Skip to main content

Xuño 2023

MARES DE CEDEIRA - O LIBRO EN PAPEL #arte #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #carloslabraña #quiquevazquez

Vai un ano a rapazada de 2º de primaria estreaba unha

obra escrita por Carlos Labraña, especialmente para o alumnado

da biblioteca escolar. Versada no Currículo Cedeirés que promove

a biblioteca escolar, conxuga o coidado do medio ambiente,

con sucesos como a marea negra que azotou a vila, coas personaxes

típicas da nosa biblioteca, animais do mar, o peixe, a gaivota Casilda,

o polbo Ataúlfo, a gaivota Casilda e por suposto, Percebiño!

Durante un ano esta obra estivo en proceso de construción,

tanto na escrita como na dramatización. Foi un proceso complexo

e moi enriquecedor, pois foi representada por tres clases á vez

enriba do Auditorio de Cedeira.

Hoxe ve a luz nun libro, que podemos coller, ler, ollar e ulir.

Escrito por Carlos Labraña, ilustrado por Diego Cheda e

Quique Vázquez e publicado polo Concello de Cedeira.

Actores e actrices foron agasallados cada un co seu.

A biblioteca escolar recibiú un bo lote para empréstito

e lectura en sala, podedes vir collelo!

Agradecer a tódolos implicados.

 

O domingo realizouse o acto de presentación, aquí podedes ver algunhas fotos.

 


 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Estas son as noticias:

La Voz de Galicia

Diario de Ferrol

Cope

 

 

 

 

OBRADOIROS PREMIO VOLUNTARIADO #voluntariadonaBE #arte #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Este 7 de xuño o voluntariado escolar gozou do seu premio,

uns obradoiros de audiovisuais a cargo de Alicia Freire.

Presentóuselles o comezo do guión e eles tiñan que resolvolo,

posteriormente escoller profesións e gravalo.

Hoxe foron os grupos de 3º, 4º e 5º. O día 12 o farán os de 6º.

Un traballo de escritura creativa e audiovisual co que quedamos abraiados.

 

 Aquí unha mostra do seu traballo!

 

 

 

 

 

XORNADA DE CONVIVENCIA E DESPEDIDA DO VOLUNTARIADO #voluntariadonaBE #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Despedimos o curso escolar cunha xornada de convivencia

entre o voluntariado escolar, as súas familias e o profesorado

do Ceip Nicolás del Río. Un intre para conversar, valorar e felicitar

polo traballo ben feito. Parabéns rapazada!

 

 

 

 

 

DESPEDIDA DO CLUB DE LECTURAS "Chocolate con libros" #Clubsdelectura #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

O alumnado dos Club de Lecturas "Chocolate con libros"

despide este curso cunha última sesión, moi doce e veraniega,

praia, lectura e xeado de chocolate! Umm, que rico!

 

 

 

 

NAVEGANTES #voluntariadonaBE #AliciaFreire #FamiliasnaBE #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Ledos de compartir coa comunidade educativa, que onte non colleu

no Auditorio, o filme de Alicia Freire e a rapazada do voluntariado escolar,

esas mociñas e mociños que agasallan co seu tempo libre a outro alumnado.

Convidando a ler, organizando andeis, aconsellando xogos, lecturas, axudando a investigar...

Gracias Alicia, por ser como es, unha artista de pes a cabeza pero cunha sensibilidade

especial. Fuches quen de escoitar á rapazada e facer que a súa palabra tomase decisións!

Parabéns por esta fermosa curtametraxe!

Preparade panos!

 

 

 

 

 

 

RAP A ROSALÍA, NA RADIO DO IES CON PAULO #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #poloscreativos #bibliotecacreativa #EscribiraBE #bescolaresgal

Paulo Vicente, profesor do Ies Punta Candieira e membro

da biblio do seu centro, participa na Biblioteca Humana/Polos Creativos.

Con el, un grupo de alumnado de sexto de primaria, acompañados

do seu mestre Alex, realiza un obradoiro de radio para rapearlle a Rosalía.

Unha actividade de expresión oral que aportou moitas outras cousas,

pois tamén foi un novo achegamento a un espazo,

no que en breves estará este alumnado.

Gracias Paulo por participar e facelos pasar unhas horas incríbles!

 

 

 

 

 

EU O TEÑO UN REPE! CAMBIANDO CROMOS #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #FamiliasnaBE #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal

O alumnado continúa gozando do álbum de cromos.

Nesta ocasión, 2º de primaria, disfruta do cambio de cromos,

pois podes ter un repetido e se queres avanzar hai que cambiar.

Namentres, seguen empapándose da información

que aportan as imaxes e a lectura.

Un documento informativo da diversidade da nosa contorna.

Agradecer a colaboración de Rafael López Loureiro

(aportando as fotografía e documentación sempre que se necesitou),

o Concello de Cedeira e de todos e cada un dos axentes sociais implicados.

 

 

 

 

"LECTURA E FAMILIAS" CON ANTÓN CORTIZAS #LecturaeFamilias #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #FamiliasnaBE

O 31 de maio foi un día para xogar coas palabras,

as de Antón Cortizas, mestre (xubilado) pero coa mesma alma,

escritor dunha manchea de libros e gran defensor do xogo tradicional,

ese que realizamos co corpo, coas verbas,

con moita imaxinación e algún material de refugallo.

Pola mañá, o alumnado de 4 anos realizou actividades ao redor do conto

"Sopra por este furadiño" e o de 5 ao redor de "Os dez animais".

Pola tarde, portas abertas a tódalas familias para ferrallar

e recuperar o xogo tradicional, unha tarde de creación extraordinaria.