Skip to main content

EDUCACIÓN AFECTIVO SEXUAL

TERTULIAS DIALÓXICAS - HORA DE LER #Clubsdelectura #Horadeler #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Nas tertulias dialóxicas de 2ºC están lendo

"O teu corpo é teu"  de Lucía Serrano,

para reflexionar sobre o bo trato, coñecer o nome

das partes do noso corpo e aprender a coidarnos e coidarse.

 

 

 

 

 

FORMACIÓN LECTURA E FAMILIAS #LecturaeFamilias #educaciónafectivosexual #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Onte levouse a cabo a formación de "Lectura e Familias".

Como xa víñamos informando tíñamos moita preocupación

polo perigo nas redes, o acceso á pornografía na infancia e

a carencia de Educación Afectivo Sexual. Necesitábamos axudar

á cativada, para iso era indispensable que familias

e escola tivésemos estratexias para abordar esta temática.

 

Asi, que a través do programa da Asesoría de Bibliotecas,

"Lectura e familias" decidimos poñer nas mans de "As Atalaias"

esta formación. Elas son unha cooperativa galega que traballa en

prol das persoas e as súas necesidades. Tivemos connosco a

Raquel Veiga Teijeiro, diplomada en Educación Social e formada

en diversos aspectos como convivencia, sexualidade, resolución de conflitos... 

 

A xornada tivo un aforo amplo e todas e todos saimos reafirmados,

sabendo como comezar e con ganas de repetir. As familias que o desexaron

cargaronse de libros para documentarse e ser unha canle para iniciar

conversas coa rapazada. É de moita importancia que sexamos sinceros,

contestemos as súas inquedanzas e proporcionemos información fiable.

É básico ser referentes da nosa prole, e senon somos nós asegurar

que quen o sexa teña a nosa plena confianza.

 

Agradecer á Anpa Picapeixe e a tódolos que puxeron semente para que

esta actividade chegase a tan bo porto.

 

En breves compartiremos os vídeos e información que achegue Raquel.

Se queredes ampliar información con videos e webs,

podedes entrar na web da biblioteca ou no Facebook ou Twitter

da Biblioteca Escolar "Carlos Labraña" alí tedes moitas información

baixo o título: ESPAZOS SEGUROS PARA A INFANCIA.

 

Gracias á comunidade educativa pola súa resposta.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

FORMACIÓN LECTURA E FAMILIAS #LecturaeFamilias #educaciónafectivosexual #bescolaresgal

O vindeiro venres 5 de abril, de 16:30h. a 18:30h na Biblioteca Escolar

"Carlos Labraña", no Ceip Nicolás del Río, teremos con nós a

profesionais de "As Atalaias" que nos ofrecerán unha formación onde

se pretende crear un espazo de encontro e diálogo para atoparnos cómodos,

en familia e poder abordar temas incómodos como son a exposición que

teñen as crianzas a vídeos porno e as súas consecuencias no desenvolvemento

da súa sexualidade. Estas profesionais achegaránnos ferramentas, recursos

e historias para acompañar ás crianzas no ámbito dixital e relacional,

e poñerán no centro o respecto, o coidado e o bo amor.

Convidamos a tódalas familias da comunidade educativa, pero tamén

está aberto a calquera persoa que lle resulte de interese,

pois todas e todos formamos parte da vida educativa da rapazada.

Durante ese período de tempo, as familias terán servizo de gardería aportado

pola Anpa Picapeixe, para que ninguén que o desexe quede sen a formación.

Engadimos na parte inferior o programa da formación

para que poidades ollalo polo miúdo.

Esta formación está enmarcada no programa de Lectura e Familias da

Asesoría de Bibliotecas Escolares. Agradecemos  a vosa asistencia.

 

 

 

 

 

 

DÍPTICO RECOMENDACIÓNS LECTORAS - ESPAZOS SEGUROS PARA A INFANCIA 6 - LECTURA E FAMILIAS #LecturaeFamilias #educaciónafectivosexual #bescolaresgal

Coa intención de ofrecer ferramentas á comunidade escolar, dende a

Biblioteca Escolar "Carlos Labraña" en colaboración con tódolos

equipos, documentámonos para crear este díptico con recomendacións lectoras,

xogos, vídeos e podcast. Cada recomendación coa súa idade recomendada.

Os fondos da biblioteca dispoñen destes materiais e moita outra

bibliografía para abordar a educación afectivo sexual, se é do voso interese.

 

 

 

 

 

ESPAZOS SEGUROS PARA A INFANCIA 5 - LECTURA E FAMILIAS #LecturaeFamilias #educaciónafectivosexual #bescolaresgal

Coa intención de crear espazos seguros para a infancia,

traballar a educación afectivo sexual e a prevención do abuso

nos menores; compartimos coas familias (nesta ocasión)

unha serie de vídeos. Trátase dun material pedagóxico realizado por

Pantallas Amigas, consta de seis vídeos de animacións para informar ás familias.

Aquí temos o inicio da súa información:

 

¿Tu hijo ve porno? o mejor, de forma

clara y directa ¡Tu hijo ve porno!

El acceso circunstancial a la pornografía se puede producir desde los 8 años.

Su consumo por parte de chicos adolescentes comienza a normalizarse

a partir de los 13 años. Tu hijo probablemente está en este grupo, con la mayoría,

y lo consume desde el ordenador de su habitación o desde cualquier lugar

usando su móvil. La facilidad de acceso, el “anonimato” y la gratuidad están de su lado.

El contenido pornográfico está dirigido a personas adultas y su consumo no es recomendable

para menores de edad porque se considera que no tienen la madurez suficiente para afrontarlo de forma positiva.

Por otro lado, el consumo habitual del porno más popular puede tener consecuencias negativas

para cualquier persona, pero especialmente para los chicos adolescentes como él.

Puede tener efectos negativos para la salud y bienestar de tu hijo, pero también para

el de las chicas adolescentes con las que se relaciona y el de las mujeres en general.

CLICA E ACCEDE Á SÚA WEB

Aquí temos a primeira animación, entrando podes visualizar o resto.

 

 

 

 

 

 

ESPAZOS SEGUROS PARA A INFANCIA 3 - LECTURA E FAMILIAS #LecturaeFamilias #educaciónafectivosexual #bescolaresgal

Gustaríanos trasladar ás famlias a preocupación de algúns mestres/mestras

e familias, que dende hai un tempo vimos observando o acceso dos menores

a contidos non aptos para a súa idade. Conscientes de que a educación

afectivo sexual é un tema delicado, que moitas veces nin mestres nin familias

sabemos como abordar, gustaríanos valorar a posibilidade de que unha

persoa experta no tema nos dera algunhas orientacións.

Necesitamos unha estimación das familias interesadas en participar nesta formación.

 

O Concello, a través da Concellería de igualdade, ofrécenos a posibilidade dunhas

sesións de charlas/obradoiros para o alumnado, por parte de persoal cualificado

e cunha ampla experiencia con menores de tódalas idades, pero consideramos

que serían moito máis produtivas se previamente as familias e mestres/as

partíramos do coñecemento da situación actual e tivéramos unhas pautas de actuación.

 

Por este motivo gustaríanos que as familias do alumnado da escola se poñan en

contacto connosco para coñecer unha estimación das persoas ás que lles gustaría

asistir a esa formación, así como aquelas que están preocupadas

polo tema aínda que non asistirían á mesma.

 

Para o traslado da información, pasado o Entroido, enviaremos un papel ao

alumnado cunha parte recortable, para cubrir ou dende a Asociación

de Nais e Pais, Anpa "Picapeixe" á que tamén podedes trasladarlle as

vosas respostas. É moi importante a vosa participación e implicación.

Así mesmo, continuaremos difundindo recursos

para informar e documentar ás familias.

 

 

 

 

 

Distribuir contido