Skip to Content

Club de ciencia

PITIÑOS DE PASPALLÁS #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #FamiliasnaBE #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal

Pode parecer curioso vivindo nunha vila, pero moita desta

rapazada xamais tocou un pitiño e incluso algúns só os viron

en fotos e os ovos chegan ás súas casas xa envasados.

Por iso, a avoa de David, Pura, acompañada da súa neta Sheila

trouxo á biblioteca pitiños de paspallás e de pita. Para ofrecer a

oportunidade de tocar, escoitar, observar de pretiño estas aves.

Despois de saciar a primeira curiosidade veu unha fermosa rolda

de preguntas, das que a avoa Pura resolveu tódalas incognitas.

Gracias familias por vir e achegar á escola a vida!

 

 

 

 

SAÍDA DO GREEN CLUB - PRAIA DA MAGDALENA #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #FamiliasnaBE #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal

O Green Club (un club para a defensa e proteción da natureza)

sae buscar un novo fogar para os caracois. Gústalles moito a nosa horta,

pero alí comen todos os nosos cultivos. Nos tarais da praia teñen moitas

plantiñas que de seguro lles gustarán.

Aproveitan para observar cunchas e recoller lixo.

 

 

 

 

 

 

 

Obradoiro Area Cinética #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

O alumnado, guiado polo Club de Ciencias,

mergúllase nun obradoiro/experimento

onde crean area cinética e logo inventan figuras con ela.

Por suposto experimentaron as súas propiedades: sempre húmida,

moi modelable, apégase a ela mesma...

Experimento, xogo e risas acompañaron a actividade!

Agora xa poden experimentar en familia!

 

 

 

ESCRITURA MÁXICA @11defebreroES #11F #Ciencia #Igualdade #Axenda2030 #ODS5 #Bescolaresgal #bescolaresgalabertas

O obradoiro introdúcese cunha pequena historia de Enola Holmes,

gran detective, contándolles como con pequenos experimentos (que parecen máxicos) resolve crimes.

 

A rapazada xa está enganchada aos cómics de Enola de Serena Blasco

(podedes collelos na biblioteca) e xa teñen tamén versión cinematográfica.

 

Xa dentro da historia, só queda participar, escriben algo nun papel con auga e

bicarbonato, o deixan secar e cun pouquiño de zume de uva,

chachán vemos a mensaxe secreta.

 

 

 

 

FLOTACIÓN @11defebreroES #11F #Ciencia #Igualdade #Axenda2030 #ODS5 #Bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Experimentan coa flotación.

Primeiro deducen que pasará, logo comproban na práctica e cubren os resultados.

Rematan a sesión reflexionando a modo de tertulia.

 

 

 

 

 

A MULLER E A NENA NA CIENCIA @11defebreroES #11F #Ciencia #Igualdade #Axenda2030 #ODS5 #Bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Sabemos da importancia que ten sinalar unha data para as mulleres e as nenas na ciencia.

O noso alumnado ten o dereito de educarse neste campo e polo tanto é algo que está presente

durante todo o curso. Temos un club de ciencias, ofértanse obradoiros sobre ese campo,

o mesmo alumnado propón os seus... non pensamos en datas senón en intereses, motivacións...

Visibilizamos a data e conversamos sobre a necesidade de perseguir, cada un, a súa paixón.

E a importancia de que os que nos rodean apoien as nosas decisións.

 

 

 

 

NEVE - CLUB DE CIENCIAS #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

O club de ciencias proponnos outra actividade dentro da Biblioteca Creativa.

Un experimento para facer neve artificial.

Un obradoiro que alumnado e tamén profesorado gozou en grande!

Apuntade! Moito bicarbonato, auga e unha manchea

de imaxinación! Crea a túa paisaxe de Nadal!

 

 

 

 

 

Inauguramos o noso club de ciencia!

O pasado mércores os nosos peques de infantil convertíronse en verdadeiros científicos e científicas, demos así por inaugurado un novo recunchiño no noso patio! O club de ciencia!! Pasámolo en grande! Os nosos debuxos cobraron vida na auga!

Se queredes facelo na casa só necesitades culleres de cerámica, rotuladores para pizarra branca, un recipiente con auga e...TACHÁN!! non é maxia, é ciencia!!!

 

OBRADOIRO DE OVOS EXTRATERRESTRES

Distribuir contido


by Dr. Radut