil e fomento da lectura. Formación incluída no programa de Lectura e Familias.

 

Foi un pracer contar con vos. Grazas

Grazas tamén a todos os organismo que apoian a dinamización das bibliotecas e a formación dos seus usuarios.

 

 

ACTIVIDADES DE COLABORACIÓN COMUNITARIA ON LINE

 Invitamos e animamos ás familias e ao alumnado a participar, desde o fogar, nas actividades dinamizadoras de Aventurín Club.

 

Para colaborar en Aventurin Club é preciso completar o formulario de inscrición e axuntar un PDF para arquivos de texto e imaxe ou indicar, en observacións,  a URL no caso de arquivos audiovisuais.

 

  

Ánimo!!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut