Título | Resumo |
---|---|
CONCURSO MARCAPÁXINAS |
O xoves 19 de xuño entregáronse na Biblioteca Municipal os premios aos gañadores do Concurso de Marcapáxinas co motivo das Letras Galegas. O tema dos marcapáxinas foi "Cedeira" (lugares, paisaxes, monumentos...). O Concello editará carteis e os marcapáxinas gañadores, que se repartirán entre o alumnado do centro no vindeiro curso. Ver noticia, noticia1.
|
DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2020 #euquedonacasa #bescolaresgalabertas |
SEMANA DAS LETRAS GALEGAS
O próximo domingo, 17 de maio, celébrase o Día das Letras Galegas. Réndese homenaxe ao escritor Ricardo Carvalho Calero. O alumnado de 2ºB preparou un programa de radio para recordar a este autor ferrolán. Realizaron un traballo estupendo desde as súas casas e coa colaboración das súas familias e mestras. Parabéns!
https://www.facebook.com/bibliotecacarloslabranha/ @beCarlosLabrana biblio.nicolas.del.rio@gmail.com
|
SAMAÍN "De festas pola vila!" |
O alumnado de 2º A e a alumnado de Antropoloxía de 1º de Bacherelato documentados por Rafael López Loureiro, dramatizan nesta ocasión o Samaín na Biblioteca Carlos Labraña. |
Karaoke polo Medio Ambiente! #EuQuedoNaCasa #bescolaresgalAbertas | |
MAIO |
Cores, fitas e flores fixeron relucir a ledicia infantil nun festival organizado pola compañía de ópera do I.E.S. Punta Candieira. Os fondos recadados fan que estén un pouquiño máis preto de Berlín. Ledos. Neste "Tempo de maias" o proxecto "De festas na vila" (que se enmarca no currículo cedeirés da biblioteca escolar) xermolou o pasado venres no auditorio nunha mostra na que se deu a coñecer o traballo que os integrantes do proxecto LÓVA levan realizado ao longo do curso. Inmersos nun exemplo de colaboración entre bibliotecas escolares, os nenos e as nenas da escola sentíronse grandes por poñer en pé unha representación da festa do maio da man das alumnas de Antropoloxía de primeiro de Bacherelato. A música, o baile tradicional, o xogo e o entusiasmo acordaron á primavera do seu sono do inverno. Vaía se son grandes... Inmensos!! (Referencias como esforzo compartido, actitudes de respecto, desenvolvemento emocional e social... non son necesarias. Estaban diante dos ollos de calquera afortunado que formara parte do público ese día. Para reflexionar.) |
MIND DESIGNER |
O ALUMNADO DE 1º DE PRIMARIA TRABALLA NO ESPAZO ARGALLEIRO CO MIND DESIGNER.
|
SAN XOÁN "De festas pola vila!" |
O alumnado de 2º A e de 1º de Bacherelato despiden o proxecto "De festas pola vila!" coa celebración do San Xoán. Unha data cargada de aromas e flores e que deixa pegadas, lazos e emocións en todos os que nel participaron. |
21 de Marzo - Día da poesía Aulas no aire. Eu aprendo na casa. #EuQuedoNaCasa #bescolaresgalAbertas |
O pasado 21 de marzo celebrouse o día da poesía. As aulas de cinco anos, coa axuda das novas tecnoloxías, traballaron sobre un poema de Antonio García Teijeiro. |
AULAS AO AIRE |
As aulas de cinco anos, comprometidas co proxecto do Coidado do medio que propón este ano a biblioteca, este curso dispoñen dun pequeno espazo ao aire libre no que poder estar en contacto ca natureza. Coa mesma intención de coidar o medio que nos rodea vai o primeiro traballo do curso escolar: preparar bolsiñas de tea para as merendas, reducindo así o uso de materiais plásticos. Dentro de todo o proceso de traballo os nenos e a nenas aprenderon o que son os tintes naturais, libres de tóxicos e productos químicos, e así tinxiron as cintas de tea con té. O resultado final foi este.
|
IMPRESORA 3 D - PRIMEIROS CONTACTOS CO ALUMNADO | |
RECOMENDACIÓNS LECTORAS - NADAL |
AQUÍ TEMOS UNHA SELECCIÓN PARA LER, XOGAR E ARGALLAR SÓS OU EN FAMILIA.
|
DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES |
Celebramos o día das bibliotecas escolares (24 de outubro) coa creación do novo espazo de cociña na nosa biblioteca creativa que nos permita unha aprendizaxe competencial moi significativa. Realizamos un obradoiro de galletas e decoración inspirado nos cómics. Completamos o traballo coa elaboración das receitas e cómics, abarcando así unha serie de aspectos curriculares importantes de varias áreas: matemáticas, linguas, ciencias... A nosa biblioteca segue crecendo!!!
|
ROMANCE DO SAMAÍN - 5 ANOS A |
SAMAÍN from PERCEBÍN LECTOR on Vimeo. |
SEMANA DA ALFABETIZACIÓN EN MEDIOS E INFORMACIÓN |
DENTRO DA MATERIA DE LIBRE CONFIGURACIÓN: APRENDER A INVESTIGAR (QUE O ALUMNADO DE 4º E 6º DE PRIMARIA LEVAN A CABO NAS TITORIAS) TIVEMOS UNHAS SESIÓNS ESPECIAIS ONDE RAMÓN LOUREIRO, ESCRITOR E PERIODISTA NA VOZ DE GALICIA, VEU ACHEGARNOS A SÚA PROFESIÓN. ESTAS SESIÓNS ESTÁN ENMARCADAS NA CELEBRACIÓN DA SEMANA MUNDIAL DA ALFABETIZACIÓN EN MEDIOS E INFORMACIÓN A PROPOSTA DA UNESCO.
|
DESPEDIDA INTERACTIVOS COAS FAMILIAS |
OS GRUPOS INTERACTIVOS COAS FAMILIAS NA BIBLIOTECA REMATAN POR ESTE CURSO. |
SAN ANDRÉS " De festas pola vila!" |
Este proxecto intercentros e interniveis nace das Bibliotecas Escolares de Cedeira e será levado a cabo por dúas aulas: unha de primaria de 2ºA e outra de Antropoloxía de 1º de Bacherelato. O obxectivo é artellar un calendario como eixo vertebrador para situar as festas máis representativas da vila e a partir del estudar as estacións, os meses, os días... Baixo o amparo do currículo que destaca a transmisión do noso patrimonio artístico e cultural imos tecendo redes de colaboración e participación das familias e difetentes axentes sociais. Nesta primeira festa de San Andrés temos que agradecer a Jorge Bellón, un artesán de pés a cabeza!
|
O ALUMNADO DE 5º PROMOCIONA OS SEUS LIBROS FAVORITOS |
|
PROXECTO CORRESPONDENCIA |
O alumnado de 3º A, os Vagalumes, inician un proxecto de correspondencia con nenas e nenos dun centro de Viveiro. Durante todo o curso escolar comunicaránse de diversas maneiras. Neste primeiro trimestre utilizaron a carta. Máis detalles no blog dos Vagalumes
|
APRENDER A INVESTIGAR 4º PRIMARIA |
O ALUMNADO DE 4º COMEZANDO UNHA SESIÓN DA ASIGNATURA APRENDER A INVESTIGAR.
|
RECREOS E REALIDADE AUMENTADA! |
NOS RECREOS O NOSO ALUMNADO ACUDE Á BIBLIOTECA PARA LER, PENSAR E CREAR, REALIZANDO DIFERENTES ACTIVIDADES NAS QUE UTILIZAN AS NOVAS TECNOLOXÍAS. SOMOS UNHA BIBLIOTECA CREATIVA E POLO TANTO... UNHAS VECES ENTRAN E LEN...
E SE O QUEREN LEVAR, COLLEN O SEU CARNÉ E PODEN DISPOÑER DO LIBRO OU DA PELÍCULA POR QUINCE DÍAS. SE É NECESARIO O VOLVEN A RENOVAR. OUTRAS E OUTROS ENTRAN A COLOREAR E SACARLLE PROVEITO Á REALIDADE AUMENTADA COS IPADs...
CON IMAXINACIÓN E UNHA MESA DE LUZ, ALGÚNS CREAN CONTOS FERMOSOS... E SEMPRE HAI QUEN QUE PODE REPRESENTAR ESAS HISTORIAS, NO RECUNCHO DE DISFRACES... NA DIVERSIDADE ESTÁ O GUSTO E POR ISO TEMOS PEQUENOS E PEQUENAS CREADORES DE MUNDOS STEM CON LEGO, NA ZONA DE ROBÓTICA... AS PANTALLAS, PERMITEN ESCRIBIR A VARIAS PERSOAS Á VEZ, E XOGAR XUNTOS NO NOSO MUNDO DIXITAL. SE O QUE QUEREMOS É BAILAR, POIS TAMÉN...
E MOITAS, MOITAS COUSAS MÁIS... QUE NUNHA BIBLIOTECA CREATIVA CALQUERA PODE INVENTAR!!
|
POESÍA - CAIXIÑAS FRUTAIS - ANTONIO RUBIO |
O ALUMNADO DE SEGUNDO ESTÁ TOTALMENTE INMERSO NO MUNDO DAS RIMAS, DEIXÁNDO VOAR A SÚA IMAXINACIÓN CREAN AS CAIXIÑAS FRUTAIS, BASEADAS NAS POESÍAS DE ANTONIO RUBIO.
|
AVALIACIÓN GRUPOS INTERACTIVOS |
AGRADECEMOS ÁS FAMILIAS E AO ALUMNADO IMPLICADOS NOS GRUPOS INTERACTIVOS CUBRAN AS ENQUISAS PARA AVALIAR A ACTIVIDADE E PODER MELLORAR. MOITAS GRACIAS. FAMILIAS VOLUNTARIADO GRUPOS INTERACTIVOS
|
A NOSA BIBLIOTECA CREATIVA! |
ACTIVIDADES REALIZADAS NA NOSA BIBLIOTECA CREATIVA E INCLUSIVA. O LABORATORIO DE APRENDIZAXE QUE ACOLLE A TODOS E TODAS, UN ESPAZO FLEXIBLE CON MATERIAS DIVERSOS QUE OFERTA OPORTUNIDADES PARA ARGALLAR, CREAR, EXPRESARSE E APRENDER. |
PROXECTO CORRESPONDENCIA - CONVIVENCIA VIVEIRO - CEDEIRA |
OS VAGALUMES DE 3ºA E UNHA AULA DE 3º DO CEIP LOIS TOBIO DESPIDEN O SEU PROXECTO DE CORRESPONDECIA CUNHA CONVIVENCIA. |
Hai disfraces!!! |
Neste entroido Percebín e os seus amigos trouxéronnos uns disfraces para que nos recreos os nenos e nenas poidan disfrazarse. Hai disfraces como: Brancaneves Carapuchiña Vermella Lobo feroz Peter Pan ... e moitos máis que ti tes que descubrir!!!
TEXTO: ALBA E GIULIA (5ºA) |
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- …
- seguinte ›
- última »