Skip to main content

LUISA VILLALTA

AULA SENSORIAL - BACH #LuísaVillalta #LetrasGalegas24 #Radionabiblio #AMI #AulaSensorial #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Documentándonos sobre Luisa Villalta descobremos que unha das

pezas preferidas da autora é de Bach, ningunha crianza o coñece,

así que decidimos xuzgar por nós mesmos se a súa música é tan boa

como ela afirma. Decidimos que non hai mellor espazo que a aula sensorial,

un sitio tranquilo, cheo de luces ténues que axudan a descansar e desconectar.

Tentamos chegar a ese punto de relaxación que nos

permita esquecer todo e abrazar as notas musicais.

Bach gústanos, é música clásica, pero pequenas e pequenos din que parece

rock polo rápido que van algunha das pezas. Aínda que aprendemos que a preferida

de Luisa é a Partitura nº2 para violín só de J.S. Bach nós non concordamos é

gústannos máis outras do autor.

Descobrer outras formas de encher a nosa vida e identificar o que nos gusta e o que non;

ser quen de transmitilo é unha aprendizaxe emocional que toda crianza ten que desenvolver.

 

 

 

 

 

 

 

 

ILUSTRANDO A LUISA #AMI #LetrasGalegas24 #LuísaVillalta #Radionabiblio #bescolaresgalabertas

Os recursos da biblioteca proporcionan unha oportunidade motivadora

para profundizar no coñecemento da autora homenaxeada

nas Letras Galegas 2024. Luisa Villalta, as portadas das súas obras e o

seu violino son percorridos por decenas de ollos ávidos de coñecemento,

son radiografíados para logo as mans tenras e cheas de saber do noso alumnado,

tracen liñas e curvas, repasen e den cor; ata conseguir trasladar cada recodo

que permanece nas súas mentes. Logo fotografían os debuxos coas cámaras dos

ipads e as pasan á aplicación "Animated Drawings" para darlles vida ás personaxes.

Luisa baila, salta, corre e o mesmo fai o seu violino e as súas obras

movéndose todas a un compás que só ela podía conseguir.

 

 

 

 

 

 

RIMA QUE TE RIMA #LuísaVillalta #LetrasGalegas24 #Radionabiblio #AMI #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

 O alumnado de 2º nivel xúntase para afondar na poesía.

Luisa Villalta é a canle conductora, a súa inspiración leva ao

alumnado a traballar as rimas en grupos cooperativos, utilizando

a técnica do folio xiratorio. O profesorado crea material específico e

utiliza os espazos da biblioteca para documentarse e realizar a actividade.

 

 

 

 

 

 

BIBLIOTECA MUNICIPAL "LÓPEZ CORTÓN" #LuísaVillalta #LetrasGalegas24 #Radionabiblio #AMI #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Visitamos ás bibliotecas da vila, Biblioteca Municipal "López Cortón"

e a do Ies Punta Candieira para recoller palabras. Son as verbas do

noso pobo e con elas imos crear poesía. Poesía para Luisa Villalta e as

nosas Letras Galegas, e xa vos dicimos que viaxará lonxe, moi lonxe.

 

 

 

 

 

 

 

UNHA PALABRA PARA LUISA VILLALTA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #letrasgalegas2024 #luisavillalta

Este ano a homenaxeada nas Letras Galegas é Luisa Villalta,

ela é tanto e marchou en tan pouco, que faise difícil concretar.

Por esta razón, agradecemos a participación das familias

e das xentes da nosa vila para definila cunha palabra.

Tedes tres caixas de correos, nas tres bibliotecas da vila:

Biblioteca Municipal López Cortón, Biblioteca do Ies Punta

Candieira e a da escola, a "Carlos Labraña". Alí veredes un

buzón e unha pequena nota coas indicacións, podedes definila

cunha palabra ou, por detrás da nota escribir algo máis longo,

tamén podedes mandar un audio ao número que tedes na

nota informativa. A vosa participación, será recollida, tratada

e traballada polo alumnado, para dar forma ao podcast de

Radio na biblio do Concurso da Asesoría de Biblioteca Escolares.

 

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido