Dende o equipo de ED. Infantil, a profe Marta (mestra de Psicomotricidade nas 3 aulas) elaborou esta pequena escolma de vídeos con actividades de movemento para o alumnado.
No arquivo adxunto tedes que premer nos debuxos , segundo a temática e lévavos ó vídeo ou actividade que indica.
O pasado xoves, Uxía González Morán achegouse ó noso centro para celebrar con nós o 8M: Día Internacional da Muller.
Dividimos ó alumnado en tres grupos, e para o de ED. Infantil a actividade foi a través do mundo máxico dos contos.
Esta actividade foi organizada pola Mancomunidade de Concellos do Carballiño.
Así os máis pequenos do centro desfrutaron de 3 contos marabillosos, fantasticamente narrados por Uxía. (Premede nas imaxes, se queredes coñecer a "ficha técnica de cada un deles)
E aquí vos quedan unhas poucas fotos do momento. Encantoulles!!!!
O pasado venres, Tamara veu ó cole a contarnos o conto de "Elmer e o osiño perdido" . Elmer encántalles, pero moitos deles non coñecían esta nova historia que protagoniza o elefante máis multicolor de todos.
Aquí vos quedan unhas poucas fotos do momento. Moitísimas grazas a Tamara por vir á biblioteca e compartir o seu tempo con nós.
Durante este mes XUVE foinos deixando encargas, agasallos e actividades para facer , dende o calendario de Advento.
Pediunos axuda para decorar o colexio, para visibilizar o día da discapacidade, deixounos panxoliñas, tamén un Kamishibai sobre o Apalpador e moitas cousas máis.
A semana pasada deixounos unha encomenda moi especial.
No chan da biblioteca apareceron un montón de debuxos relacionados co NADAL, tiñan que pintalos, e despois sucedería a maxia...
Utilizando unha APP chamada QUIVER puidemos ver como eses debuxos saían do papel ante os seus ollos... encantoulles!!!
Aquí tedes un pequeno vídeo coas fotografías das súas creaccións.