Skip to main content

COMUNIDADE EDUCATIVA

Día de Rosalía #DíaDeRosalía24 #Cedeira #poéticasdiversas #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Conmemoramos o día de Rosalia de Castro de formas moi diferentes, aquí tedes todas as acividades que fixemos. 

OBRADOIRO DE CÓMIC #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #STEAM #poloscreativos #bibliotecacreativa #bescolaresgal

Dentro da Biblioteca Humana, do programa Lectura e Familias,

nesta ocasión temos a Juan Ares! Ilustrador e biólogo que

nos deleitou cun obradoiro de banda deseñada.

O taller deu comezo na hora do recreo.

O desfrutaron unha morea de raparigas e raparigos!

A cara foi o centro de atención.

 

 

 

 

 

 

 

AS AVOAS - RADIOS ESCOLARES #Radionabiblio #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Dentro do proxecto "Música, maestro" temos diversas gravacións,

unha delas é ás avoas máis marchosas da vila! Aquí temos un pequeno

anaco do seu paso. Unha experiencia compartida coa radio do Ies Punta Candieira.

 

 

 

 

 

FORMACIÓN LECTURA E FAMILIAS #LecturaeFamilias #educaciónafectivosexual #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Onte levouse a cabo a formación de "Lectura e Familias".

Como xa víñamos informando tíñamos moita preocupación

polo perigo nas redes, o acceso á pornografía na infancia e

a carencia de Educación Afectivo Sexual. Necesitábamos axudar

á cativada, para iso era indispensable que familias

e escola tivésemos estratexias para abordar esta temática.

 

Asi, que a través do programa da Asesoría de Bibliotecas,

"Lectura e familias" decidimos poñer nas mans de "As Atalaias"

esta formación. Elas son unha cooperativa galega que traballa en

prol das persoas e as súas necesidades. Tivemos connosco a

Raquel Veiga Teijeiro, diplomada en Educación Social e formada

en diversos aspectos como convivencia, sexualidade, resolución de conflitos... 

 

A xornada tivo un aforo amplo e todas e todos saimos reafirmados,

sabendo como comezar e con ganas de repetir. As familias que o desexaron

cargaronse de libros para documentarse e ser unha canle para iniciar

conversas coa rapazada. É de moita importancia que sexamos sinceros,

contestemos as súas inquedanzas e proporcionemos información fiable.

É básico ser referentes da nosa prole, e senon somos nós asegurar

que quen o sexa teña a nosa plena confianza.

 

Agradecer á Anpa Picapeixe e a tódolos que puxeron semente para que

esta actividade chegase a tan bo porto.

 

En breves compartiremos os vídeos e información que achegue Raquel.

Se queredes ampliar información con videos e webs,

podedes entrar na web da biblioteca ou no Facebook ou Twitter

da Biblioteca Escolar "Carlos Labraña" alí tedes moitas información

baixo o título: ESPAZOS SEGUROS PARA A INFANCIA.

 

Gracias á comunidade educativa pola súa resposta.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

UNHA PALABRA PARA LUISA VILLALTA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #letrasgalegas2024 #luisavillalta

Este ano a homenaxeada nas Letras Galegas é Luisa Villalta,

ela é tanto e marchou en tan pouco, que faise difícil concretar.

Por esta razón, agradecemos a participación das familias

e das xentes da nosa vila para definila cunha palabra.

Tedes tres caixas de correos, nas tres bibliotecas da vila:

Biblioteca Municipal López Cortón, Biblioteca do Ies Punta

Candieira e a da escola, a "Carlos Labraña". Alí veredes un

buzón e unha pequena nota coas indicacións, podedes definila

cunha palabra ou, por detrás da nota escribir algo máis longo,

tamén podedes mandar un audio ao número que tedes na

nota informativa. A vosa participación, será recollida, tratada

e traballada polo alumnado, para dar forma ao podcast de

Radio na biblio do Concurso da Asesoría de Biblioteca Escolares.

 

 

 

 

 

 

 

FORMACIÓN LECTURA E FAMILIAS #LecturaeFamilias #educaciónafectivosexual #bescolaresgal

O vindeiro venres 5 de abril, de 16:30h. a 18:30h na Biblioteca Escolar

"Carlos Labraña", no Ceip Nicolás del Río, teremos con nós a

profesionais de "As Atalaias" que nos ofrecerán unha formación onde

se pretende crear un espazo de encontro e diálogo para atoparnos cómodos,

en familia e poder abordar temas incómodos como son a exposición que

teñen as crianzas a vídeos porno e as súas consecuencias no desenvolvemento

da súa sexualidade. Estas profesionais achegaránnos ferramentas, recursos

e historias para acompañar ás crianzas no ámbito dixital e relacional,

e poñerán no centro o respecto, o coidado e o bo amor.

Convidamos a tódalas familias da comunidade educativa, pero tamén

está aberto a calquera persoa que lle resulte de interese,

pois todas e todos formamos parte da vida educativa da rapazada.

Durante ese período de tempo, as familias terán servizo de gardería aportado

pola Anpa Picapeixe, para que ninguén que o desexe quede sen a formación.

Engadimos na parte inferior o programa da formación

para que poidades ollalo polo miúdo.

Esta formación está enmarcada no programa de Lectura e Familias da

Asesoría de Bibliotecas Escolares. Agradecemos  a vosa asistencia.

 

 

 

 

 

 

QUE BEN ULE! #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #STEAM #poloscreativos #bibliotecacreativa #bescolaresgal

A cociña bota fume! Hoxe achegáronse ata a biblioteca Jésica,

Moisés, Encarna, Lucía e Hugo para realizar unhas

deliciosas palmeritas e unhas brochetas de froitas.


Familias sodes o noso orgullo!

 

 

 

 

 

OBRADOIRO DE COSTURA #bibliotecainclusiva #STEAM #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #STEAM #poloscreativos #bibliotecacreativa #bescolaresgal

Tres xeneración nun obradoiro de costura! Avoa, nai (Laura)

e filla aliadas na empresa de realizar unha

pequena formación coa máquina de coser.

Gracias por adicar tempo á infancia!

 

 

 

 

 

 

 

OBRADOIRO DE GALLETAS #bibliotecainclusiva #STEAM #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #STEAM #poloscreativos #bibliotecacreativa #bescolaresgal

Kevin, Lourdes, Lisa e Sylvia acompañaron ao alumnado de 2º

na creación dunhas fermosas galletas de coelliños e ovos.

 

 

 

 

 

 

COLGANTES E BROCHES - ARGALLANDO COAS FAMILIAS #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #STEAM #poloscreativos #bibliotecacreativa #bescolaresgal

 

O alumnado de 2º B convida a Anabel, unha das familias da aula,

para argallar con masilla branca e xunt@s crear colgantes

e broches con deseños caninos.

 

 

 

 

 

 

CONCERTIÑO INFANTIL - MÚSICA, MAESTRO! #Cedeira #ABP #ALFIN #AMI #IesPuntaCandieira #bibliotecacreativa #Axenda2030 #ODS #FamiliasnaBE #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

 

 

Aída, Zeltia, Paulo e o alumnado de 2º de bacherelato de Artes Escénicas

prepararon un fermoso concerto para o alumnado de 3, 4 e 5 anos.

A escola encheuse da música, baile, xogo e bo facer desta rapazada.

A sesión contaba con música en directo (a Carrasquiña, o Piripipí...) e xogos rítmicos.

Esta era unha pequena actividade dunha familia que foi aumentando,

medrando e medrando e que se converteu nun fermoso concerto p

ensando nos máis pequeno da escola. Agradecer as horas de ensaios e

coordinación que esixe unha actividade deste tipo.

Parabéns ás tres familias e á rapazada do Ies!

Gracias por educar a través da emoción!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

PROXECTO "MÚSICA, MAESTRO!" - AS AVOAS #Cedeira #ABP #ALFIN #AMI #bibliotecacreativa #Axenda2030 #ODS #FamiliasnaBE #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Cinco mulleres empoderadas: Josefa Leonardo Díaz ,

Victorina Garrote Garrote, Consuelo Quintana García,

Estrella Leonardo Martínez e Josefa López Rey fixeron

cantar e bailar ao alumnado de 4 anos e 1º de Primaria.

Tan ben o fixeron que tiveron que repetir nunha nova data!

En breves escoitaremos as súas voces nun programa radiofónico.

Permanece atent@s! Gracias avoas!!

 

 

 

 

 

 

PROXECTO "MÚSICA, MAESTRO!" - VICTORINA #Cedeira #ABP #ALFIN #AMI #bibliotecacreativa #Axenda2030 #ODS #FamiliasnaBE #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Victorina e María Victoria aledaron á rapazada de cinco

anos con cancións como "El cocherito Leré" e "Al pasar la barca".

 

 

 

 

 

MAGO CACHO - LECTURA E FAMILIAS - BIBLIOTECA HUMANA #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #STEAM #poloscreativos #bibliotecacreativa #bescolaresgal

O mago Cacho, papá de René, veu á biblioteca facer un espectáculo

para toda a rapazada de tres anos. Maxia, ilusión e inocencia brilaron

durante toda a xornada. Gracias a Javier Vázquez por aledar ás nenas e nenos!

 

 

 

 

 

 

 

8 M - HILDA MARTÍNEZ LÓPEZ - MULLERES DEPORTISTAS #8M #igualdade #Radionabiblio #bescolaresgal #8M #bibliotecainclusiva #bescolaresgalabertas

A muller que dará nome a un espazo é unha muller grande

por fóra e por dentro. O alumnado de sexto A

entrevista a Hilda Martínez López!

 

 

 

 

 

MÚSICA, DANZA MEDIEVAL E CASTELOS #Cedeira #ABP #ALFIN #AMI #bibliotecacreativa #Axenda2030 #ODS #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Dentro das actividades de investigación do proxecto sobre Cedeira a

música e o baile lévannos ao mundo medieval, onde profundizamos

nos castelos como o noso, o da Concepción. O realizamos coa axuda do

alumnado de 1º de Bach. de Artes Escénicas e da súa profe Zeltia.

Unha experiencia emocionante para o alumnado de 4 anos de Educación Infantil.

Gracias rapazada!

 Engadimos pdf da presentación debaixo.

 

 

 

 

 

 

8 M - MÓNICA E PAMELA LAFUENTE AGRASAR - MULLERES DEPORTISTAS #8M #igualdade #Radionabiblio #bescolaresgal #8M #bibliotecainclusiva #bescolaresgalabertas

Hoxe a Radio Experimental tivo a visita de dúas fenómenas do deporte.

Valeria, Jimena, Carla e Zulema foron as reporteiras que documentaron todos os datos

aportados por estas deportista. Elas traballan e estudan en Apader. Adican parte do seu

tempo a entrenar duro, con esforzo e constancia, que é como se consiguen as cousas.

Foi unha experiencia fermosa tanto para os Vagalumes como para Mónica e Pamela,

que viviron en primeira persoa o simulacro de incendios que sucedeu mentres

mantíñamos unha animada conversa na aula. Gracias por ensinarnos tanto Pamela e Mónica!

 

 

 

 

 

 

 

NOVIDADES FONDOS FEBREIRO #bescolaresgal #bibliotecainclusiva #bescolaresgalabertas

Novidades en fondos. Ven a coller o teu preferido!

 

 

 

 

 

 

 

VISITA FAMILIAS - PORTAS ABERTAS - FORMACIÓN USUARIOS ADULTOS #Formacióndeusuarios #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

O voluntariado da biblioteca escolar, específicamente os de sexto curso,

fixeron unha presentación a través da aplicación Canva, para explicar o

funcionamento dos diversos espazos da biblioteca e da escola.

Posteriormente, realizaron unha visita guiada por toda a escola

para explicar e amosar as instalacións e recursos.

 

Sempre contaron coa axuda e supervisión do profesorado da

biblioteca escolar e do coordinador de Polos Creativos.

 

 

 

Distribuir contido