Skip to Content

AVISOS COMEDOR E LIBROS DE TEXTO

COMEDOR ESCOLAR

Publicadas as listaxes de usuarios admitidos no taboleiro de anuncios do centro. Prazo de enmendas ata o luns 19 de xullo. 

LIBROS DE TEXTO

Recollida de vales de axuda de libros de texto e material escolar, ata o venres 16 de xullo en secretaría.

COMEDOR ESCOLAR 2021/22

Hoxe martes 29 de xuño ábrese o prazo para presentar  as solicitudes do alumnado usuario de comedor escolar para o vindeiro curso. O prazo remata o venres 9 de xullo. Poden recoller os impresos na secretaría ou descargalos na páxina web do centro. O horario de secretaría é de 9:30h ata as 13:30h. Un saúdo.

 

RECOMENDACIÓNS LECTORAS VERÁN 2021

LIBROS DE TEXTO 2021-22

Correxido erro no libro de inglés de 4º de Educación primaria

Teatro de sombras. "Saudades do teu abrazo".

Obra realizada polo alumnado de 6ºB e a súa titora Iria, aproveitando un dos novos recursos na aula de teatro. "Saudades do teu abrazo" (Eoin McLaughlin). 

Xela Arias. A Fraga dos paxaros faladores e a Fraga Leopardicia

Relacionado coa nosa biblioteca creativa, a clase de 4ºB creou unha curtametraxe "A Fraga dos paxaros faladores e a Fraga Leopardicia" de Xela Arias. Un proxecto de traballo onde participou todo o alumnado sendo protagonista durante o proceso, elaborando os materiais, grabando audios na radio escolar, integrando as tics coa utilización da app Stopmotion nun dos Ipads da biblioteca, etc... 

 

 

 

 

 

NON SEI

XINCANA DÍA DO LIBRO

Unha das actividades para festexar o Día do Libro foi unha xincana con 6 retos que os alumnos e alumnas de Educación Primaria tiveron que resolver buscando nun plano do centro. As solucións estaban en libros agochados en diferentes zonas marcadas no mapa. Con cada reto, conseguiron unha peza do puzzle para rematar formando unha frase relacionada co Día do Libro.

Día do Libro. Infantil. Cita a cegas!!!

Outra das actividades para celebrar o Día do Libro neste caso en Educación Infantil, foi a lectura dun libro sorpresa que chegou a cada clase...

BOOKFACE NO DÍA DO LIBRO 2021

Unha das actividades propostas para o Día do Libro foi a realización de BOOKFACES, que podían facer nas casas, clases, biblioteca, etc...

Preme aquí nesta ligazón para acceder a todas as fotos enviadas por familias e mestres. No caso de faltar algunha prégase enviar un mail a biblio.nicolas.del.rio@gmail.com.

Ademáis elaboramos un vídeo cunha selección de bookfaces para facer un resumo da actividade!!!

 

 

LISTADOS PROVISIONAIS ADMISIÓN CURSO 2021/2022

Xa están publicados os listados provisionais de Admisión para o curso 2021/2022 no taboleiro da secretaría do centro. Para calquera consulta podedes chamar á secretaría do centro 881930091.

Podcasts concurso ONCE 2021

Día do libro. 23 de abril.

Día Mundial do Teatro

O día 27 de marzo celébrase o "Día Mundial do Teatro". Con moita ilusión creamos unha nova aula de teatro na que levamos traballando un tempo, na que tamén elaboramos un teatro de sombras. Seguindo os consellos e orientacións de Quique Vázquez, que nos axudou con toda a parte técnica, acabamos de estrear a aula coa obra: "A toupiña que non sabía quen lle puxera aquilo na cabeza", interpretada por mestres do noso centro!!! Nos vindeiros días haberá máis actuacións, tanto de teatro como de teatro de sombras.

Puede ser una imagen de una o varias personas e interiorPuede ser una imagen de interior y texto que dice "ARTISTAS"Puede ser una imagen de interiorPuede ser una imagen de interior y texto que dice "ENTRADA"Puede ser una imagen de interior

Traballo de investigación polo día da muller traballadora

Polo día da muller traballadora, buscamos información sobre mulleres galegas relevantes para nós. Cada clase elaborou unhas páxinas sobre a biografía, debuxos, elementos relevantes,... da muller escollida pola aula. O resultado final foi a elabroación dun genial.ly que recolle dun xeito interactivo todo o traballo realizado por mestres e alumnado do centro.

 

PROCESO ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2021/2022

 

PROCESO ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2021/2022

 

RESERVA DE PRAZA PARA O CURSO 2021/2022 NO CEIP NICOLÁS DEL RÍO PARA O ALUMNADO DE NOVO INGRESO

 

O prazo de presentación de solicitude é do 1 ao 22 de marzo (ambos inclusive).

 

A solicitude (ED550B) está á vosa disposición en Secretaría, na aplicación «admisionalumnado»  (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) ou na páxina web do colexio e presentarase por vía telemática na aplicación «admisionalumnado» ou en papel na secretaría do centro.

 

Coa solicitude é obrigatorio presentar un documento acreditativo da idade do alumno (libro de familia, DNI, pasaporte ou partida de nacemento)

 

Entroido 2021 Ceip Nicolás del Río

Día Mundial da Radio: entrevista a Antía Yáñez.

Celebramos o Día Mundial da Radio (13 de febreiro) cunha entrevista á escritora Antía Yáñez, autora do libro "Plan de rescate" gañador do premio "Agustín Fernández Paz" pola igualdade, do cal adquirimos 20 exemplares para a nosa Biblioteca Escolar.  O equipo de dinamización da Lingua Galega en coordinación co resto de equipos, ideou esta fantástica actividade que non vos podedes perder! Queremos agradecer a Antía Yáñez a súa amabilidade e dispoñibilidade , e a nosa veciña Guadi Galego por ofrecernos sempre as súas fermosas cancións para as nosas publicacións.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut