Skip to Content

Silvia Earle

Actividades da promoción 2015

A mosca Chosca e as súas partes

Ola amig@s,

A semana pasada estivemos en busca e captura de contos, os cales foran  protagonizados por algún becho. E lendo e buscando.... atopamos o conto "A casa da mosca chosca". E canto nos gustou!

E por suposto, aproveitamos a ocasión para aprender as partes dos bechos: cabeza, antenas ou cornos, patas e exoesqueleto.

Aquí vos deixamos unha pequena mostra!

Partes das flores

Ola amig@s,

Durante este último trimestre traballamos as flores do bosque e as súas partes. Ademais de tinxilas (como podedes ver no vídeo subido a esta páxina web), mirámolas a través do microscopio e distinguimos as seguintes partes da flor:  pétalos, pistilo, estames e sépalos.

Esperamos que vos sexa de axuda esta información!

EXPERIMENTAMOS COAS FLORES!

Tinximos flores!! from CEIP Rubians on vimeo

Bo día amig@s!

Durante esta semana fixemos un pequeno experimento coas flores típicas desta zona: os "cartuchos" ou tamén chamadas "calas". 

Para iso, fíxonos falta o seguinte:

E o resultado co paso dos días seguintes foi o que mostramos a continuación:

Como observades nas imaxes, a cor das flores variou moi pouco, xa que despois de deixalas na auga azul e vermella toda a semana, apenas vimos cambios.

TRABALLANDO PARA O 17 DE MAIO

Bo día amig@s,

Hoxe comezamos con algún traballo dedicado a Manuel María (poeta o cal se lle dedican as Letras Galegas deste ano).

Para comenzar, escoitamos o poema "SOL" de dito autor. E Logo, representamos o "Señor Lorenzo" nos nosos debuxos. Quedaron preciosos!

Nesta actividades tamén participan os nenos e nenas de 3 e 5 años.

O resultado final poderédelo ver durante esta semana na entrada do colexio.Esperamos que vos guste!

 

OS MAIOS

 

Ola amig@s,

Aquí vos deixamos a secuencia de imaxes do traballo realizado a semana dos "MAIOS".

Sacamos pétalos, fixemos collares de flores e axudamos co " cono" e coa "Sabela". 

Esperamos que vos gustara! Porque nós pasámolo moiiiii ben!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut