Skip to main content

AULA SENSORIAL

APERTURA DA AULA SENSORIAL #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Nestes días o alumnado da escola está a coñecer a nova aula sensorial.

Un espazo creado con tenrura, para promover a calma e a inclusión.

É unha sala agradable chea de recursos sensoriais: luces, música, texturas,

imaxes, sons, proxectores, unha mesa sensorial para crear minimundos,

un recuncho de lectura, coxíns, alfombras táctiles, unha barra, espellos, xogos e

xoguetes sensoriais ... para potenciar o desenrolo cognitivo e emocional da rapazada. 

Unha sala para estimular os sentidos,  para favorecer a atención, a exploración,

o pracer e as sensacións de benestar.

Un lugar onde a comunicación é posible de xeito diferente.

 

A este recuncho relaxado, seguro, tranquilo e inclusivo,

o alumnado accedera de varias maneiras: sempre que o necesite, 

en sesións con especialistas de PT e AL, en grupos reducidos con

titoras ou especialistas e na hora do recreo por quendas.

É un lugar para todas e todos, pero pensando no diversos que somos

e en cubrir as necesidades de cada un dos que convivimos na escola.

 

 DÍA MUNDIAL DA SAÚDE MENTAL

 

 

 

 


PROBA CORES NA LUZ NEGRA #teatronaBE #AulaSensorial #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

A obra de teatro dos Vagalumes ten un acto baixo luz negra.

Así que primeiro tiveron que experimentar que cores poden

verse nesta luz, así experimentaron na aula sensorial con esta luz.

 

 

 

 

 

 

AULA SENSORIAL - BACH #LuísaVillalta #LetrasGalegas24 #Radionabiblio #AMI #AulaSensorial #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Documentándonos sobre Luisa Villalta descobremos que unha das

pezas preferidas da autora é de Bach, ningunha crianza o coñece,

así que decidimos xuzgar por nós mesmos se a súa música é tan boa

como ela afirma. Decidimos que non hai mellor espazo que a aula sensorial,

un sitio tranquilo, cheo de luces ténues que axudan a descansar e desconectar.

Tentamos chegar a ese punto de relaxación que nos

permita esquecer todo e abrazar as notas musicais.

Bach gústanos, é música clásica, pero pequenas e pequenos din que parece

rock polo rápido que van algunha das pezas. Aínda que aprendemos que a preferida

de Luisa é a Partitura nº2 para violín só de J.S. Bach nós non concordamos é

gústannos máis outras do autor.

Descobrer outras formas de encher a nosa vida e identificar o que nos gusta e o que non;

ser quen de transmitilo é unha aprendizaxe emocional que toda crianza ten que desenvolver.

 

 

 

 

 

 

 

 

EXPERIMENTANDO COA LUZ NEGRA #MesDaCienciaEnGalego #Ciencia #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Primeira sesión dun obradoiro que durará varios recreos.

Decoramos máscaras, máns, cara e incluso as paredes

para ver as posibilidades que nos ofrece este tipo de luz.

A primeira parte levouse a cabo no espazo da biblioteca,

na sala de cociña e, xa na aula sensorial vimos

as creacións en todo o seu explendor.

 

 

 

 

 

Distribuir contido