Skip to Content

Familias

OBRADOIRO DE LECTURA E FAMILIAS CON DAMIÁN DE SOLO VOZ

29/11/2022
Europe/Madrid

 

Obradoiro para alumnado e familias nas que dun xeito práctico Damian amosou técnicas para contar e ler: modular a voz, xestos, dramatización...

Un obradoiro moi útil e participativo.

 

MOCHILAS VIAXEIRAS

Comezan a súa andaina as mochilas viaxeiras.

Onte, venres 21 de outubro alumnado de primaria baixou a biblioteca recoller a mochila viaxeira do seu grupo, mentres o alumnado de infantil recibiuna na súa aula.

 

 

Como todos os anos esta entrega é un acontecemento moi agardado e unha das moitas cousas que se botaron en falta durante a pandemia.

En cada mochila atoparedes unha selección de libros feita polo equipo de biblioteca e un caderno para que anotedes as vosas opinións, reflexións... sobre os libros lidos. 

 

Desexamos que vos gusten e gocedes delas en familia! 

LECTURA E FAMILIAS - DÍPTICO

 

LECTURA E FAMILIAS: Contos con merendas saudables en familia.

 

Onte, venres 27 de maio, tivo lugar unha nova sesión de:

 "Contos con merendas saudables en familia"

 

 

Agradecemos a familias e alumnado a súa participación nesta fermosa actividade de animación a lectura na biblioteca.

Para nos é unha enorme satisfacción que, tras as privacións marcadas pola pandemia e as obras de remodelación, Biblioforte recupere a súa actividade, a súa vida.

Canta felicidade!!!

CONTOS CON MERENDA EN FAMILIA

O venres, apesares  das obras, a nosa biblioteca acolleu unha estupenda xuntanza lectora de “CONTOS CON MERENDA” actividade integrada no programa “FAMILIAS E LECTURA”.

Unha fermosa actividade lectora na os asistentes leron e dramatizaron contos.

Tras a lectura unha merenda saudable

Agardamos o vindeiro venres seguir contando con estas familias e que se sumen moitas máis.

As familias sodes un dos piares primordiais nos que se asenta a nosa labor de animación lectora.

Grazas pola vosa colaboración e exemplo.

 

CRISTINA NOVOA, Acompañar na lectura do mundo!

O pasado 5 de abril, grazas ao Programa Lectura e Familias,  tivemos o privilexio de poder asistir ao obradoiro formativo, "Acompañar na lectura do mundo!", impartido por Cristina Novoa.

Cristina Novoa, mestra durante 24 anos, con formación en Filoloxía castelá, francesa e galega e Asesora de Bibliotecas Escolares de Galicia desde 2003 ata a súa recente xubilación.

Un referente no eido da xestión e promoción das bibliotecas escolares, así como na formación do profesorado de Galicia na área de bibliotecas escolares e promoción da lectura, promovendo encontros e xornadas formativas.

Formou parte do Consello de Cooperación Bibliotecaria de Galicia, da Comisión Técnica de Bibliotecas Escolares, do Grupo Estratéxico para o Estudo Prospectivo da Biblioteca na Nova Entronización informativo e social e do Grupo de Traballo GTALFIN.

No contexto de todas estas funcións é autora de numerosos textos publicados de carácter didáctico e artigos sobre literatura infantil e bibliotecas escolares, e formadora e loitadora, por excelencia, dado que participou en numerosas conferencias, seminarios e outras actividades de formación do profesorado e se esforzou por lograr o apoio institucional e mudar as políticas lectoras, o modelo de biblioteca escolar como centro de recursos lectores, fomentar a lectura e as alfabetizacións múltiples... 

Unha interlocutora moi formada que acompañándose da súa experiencia persoal e profesional amosounos a importancia da lectura, a importancia de ler o mundo, de acompañar e escoitar, de non impoñer, etc. 

Un obradoiro moi ameno e interesante, acompañado co agasallo deste útil díptico.

 

 Grazas Cristina!

 

Mochilas Viaxeiras

 

Este venres retomaron a súa andaina as Mochilas Viaxeiras.

Unha actividade dinamizadora que conta con unha moi boa acollida,

como se pode apreciar no seu sorriso.

As mochilas saén os venres e regresan os xoves.

No seu interior ademáis de lecturas levan un caderno de vitacora que medra día a día coas vosas suxestións, comentarios e creacións. Caderno que cada semana  agardamos con ilusión a súa chegada para poñer en común.

Boa lectura!

 

 

LECTURA E FAMILIAS

 

Publicada a Resolución da convocatoria do programa LECTURA E FAMILIAS, compartimos con toda a Comunidade Escolar a Boa Nova de ser un dos centros seleccionados polo mencionado programa.

LECTURA E FAMILIAS é un programa destinado a promover a lectura e o uso responsable da información entre os distintos sectores da comunidade escolar, integrado no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (PLAMBE).

Acollemos con moita ilusión este impulso para seguir cultivando o amor pola lectura.

Aproveitamos para desexar a todos e todas un

     ¡ Feliz 2022 !

O equipo de biblioteca

 

BIBLIOFORTE: PRÉSTAMO ONLINE

 

RECURSOS DE MEIGA: SOLICITUDE DE LIBROS ONLINE

 

Requisitos para ser usuario de Biblioforte:

  • Pertenecer a comunidade educativa do CEIP Plurilingüe de Monforte.
  • Dispoñer dun número de lector:
    • Todo o alumnado ten un nº de lector.
    • Os adultos que desexen ter un nº de lector deberán solicitalo na biblioteca do centro ou a través do correo electrónico ebiblioforte@gmail.com 

Acceso ao catálogo da nosa biblioteca:

  • Entra no OPAC de Meiga do CEIP Plurilingüe de Monforte > ENTRAR
  • Busca no catálogo (hai varias opcións de busca).

Solicitude de préstamo:

  • Unha vez localizaco o título que sexa do teu interese cubre a ficha de solicitude de préstamo.

 

SOLICITUDE DE PRÉSTAMO

Nome, Apelidos:

Título do Libro:

Autor /Ilustrador:

Curso:

NºL.:

REX.:

DEVOL.:

  • Envía a ficha de solicitude (seleccionar táboa, copiar e pegar) ao correo electrónico da biblioteca ebiblioforte@gmail.com
  • O equipo de biblioteca entregará o pedido solicitado tan pronto este dispoñible.

 

Boa Lectura!

 

 

 

 

GALICIALE - LECTURA ONLINE

 

GaliciaLe > ACCEDER

GALICIALE é  a plataforma de préstamo de libros, revistas, audiolibros e películas en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas.

Requisitos para ser usuario de GaliciaLe:

  • ter o carné dunha das bibliotecas da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.
  • ter un dispositivo compatible (tableta, ordenador persoal, lector de libro electrónico, teléfono móbil, etc.) e unha conta de correo electrónico.

Acceder ao catálogo: os usuarios rexistrados, coas súas claves, xa poden acceder ao préstamo de obras en formato electrónico en galego ou en castelá premendo na icona correspondente.

 

   

 

Video de presentación:

Boa Lectura!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut