Skip to Content

                              

Orientación

Conto: Mi héroe eres tú

Conto: Mi Héroe eres tú.

Este libro ten como finalidade responder as dúbidas de todos os nenos e nenas do mundo en tempos do covid-19.  Grazas a unha pequena enquisa mundial feita en distintos idiomas árabe, italiano, francés, e español soubose cómo se atopaban estes nenos a nivel mental e psisocial. Neste proxecto participaron máis de 1.700 nenos, pais e educadores de todo o mundo.

Actualmente este conto está traducido a nove linguas, e estase a traballar na tradución doutros 30 idiomas máis.

Este conto infantil está destinado para nenos de 6 a 11 anos de idade.

AL Expresión e Comprensión Oral

NORMAS E RECOMENDACIÓNS PARA A SAÍDA D@S NEN@S Á RÚA

Queridas familias, querémosvos deixar un pequeno resumo sobre as normas publicadas polo goberno sobre a saída dos nenos á rúa. Tamén vos damos unhas recomendacións para que a saída sexa o máis levadeira posible.

Agardamos que vos sexan de utilidade.

CONTO: Salida de los niños

Como xa sabedes o vindeiro domingo 26 de abril, os nenos e nenas menores de 14 anos van poder sair un máximo de unha hora diaria dentro do horario de 9:00 a 21:00

Dende o DO queremosvos deixar este conto que nos parece interesante para esa primeira saída dos nenos e nenas despois de cinco semanas nas súas casas.

Trátase dunha situcación distinta, hai que ter moitas precaucións e non van poder facer moitas das cousas que facían antes do confinamento. 

Creemos que é importante preparalos para esta situación

Agardamos que vos guste.

 

 

 

DESCARGAR

Día Internacional da Discapacidade 2013

O 3 de decembro celebramos no colexio o Día Internacional da discapacidade co fin de fomentar a eliminación de barreiras, non só arquitectónicas, se non tamén mentais, que favorezan a creación dun mundo mellor para todas e todos... cando iso se acade, xa non será preciso recordarllo á sociedade coa celebración deste Día.

A Orientadora do centro deu un relatorio sobre o tema no que reflexionamos sobre as capacidades das persoas e sobre a inclusión en todas as facetas da vida.

Posteriormente, realizamos unha serie de xogos nos que vivenciamos diferentes experiencias desde o punto de vista do discapacitado.

 

Día Internacional da Discapacidade

O 3 de decembro está adicado ao Día Internacional da Discapacidade. No noso centro realizamos unha serie de actividades encamiñadas a sensibilizar a toda a comunidade educativa sobre a discapacidade... ás cales lle daremos continuidade ao longo de todo o curso.

Na biblioteca, a Orientadora do centro fixo un relatorio co fin de sensibilizar ao alumnado e profesorado.

Unha vez rematado o relatorio, vivenciamos coa participación nunhas pequenas paraolimpiadas, que organizaron os mestres no patio, as dificultades coas que se poden atopar as persoas que presentan algunha discapacidade.

As probas deportivas realizadas realizadas foron as seguintes:

  • Carreiras de cegos con guía.
  • Carreira de relevos coas mans atadas ás costas.
  • Proba de velocidade cun zanco nun pé.
  • Circuíto de slalom cunha cadeira de rodas.

 


Actividades

 

A miña discapacidade 

Unidade didáctica da ONCE

No blog "en la escuela caben todos" atoparedes bastantes recursos sobre a discapacidade.

Entrada no Blog "Boborás en Xogo".

 


Vídeos de sensibilización

 

 

 


Galería de imaxes das actividades


despedida

Despedida do curso 2011/2012. Adeus aos alumnos de 6, a profe Ana Martín...

HÁBITOS DE ESTUDO

Os hábitos de estudo son unha materia pendente no curriculo

ordinario.

 

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut