Skip to main content

Novembro 2023

FORMACIÓN USUARIOS PROFESORADO #CDU #PLAMBE #bescolaresgal #bescolaresgalsbertas

Sesión de martes de tarde con Formación de Usuarios para o profesorado.

 

 

 

 

 

 

LER E DRAMATIZAR #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

En ocasións, tan só chega con ser un bo observador ou observadora.

Un día de choiva, tempo de lecer, unha rapaza colle un libro para ler

en voz alta, outros/as xogan a representar o que se escoita. Elas xogan,

pero a realidade é que reforzan lectura, melloran entonación,

avanzan na comprensión lectora... e un sinfín de habilidades,

sen tan sequera ser conscientes.

Aprender xogando, un pracer, un dereito, o mellor nunha maña escura.

 

 

 

 

 

 

 

RECREOS NA BE "CARLOS LABRAÑA" #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Unha biblioteca na que collemos todas e todos,

con actividades diversas e un equipo de voluntarias

e voluntarios que son peza clave na organización

e funcionamento na hora de lecer.

 

 

 

 

 

 

MUSEOS CORUÑA #MesDaCienciaEnGalego #Ciencia #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

O alumnado de 5º escolleu o mes das Ciencias para realizar

unha saída didáctica a tres museo da Coruña.

No Domus visionaron temática da alimentación, nutrición,

a evolución dende os primeiros homínidos e realizaron xogos

interactivos de olores, neurons, actividades sobre xenética e adn.

Na Casa das Ciencias gozaron unha manchea co péndulo de Foucault

ata aplaudiron ao caer o pivote, encantoulles! Posteriormente, traballaron

de xeito interactivo péndulos, gravidade e no planetario (que tiveron o

privilexio de ollar os dous, un recén estrenado!) disfrutaron do anoitece e

amancer no ceo, mentres escoitaban explicacións sobre os astros, os puntos cardinais...

Por último, no acuario Finisterrae, coñeceron a Gastón, o tiburón touro

que vive alíe entre outras especies típicas de Galicia. Conversaron sobre a

reprodución sexual e asesual dos seres vivos. Viron os ajolotes que están

en perigo de extinción e os deixaron namorados!

Aprenderon unha manchea de curiosidades. E ollaron diferentes

adornos realizados cos materiais que desbota o mar.

 

 

 

 

 

 

NOVIDADES EN FONDOS #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Novembro chegou cheo de novidades!

Pasa pola biblioteca, na hora do recreo,

co teu titor ou titora en calquera sesión,

polas tardes de 4 a 5 acompañado dun adulto

(salvo os martes)... e colle o teu libro favorito.

Estamos seguras que hai un libro esperando por ti!

Recordade que hai empréstito de xogos de mesa

e cd de música e dvd de películas.





 

 

 

EXPERIMENTANDO COA LUZ NEGRA #MesDaCienciaEnGalego #Ciencia #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Primeira sesión dun obradoiro que durará varios recreos.

Decoramos máscaras, máns, cara e incluso as paredes

para ver as posibilidades que nos ofrece este tipo de luz.

A primeira parte levouse a cabo no espazo da biblioteca,

na sala de cociña e, xa na aula sensorial vimos

as creacións en todo o seu explendor.

 

 

 

 

 

LEGO WEDO #PolosCreativos #Ciencia #MesDaCienciaEnGalego #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Gozando das posibilidades e recursos no

mes das ciencias con Lego Wedo.

 

 

 

 

 

 

PREPARANDO LECTURAS COMPARTIDAS #EnGalego #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Ler con sentido, para agradar, para facer rir ou chorar, para que che escoiten...

Preparando historias para contar.

 

 

 

 

 

 

 

EXPERIMENTO REPRODUCIÓN PLANTAS #MesDaCienciaEnGalego #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

O alumnado de quinto anda a experimentar polo mes das ciencias.

Reprodución sexual e asexual das plantas, necesidades...

Realizaron diversas hipóteses sobre que pasaría coas sementes

dendo de terra ou auga, metidas nun globo (a modo de crear o efecto

invernadoiro). Plantaron un xeranio pola técnica agricultora do gallo.

Colocaron sementes a diferentes profundidades... fixeron moitas hipótese.

Agora toca esperar e probar ou refutar.

 

 

 

 

 

 

 

EXPOSICIÓN FONDOS CIENCIAS #MesDaCienciaEnGalego #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Pasa pola BE "Carlos Labraña" para estar documentado.

 

Exposición Mes da Ciencia!