Skip to Content

Actividades

8 M - DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Conmemoramos o Día da Muller

realizando diferentes actividades con todo o alumnado. 

 

Coma sempre, un día moi especial!

                                    

8 MARZO DÍA DA MULLER E DA NENA - EXPOSICIÓN #8M #8marzo #8marzodamuller #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Xa podedes pasar pola biblioteca e coller fondos para a documentación da muller

ou nena escollida (para o libro proposto polo equipo

de dinamización lingûística e extraescolares) sobre as mulleres.

Tedes libros na exposición e na CDU.

Podes atopar máis información en Nacións Unidas e Unesco.

Na escola e no Concello levaránse a cabo diversos eventos, actividades...

para incidir na igualdade, algo que hai que ter presente tódolos días.

 

 

 

PROXECTO DORIS

Resumo da visita de alumnado e profesorado participante no proxecto DORIS (Erasmus+), procedentes de Suecia, Polonia e Gales. Un pracer recibirvos e ser os vosos anfitrións. 

OS VAGALUMES EN: "ESTRELA... FUGAZ?" DE CARLOS LABRAÑA #teatronaBE #aBEtenapalabra #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Trinta e dous meses pasaron da montaxe desta obra tan peculiar,

unha obra representada nun estado de alarma.

Este venres 13 celebramos que o texto brillara.

 

Carlos Labraña está de parabéns e nós tamén, a súa obra está publicada.

Non hai mellor momento para agradecer, agradecer ás familias e a esta promoción de Vagalumes

 

(agora xa en 1º da ESO) a súa infinita colaboración: aportando ideas, creando xuntos ás súas

fillas e fillos atrezzo, disfraces, debuxos, grabando audios e facendo que todo isto viaxara

polas canles necesarias para centralizar a información e poder facer unha edición da obra

na que non nos podíamos xuntar.

Agradecer a Diego Cheda, as súas ilustracións que dan vida ás personaxes.

E por suposto, agradecer ao artífice de todo, Carlos Labraña, xa que son os seus textos

os que proporcionan divertimento, aprendizaxe dramático e sobre todo temáticas

controvertidas cheas de sensibilidade.

Se quedastes sen ver a obra podes aproveitar agora.

Tamén podes coller as obras de Carlos Labraña na biblioteca e

se queres tela en posesión xa está editada e a venda nas librerías da vila!

 

 

 

 

MAGOSTO 2022

SAMAÍN 2022

Vídeo resumo das actividades realizadas polo Samaín, que non serían posibles sen a colaboración da Anpa Picapeixe. GRACIAS!!!!

 

DÍA EUROPEO DAS LINGUAS

LETRAS GALEGAS 2022

V XORNADAS DE TEATRO ESCOLAR - CARTAZ #teatronaBE #aBEtenapalabra #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

 

O alumnado de 2º de Primaria ten o pracer de convidarvos

á representación da obra de teatro Mares de Cedeira.

Unha obra inédita de Carlos Labraña feita para a nosa biblioteca,

onde os protagonistas son Percebiño e os seus amigos/as.

Será o vindeiro 3 de xuño, con tres pases: 10:30 h, 12:30 h e ás 20:00 h.

 

 

 

Este será o resultado do traballo dun curso escolar con 47 persoas

miúdas en escea, pero grandes actrices e actores!

A rapazada será capaz de transmitirnos o mellor de si mesma,

trasladarnos a un gran problema medioambiental, coa axuda da linguaxe

corporal, as artes, a imaxinación e as palabras.

 

 

 

Veredes como solucionan problemas, traballan en equipo e ao

mesmo tempo poderedes comprobar como este curso

medraron en autoestima e confianza en si mesmos.

 


 

 

 

IX FEIRA DOS LIBROS

Por fin chegou o día!

Todo preparado para a celebración do día do Libro, a través dunha aventura espacial con case 900 libros e máis de 250 participantes.

Mañá, martes 26 de abril, entre as 17h e as 18:30 horas, agardámoste na IX Feira dos Libros.

Non olvides traer os teus vales.

E lembra, coa lectura... ata o infinito e máis alá!

Comeza a conta atrás....

MÚSICA, POESÍA E ESTRELAS! ROSALÍA DE CASTRO - PODCASTS Nº 10 #Radionabiblio #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Chegamos á fin dun programa. Despois de dez podcast temos que

dicirlle adeus a un programa realizado por toda a comunidade educativa,

"Música, poesía e estrelas" acompañou as mañás na escola, na casa,

no comercio, na viaxe do coche...

As emocións mantivéronnos unidos. Hoxe deixamos voar a poesía

pero só tedes que estender a man para coller versos e verbas.

Parabéns á radio e parabéns a Rosalía!

 

MÚSICA, POESÍA E ESTRELAS! ROSALÍA DE CASTRO - PODCASTS Nº 9 #Radionabiblio #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Gozade do penúltimo programa de Música, poesía e estrelas!

Agradecemos a colaboración de todas e cada unha

das persoas que fixeron que isto sexa posible.

Poesía no ar! Rosalía no ar!

 

 

MÚSICA, POESÍA E ESTRELAS! ROSALÍA DE CASTRO - PODCASTS Nº 8 #Radionabiblio #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

A comunidade educativa agasalla con poesía a Rosalía!

O fai a través do programa Música, poesía e estrelas!

Hoxe imos co podcast nº 8.

Aledade oídos e corazóns!

MÚSICA, POESÍA E ESTRELAS! ROSALÍA DE CASTRO - PODCASTS Nº 7 #DiadeRosalia #_rdc_2022 #Radionabiblio #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Volvemos con outra marea de poesía co noso programa Música, poesía e estrelas!

Un programa realizado coas aportacións de toda a comunidade educativa,

adicando poesía a quen máis queremos.

Aquí o noso séptimo podcast!

 

Día de Rosalía. 2022.

MÚSICA, POESÍA E ESTRELAS! ROSALÍA DE CASTRO - PODCASTS Nº 6 #DiadeRosalia #_rdc_2022 #Radionabiblio #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

A comunidade educativa agasalla con poesía a Rosalía!

O fai a través do programa Música, poesía e estrelas!

Hoxe imos co podcast nº 6.

Agradecer a todas e cada unha das persoas que fixeron que isto fose posible.

Parabéns Rosalía!

Seguide nas nosas ondas, pois isto aínda non rematou.

Volvemos o xoves que ven con máis Música, poesía e estrelas!

 

MÚSICA, POESÍA E ESTRELAS! ROSALÍA DE CASTRO - PODCASTS Nº 5 #DiadeRosalia #_rdc_2022 #Radionabiblio #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Aquí temos o quinto podcast para homenaxear a Rosalía de Castro,

desexamos que a voz dun pobo vos faga pasar un intre agradable,

que encha e quente corazóns e que manteña a expectativa para o vindeiro capítulo.

Parabéns Rosalía!!

 

MÚSICA, POESÍA E ESTRELAS! ROSALÍA DE CASTRO - PODCASTS Nº 4 #Radionabiblio #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Hoxe é festa! Celebramos o nacemento da nosa ilustre Rosalía de Castro!

Con aromas mariños, aquí tedes o cuarto podcast de Música, poesía e estrelas!

Un programa noso, feito por familias, alumnado e mestres.

A comunidade educativa en pe, berrando poesía!

O mellor agasallo para Rosalia, o maior legado para nós.

Parabéns Rosalía!!

 

 

MÚSICA, POESÍA E ESTRELAS! ROSALÍA DE CASTRO - PODCASTS Nº 3 #Radionabiblio #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

As verbas saen dos nosos beizos e seguimos adicando poesía.

Nestas datas Rosalía e a Radio Experimental son protagonistas.

Aquí vai o noso terceiro podcasts do programa: Música, poesía e estrelas!

Continuade nas ondas!

 

DÍA DE ROSALÍA

Con motivo da celebración do día de Rosalía de Castro o vindeiro 23 de febreiro as nenas e os nenos do Ceip Nicolás del Río queren compartir con toda a veciñanza estes fermosos versos da autora. Podedes desfrutalos nalgúns locais da Vila.

Distribuir contido


by Dr. Radut