Título | Resumo |
---|---|
ILUSTRANDO A CARLOS LABRAÑA |
|
GUÍA DE LECTURAS DOS XOGOS OLÍMPICOS |
|
Preparándonos para un documental... |
|
APRENDIZAXE COOPERATIVA E LECTURA |
O ALUMNADO DE 1ºB ESTÁ APRENDENDO UN MONTÓN DE COUSAS, PERO O QUE MÁIS LLE GUSTA E COMPARTIR AS SÚAS APRENDIZAXES. AO IGUAL QUE A SÚA MESTRA, DULCE, QUEN TAMÉN COMPARTE O SEU TRABALLO CON TODOS NÓS E CON TODOS OS QUE QUEIRAN! POIS PARTICIPA NO BLOG "PALABRAS AZULES" (galardoado co Premio Nacional de Proxectos Colaborativos). E COMO NON PODÍA SER DOUTRA MANEIRA, APRENDERON CON ESTRATEXIAS COOPERATIVAS COMO CHEGAR A FACER UNHA LECTURA PARA OUTROS RAPACES E RAPAZAS DO NOSO COLE. PODEDES VELO NO SEGUINTE ENLACE http://elmarescolorazul.blogspot.com.es/2016/04/un-cuento-para-tres.html |
CURRÍCULO CEDEIRÉS - "De festas pola vila" |
DENDE A BIBLIOTECA CARLOS LABRAÑA POTENCIAMOS A CREACIÓN DUN CURRÍCULO DA NOSA VILA, DE CEDEIRA. CURRÍCULO QUE XA FIGURA NA LOMCE EN DIVERSOS ESTÁNDARES E QUE O ALUMNADO DEBE TRABALLAR. NESTE CASO É UN PROXECTO INTERCENTROS E INTERETAPAS, POIS ADEMÁIS DE PARTICIPAR O ALUMNADO DE 2º A DE PRIMARIA, NEL TAMÉN PARTICIPAN FAMILIAS E O ALUMNADO DE ANTROPOLOXÍA DE 2º DE BACHERELATO DO I.E.S. PUNTA CANDIEIRA. ESTA É UNHA BREVE MOSTRA DO QUE LEVAN REALIZADO.
|
OBRAS AMPLIACIÓN DA BIBLIOTECA CARLOS LABRAÑA |
CARA UN ESPAZO CREATIVO. AS OBRAS DE AMPLIACIÓN DA BIBLIOTECA XA COMEZARON! |
TERTULIAS DO NICOLÁS. O COIDADO DO MEDIO AMBIENTE |
HOXE INICIAMOS AS "TERTULIAS DO NICOLÁS".
REPRESENTANTES DE DIFERENTES GRUPOS ACUDIRON Á RADIO ESCOLAR.
FALARON DO QUE ACONTECEU ESTES DÍAS NA NOSA BIBLIOTECA.
CONTARON O QUE FIXERON ANTE TREMENDA SITUACIÓN.
E EXPLICARON AS CONSECUENCIAS QUE TEÑEN AS NOSAS ACCIÓNS NO MEDIO AMBIENTE, NO FUTURO DO PLANETA. XA VOS IREMOS CONTANDO.
|
VISITA ANDREA MACEIRAS |
|
Podcast Día da Muller 8 M |
Desta volta cinco rapazas dos Vagalumes empodéranse e realizan un podcast para explicarnos porque celebramos o 8 de marzo. Comentan accións e actitudes para conseguir a igualdade. Aínda queda moito por facer, pero aquí vai a súa aportación! Marina como moderadora da entrevista, Noa, Sara, Elena e Marta entrevistadas. Dende as Bibliotecas Escolares colaboramos co Concello de Cedeira no préstamo de fondos relacionados con esta temática.
Por todas! Mulleres na ciencia. Material para traballar na aula.
|
SEMANA DO MEDIO AMBIENTE - CADERNO DE NATURALISTAS #euquedonacasa #bescolaresgalabertas |
O respecto e coidado do medio ambiente comeza cando nos achegamos a coñecelo. Presentamos os cadernos de naturalistas realizados polo alumnado de 5 anos nas súas Aulas ao aire.
PAXARIÑOS PIADORES, CASIÑA DO MEU CONTENTO
(Preparando un día de clase nas aulas no aire)
Carmen: -Que levante a man o que algún día, paseando, escoitara o canto dos paxaros... Alba: -Seguro que moitos levantaron a man. Verdade, Carmen? Carmen: -Si, muller... se os puidese ver, seguro que había tantas mans levantadas como cando preguntamos quen quere falar na asamblea da escola... pero aí vai outra: (poñemos o reclamo dun paporroibo) Carmen: -Que levante a man o que seipa que paxariño está cantando Alba: -Que levante a man o que sepa o nome do rei dos paxaros... Carmen: -Esa non sei eu se a saberán... Alba: -Seguro que moitos de vosoutros levantastes a man unha vez, dúas... ou se cadra tres, pero pequenos naturalistas, asegurámosvos que despois do día de hoxe, se abrides ben eses ollos tan atentos que tedes, e afinades con precisión o oído, porque xa sabedes que "o que non atende non aprende", se cadra, algún día paseando recoñeceredes o cantar dalgún paxariño.
Pois para empezar, imos contarvos unha fábula, que sabemos que vos gustan...
O Rei das Aves
Houbo unha vez, hai moito tempo, en que todos os paxaros do mundo se reuniron porque querían nomear un gobernante , e así, xuntáronse nunha asamblea para decidir quen de todos sería o Rei das Aves. - O Rei das Aves terá que ser aquel que poida voar máis alto, que para iso son os paxaros! -dixo unha águia (que xa se vía no máis alto do podium con coroa e todo). E así foi como empezou unha gran competición por ver quen acadaba o posto máis alto. Os paxaros voaron, esforzáronse moito... batían as ás con todas as súas forzas para poder chegar moi arriba... Así son as competicións... Os voitres e as águias eran os primeiros, os mellores, ata que unha delas empezou a subir, un águia enorme, fermosísima... unha águia real! Chegou máis alto que ningunha outra. Foi daquela cando ao verse gañadora, chamou polos demáis paxaros para anunciar que ela sería a raíña, pois estaba por enriba de todos eles... Pero meus pequenos naturalistas... a águia sinteu que algo lle rebulía no medio das súas ás. Por entre aquelas plumas enormes foise asomando un paxariño, coma un chisco, coma un faragulliño de pan dos que quedan na mesa despois da merenda... e sen pensalo nin esforzarse, púxose na cabeza da rapiña, e berrou: O rei son eu! O rei son eu!
E así foi como o tuí, o máis pequeno de todos os paxariños, se fixo o Rei das Aves e os Paxaros...
E agora, a actividade de hoxe. Seguro que tedes ben gardado o voso caderno de naturalistas. Veña...rapidamente a buscalo, que hoxe imos facer máis páxinas. Aprenderemos os nomes de catro paxariños que podedes atopar en Cedeira, e algunhas cousas de cada un deles. Non tedes que escribir todo... cada un o que poida.
O PAPORRUBIO
O paporrubio, tamén chamado paporroibo, peizoque ou richinó, é un paxariño solitario e moi territorial, que non acepta a presenza doutros conxéneres, ata o punto de zouparse contra a súa propia imaxe se a ve nun espello ou nun vidro. Fundamentalmente insectívoro, libra aos nosos campos de moita bichería, razón pola que sempre se lle ve arredor das xentes que traballan nas terras. Residente durante todo o ano na nosa bisbarra, no inverno chegan grandes cantidades do norte de Europa.
O paporrubio ten un cantar moi especial. Aquí tedes o seu son:
"O peizoque Roque" é un conto de Dores Tembrás que ten como protagonista a este paxariño. "O peizoque Roque pescuda palabras polo bosque. Palabras que saben, que abrigan, que recenden. Verbas de luz e de música que alimentan a vida"
O MERLO
O merlo e a merla son ben diferentes. O merlo é negro e a merla é parda. Paxaros moi comúns e abondosos son coñecidos de todos polo seu melodioso e potente cantar á caída da tarde. Estes paxaros comen de todo: insectos, grans, froitos... e aínda que teñen o plumaxe negro, moitos deles teñen abondosas plumas brancas, chegando algún deles a ser completamente branco. De aí naceu o famoso dito: "Eres máis raro ca un merlo branco".
"A merla de trapo", un conto de Antón Cortizas. Unha historia de fadas pero que non ten fadas. É a historia de Antonia, unha costureira que salva a un merlo de ferro dun estorbo no peteiro que lle impedía cantar. O merlo pouco a pouco entristece,e Antonia cose unha merla de trapo para que lle faga compaña...
O MARTÍN PESCADOR
Puidera ser o máis famoso paxariño da nosa contorna. As súas cores rechamantes, a súa voz metálica, e o seu voar en liña case a ras das augas, cautivan a atención de todo aquel que o ve por primeira vez. Gusta de pousarse nalgunha póla alta á beira dos ríos, dende a que asexa os peixiños que nadan na auga, para zouparse rapidísimo e conseguir algo para comer. O Martín pescador, tamén chamado Picapeixe na zona de Ourense é o paxaro que dá nome á asociación de pais e nais dos nenos e nenas da escola de Cedeira: a ANPA "Picapeixe".
A PÍLLARA DAS DUNAS
Paxariño emblemático dos nosos areais, agora mesmo en Galicia está en perigo crítico de desaparición. Por isto a píllara das dunas foi nomeada ave do ano 2019. O seu niño, extremadamente discreto é moi difícil de percibir para os ollos humanos, pero non tanto para o olfato dos cans que pasean polas praias.
Sodes capaces de atopar o niño de píllaras nesta fotografía? Para a súa protección e sobrevivencia existe un plan de protección oficial da Xunta de Galicia:
E despois de toda esta información, xa estades preparados e preparadas para facer as novas páxinas do noso caderno de naturalistas. Cada un pode apuntar a información que vexa máis interesante. Aquí van as nosas páxinas:
E para que os debuxos sexan máis fáciles de facer, deixámosvos os paxariños paso a paso:
A tomar nota, pequenos naturalistas!
As fotografías que acompañan esta entrada pertencen ao arquivo particular do mestre e naturalista Rafael López Loureiro. Nas súas palabras.... "Eu quedo no niño"
Mil gracias.
Podedes seguir aprendendo nas Aulas ao aire:
- Caderno de naturalistas "Eu quedo no niño"
- Animaliños que nos visitan... / Caderno de naturalistas "As vosas bolboretas"
- Bichiños
- Xente de auga e de terra / Caderno de naturalistas "Grandes exploradores"
https://www.facebook.com/bibliotecacarloslabranha/ @beCarlosLabrana biblio.nicolas.del.rio@gmail.com
|
MARÍA VICTORIA MORENO - LETRAS GALEGAS |
CO GALLO DAS LETRAS GALEGAS, NA BIBLIOTECA ACOLLEMOS UNHA SESIÓN DE CONTACONTOS REALIZADA POR IAGO LÓPEZ E A VARIOS BOOKTUBERS DE MARÍA VICTORIA MORENO, RECOMENDÁNDONOS ALGUNHAS LECTURAS. GRACIAS A TERESA, MORENA, DANIEL E JORGE!!
|
Symbaloo contos - #euquedonacasa |
Se vos apetece distraervos... Aquí tedes un symbaloo de contos e actividades en galego! |
FUSA GUILLÉN #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #DíaDasEscritoras |
Os Vagalumes de 1º C subiron ben alto a unha escritora da nosa vila, Fusa Guillén (escritora, dramaturga e unha incansable promotora de cultura). Tendo como base a exploración do nome e apelido da escritora, o descompuxeron e descobreron e compuxeron outras palabras, que xuntas fixeron poesía. Tal vez, unha poesía menos rimada ou un tanto absurda. Pero poesía, poesía das verbas, das súas verbas. Quique Vázquez, puxo a súa voz para narrar palabras de Fusa. un anaco dun conto que leva por nome "A caixa crebacabezas xaponesa". Quixeron conmemorar este día non só tendo na memoria a Fusa Guillén, senón tamén, facendo arte, escrito e natural. Servíronse dunha laranxeira con máis de 100 anos de historia que está ao pe do Concello de Cedeira. No alto instalaron as súas poesías, para que voen, para quen desexe lelas, velas ou collelas.
|
MAIOS "De festas pola vila!" |
Nesta ocasión o alumnado de 2ºA e o alumnado de Antropoloxía de 1º de Bacherelato celebran os Maios no Auditorio Municipal de Cedeira participando no Festival Lóva. |
EXPOSICIÓN E ACTO FINAL |
O 19 DE XUÑO O ALUMNADO DE ANTROPOLOXÍA DE 1º DE BACHERELATO E OS VAGALUMES DE 3º A DIFUNDIRON UN ANO DE TRABALLO. O FIXERON A TRAVÉS DUNHA EXPOSICIÓN (que aínda permanece aberta a todo o público), O VISIONADO DUN DOCUMENTAL E UNHA PEQUENA MOSTRA DE CANTOS E BAILES TRADICIONAIS. "PEGADAS NA IAUGA". PATRIMONIO INMATERIAL: A SEMENTE. A AUGA COMO FÍO CONDUCTOR.
|
ESPAZO ARGALLEIRO |
NA NOSA BIBLIOTECA TEMOS UN "ESPAZO ARGALLEIRO", ONDE PODER POÑER EN PRÁCTICA A CREATIVIDADE COS ESCORNABOTS E PEZAS ENCAIXABLES. ÁS VECES, PODERANSE REALIZAR OUTRAS CONSTRUCIÓNS COA AXUDA DAS PROFES. NESTA OCASIÓN MONTOUSE DUN BRAZO ROBÓTICO. |
CONCURSO DE RELATOS DE SAMAÍN |
OS RELATOS DE SAMAÍN ENCHERON ESTES DÍAS AS AULAS.
|
RECOMENDACIÓNS LECTORAS VERÁN 2021 |
|
OBRADOIRO DE CARTAS |
NA BIBLIOTECA PERCEBÍN ESTÁ SEMPRE DISPOSTO A RECIBIR E CONTESTAR CARTAS AO NOSO ALUMNADO. TENDO EN CONTA A SÚA OPINIÓN, DECIDIMOS PLANIFICAR UN OBRADOIRO DE ESCRITURA PARA MELLORAR A COMPETENCIA NA COMUNICACIÓN LINGÜÍSTICA. ASÍ QUE MIRAMOS O CURRÍCULO E ESTABLECEMOS OS ESTÁNDARES DE LINGUA GALEGA PARA CADA NIVEL (mirar anexo). A ACTIVIDADE FOI UN ÉXITO E TIVO UNHA GRANDE AFLUENCIA.
|
LECTURAS VIAXEIRAS |
O ALUMNADO DE 3 ANOS DE E.I. LEVA TODO O CURSO VIAXANDO CUNHAS PEQUENAS MOCHILAS DE LECTURAS AO SEU FOGAR. A LECTURA A AGARDAN CON AGARIMO, É UN AGASALLO. |
FANZINE - PROXECTO DE ESCRITURA #euquedonacasa #bescolaresgalabertas |
Durante o confinamento, o alumnado fixo diversas actividades na casa. A escritura ten un peso importante e era necesario que pequenas e pequenos seguiran escribindo, imaxinando, cohesionando os textos, cinguíndoos a unha ortografía e gramática precisa.
Pero todo isto, tiña que partir dos seus intereses, da súa imaxinación, das cousas da vida que para nada son impostas. Así, os Vagalumes, decidiron realizar Fanzines, publicacións curtas, libres, persoais e moi, moi creativas.
A través de esta imaxen interactiva, poderedes ver pequenos retazos dos seus traballos e quen se anime facer o seu, quen sabe... A imaxinación non ten límites, hai que deixala voar! |
DÍA DAS ESCRITORAS |
O luns 19 de outubro celebramos o Día das Escritoras na nosa Biblioteca escolar
|
ENQUISA PARA MESTRAS/ES |
AXÚDANOS A MELLORAR A NOSA BIBLIOTECA ESCOLAR. |
II XORNADAS DE TEATRO ESCOLAR |
UNHA PEQUENA MONTAXE, PARA DEIXAR CONSTANCIA, DO QUE FORON AS II XORNADAS DE TEATRO ESCOLAR DO CEIP NICOLÁS DEL RÍO. POR MOR DUN PROBLEMA TÉCNICO NA CÁMARA DE VÍDEO, GRAVOU SEN SON, PERO TODOS OS QUE ASISTIRON SON TESTEMUÑAS DO BO FACER DESTA RAPAZADA. PARABÉNS ACTRICES E ACTORES!! |
VISITA DE MANOLO RIVAS |
|
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- …
- seguinte ›
- última »