Skip to main content

COMUNIDADE EDUCATIVA

HAI LIBROS NA BIBLIOTECA - MÉRCORES 8 DE XUÑO - PROGRAMA"LECTURA E FAMILIAS" #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #aBEtenapalabra #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

 

 

Por que as Bibliotecas son e deben ser tan fundamentais para

a formación integral das persoas. Abandonamos xa hai tempo

a idea das Bibliotecas como espazos elitistas e herméticos.

Hoxe en día son lugares de creación, motivación, xogo e experimentación.

 

 

 

Ermitas contaranos a súa experiencia en Suíza.

 

O día 8 de xuño ás 12h na Biblio do IES.

 

 

 

 

 

PARÍS EN PARÍS - MÉRCORES 8 DE XUÑO - PROGRAMA"LECTURA E FAMILIAS" #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #aBEtenapalabra #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

 

 

Un avó no mundo do mar ó que lle chamaban París.

Unha experiencia vital traballando en París como profesora

de galego na Universidade. Está claro que esta cidade representa

moito na vida deste libro humano.

 

Cóntanos Ánxela…temos moitas gañas de saber.

 

 

 

O día 8 de xuño ás 11h na Biblio do IES.

 

 

 

 

 

SERVIZO DE VOLUNTARIADO EUROPEO - MÉRCORES 8 DE XUÑO - PROGRAMA"LECTURA E FAMILIAS" #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #aBEtenapalabra #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

 

 

O Servizo de Voluntariado Europeo promove dende hai anos que persoas

de diferentes orixes e culturas se reúnan, coa finalidade de realizar un

proxecto de interese comunitario, no ámbito social, medioambiental ou

cultural, como fundamento para construír unha sociedade máis solidaria e inclusiva.

 

 

Rebeca daranos a súa visión sobre a súa experiencia en Italia.

 

O día 8 de xuño ás 10h na Biblio do IES.

 

 

 

 

 

 

BIBLIOTECA HUMANA- MÉRCORES 8 DE XUÑO-PROGRAMA"LECTURA E FAMILIAS" #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #aBEtenapalabra #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

 

Durante 15 minutos escoitarás a historia dun libro humano,

posteriormente terás 5 minutos para preguntar.

Ler persoas en vez de libros!

 

 

 

 

8 XUÑO - 2º XORNADA BIBLIOTECA HUMANA #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

 

Coa voz da rapazada do Ies presentamos a segunda xornada da Biblioteca Humana.

Libros contados dende a cercanía e a intimidade.

Esta vez vémonos na Biblioteca Escolar Punta Candieira o mércores 8 de xuño.

 

 

 

"LER PERSOAS, EN VEZ DE LIBROS" #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

 

O pasado 23 de maio celebramos a primeira xornada da Biblioteca Humana.

Tivemos o pracer de escoitar catro títulos marabillosos da voz dos seus autores e autoras.

Historias que perdurarán en audio, no noso catálogo, para cando quen queira

decida collelas e escoitalas. A palabra foi a protagonista da data, pero tamén o que

ela teceu, pois unha manchea de rapazada grande e pequena e xente da vila que tivo

o interese de escoitar achegouse e entre libro e libro, as verbas crearon redes.

Estas redes para todas e todos, pero en especial para a rapazada miúda ten un valor

moi especial. Son os lazos de pertenza, de identidade, de cariño e agarimo.

 

 

 

 

Agradecer a Carlos Labraña, Fabiana Feijóo, Bibiana Córdoba

e Jose de Vigo todas e cada unha desas verbas.

 

 

 

 

IV CONCURSO DE PODCASTS: POEMAS CRIOULOS! #Radionabiblio #ALFIN #AMI #LetrasGalegas22 #florenciodelgadogurriarán #bescolaresgal #bescolaresgalabertas @RadioGalega

 

Chegou o día! Xa podemos escoitar e difundir o podcast "Poemas Crioulos".

Queremos celebrar con toda a comunidade educativa este premio

e agradecer a súa colaboración. Todas/os e cada un/unha somos

importante e todos temos algo que aportar.

Gozade do podcast!

Moitos parabéns!!
 
 
 
 
 
 
 
 

BIBLIOTECA HUMANA - 23 MAIO - PROGRAMA "LECTURA E FAMILIAS" #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #aBEtenapalabra #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

 

Durante 15 minutos escoitarás a historia dun libro humano,

posteriormente terás 5 minutos para preguntar.

Ler persoas en vez de libros!

 

 

 

23 MAIO - LIBROS HUMANOS - PROGRAMA "LECTURA E FAMILIAS" #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #aBEtenapalabra #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

 

Sara, Olivia, Marina, Ailin, Miranda e Elena realizan un anuncio na Radio Experimental.

Preséntannos as autoras e autores, títulos e sinópse dos nosos

libros humanos para o 23 de maio en xornada de mañá.

 

 

 

VIDEOCLIP " Ua, ua, ua! A viaxe de Percebiño " LECTURA E FAMILIAS #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #bibliotecacreativa #Radionabiblio #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

 

A viaxe de Percebiño, unha historia escrita e musicada por Quique Vázquez

e Tonino, e ilustrada por Diego Cheda. Un videoclip no que canta e participa toda

a rapazada da escola e por suposto a nosa comunidade escolar: familia, mestras/es,

persoal non docente, axentes sociais... Porque a escola somo todos, unha gran comunidade.

 

Esta viaxe non sería posible sen todas e todos. Celebramos a Semana Mundial das Nacións

Unidas sobre a Seguridade Vial coa canción "Ua, ua, ua" de A viaxe de Percebiño!

 

Gracias á todos/as os que o fixeron posible!

 

Canción, conto e ilustracións para colorear.

 

 

 

 

 

 

BIBLIOTECA HUMANA - PROGRAMA "LECTURA E FAMILIAS" #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #aBEtenapalabra #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

 

Xa estamos na fase final do proxecto "BIBLIOTECA HUMANA".

Un proxecto no que as bibliotecas escolares de Cedeira e o Concello unimos

esforzos para dar voz ao pobo, porque todas e todos temos algo que contar.

A oralidade é parte do noso patrimonio, reflexa a nosa identidade cultural e social,

a de todas as persoas que conformamos a vila: os de sempre, os que viñeron e os

que marcharon, pois todas/os imos deixando pegada e conformando a nosa sociedade.

A nosa rapazada de Antropoloxía de 1º de Bacherelato e o alumnado de 6º de Primaria,

están ultimando os preparativos para levar a cabo as lecturas e difundilas.

 

 

 

 

 

 

 

 

FESTEXAMOS O DÍA DO LIBRO COA COMUNIDADE EDUCATIVA - LECTURA E FAMILIAS #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #DiadoLibro #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

 

Hai lugares tranquilos no medio do ruído. Son

 

illas, son oasis, son espazos entornados,

 

silenciosos, en que podemos camiñar entre o

 

pasado e o futuro. Espazos que acubillan os

 

artefactos perfectos que nos conectan coa

 

eternidade.

 

Desde os andeis das bibliotecas os lombos

 

chaman a nosa atención.

 

Chegaron os libros, de preto ou de moi lonxe,

 

nunha viaxe que comezou cunha palabra ou unha

 

imaxe. Despois xurdiron moitas máis, fervenza

 

creativa.

 

Con esa materia prima necesaria, o editor deulle

 

forma: alquimia.

 

Convocou forzas humanas e tecnolóxicas e

 

actuou: corrección, maquetaxe, deseño; elección

 

do papel, do tipo, do formato. E a maquinaria

 

gráfica dispuxo os ferros, as probas de cor, os

 

roletes de caucho e as catro tintas, para fusionar

 

imaxes e palabras sobre a pasta vexetal.

 

Velaí o libro: unha faísca da memoria do mundo.

 

 

Este texto é de Xosé Ballesteros para celebrar o Día do Libro.

 

Nós na nosa biblioteca, somos inmensamente afortunados pois temos un autor: Quique Vázquez

 

e un ilustrador: Diego Cheda, os pais de A viaxe de Percebiño. Un conto sobre a Educación Vial

 

que naceu con nós confinados, pero que tivo un gran traballo detrás.

 


 

Hoxe tíñamos que ter moitas cousas, pero as veces, esa maquinaria da que fala Xosé Ballesteros

 

complícase e manda auga cando se quere gravar un video clip ou deixa libros sen tapas. O caso é que,

 

aínda que teñamos que esperar para iso uns días, hoxe é o Día do Libro e os dereitos de Autor, e iso

 

o temos na vila e moi orgullosos que estamos. Así que tivemos a sorte de escoitar o libro da boca

 

do seu autor, destapar un agasallo de Diego, e colorear as súas fantásticas ilustracións con acuarelas.

 

Por suposto, mentres demos cor puidemos preguntarlle todas as nósas dúbidas sobre  A viaxe de Percebiño!

 

Gracias Quique e Diego por unha tarde xuntos en comunidade!


 

 

DÍA DO LIBRO E DOS DEREITOS DE AUTOR - LECTURA E FAMILIAS #LecturaeFamilias #semanadolibro #diadolibro #FamiliasnaBE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Queremos celebrar o Día do Libro e os Dereitos de Autor cun gran agasallo.

Aló polo 2020, con todos confinados, nacía "A viaxe de Percebiño",

unha historia fantástica escrita por Quique Vázquez e ilustrada por Diego Cheda.

Este ano, esa historia cobra vida, poderemos pasar as súas follas,

ulir cada páxina, observar as ilustracións...

Este 22 de abril achégate á biblioteca e dalle cor!

 

 

 

 

 

 

 

 

FLORENCIO DELGADO - VERBAS E RADIO #Radionabiblio #poéticasdiversasnabE #LetrasGalegas22 #florenciodelgadogurriaran #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Este ano o homenaxeado nas Letras Galegas é Florencio Delgado Gurriarán,

cronista, poeta e escritor que tivo que emigrar de Galicia na dictadura de Franco.

Marchou a México onde formou unha familia e continúo espallando as nosas verbas galegas,

aínda que non foi fácil e tivo que traballar en mil oficios.

Investigando nas súas creacións, atopamos unhas poesías moi creativas e ricas en verbas.

E como este ano, a biblioteca escolar ten a palabra, pois decidimos 

propoñer á comunidade educativa a creación de poemas crioulos.

En que consiste un poema crioulo? Pois tedes que crear un par de versos ou estrofa,

con algunhas palabras doutros países a onde emigraron moitos dos nosos avós/as e bisavoas/os

e moitos outros familiares, pois todos temos alguén: México, Uruguai, Brasil, Arxentina,

Cuba, Venezuela... e escoller un par de palabras típicas destes países,

xunto con palabras galegas, creando un par de versos con rima.

Atopadas as palabras e feita a poesía, tedes que enviala nunha mensaxe de

audio ao correo da biblioteca: biblio.nicolas.del.rio@gmail.com

engadindo no texto o voso nome e apelidos e o país de onde escollestes as palabras.

Engadimos a ligazón a unha páxina con información e xogos sobre Florencio Delgado.

A primavera das Letras, onde atoparedes a biografía escrita por Ledicia Costas e ilustrada por Blanca Millán

e adaptada a un público infantil.

 

A VIAXE DE PERCEBIÑO #diainternacionaldolibroinfantil #DILI22 #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Convidamos a toda a comunidade a participar na gravación do video clip

"A viaxe de Percebiño", baseada no libro de Quique Vázquez e Diego Cheda,

sobre educación vial.  Publicado no blog da BE "Carlos Labraña" ao comezo

da pandemia. Esta será a continuación dun proxecto inacabado.

Recordade que para participar hai que apuntarse.

 

 

 

MÚSICA, POESÍA E ESTRELAS! ROSALÍA DE CASTRO - PODCASTS Nº 10 #Radionabiblio #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Chegamos á fin dun programa. Despois de dez podcast temos que

dicirlle adeus a un programa realizado por toda a comunidade educativa,

"Música, poesía e estrelas" acompañou as mañás na escola, na casa,

no comercio, na viaxe do coche...

As emocións mantivéronnos unidos. Hoxe deixamos voar a poesía

pero só tedes que estender a man para coller versos e verbas.

Parabéns á radio e parabéns a Rosalía!

 

MÚSICA, POESÍA E ESTRELAS! ROSALÍA DE CASTRO - PODCASTS Nº 9 #Radionabiblio #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Gozade do penúltimo programa de Música, poesía e estrelas!

Agradecemos a colaboración de todas e cada unha

das persoas que fixeron que isto sexa posible.

Poesía no ar! Rosalía no ar!

 

 

MÚSICA, POESÍA E ESTRELAS! ROSALÍA DE CASTRO - PODCASTS Nº 8 #Radionabiblio #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

A comunidade educativa agasalla con poesía a Rosalía!

O fai a través do programa Música, poesía e estrelas!

Hoxe imos co podcast nº 8.

Aledade oídos e corazóns!

Distribuir contido