Skip to Content

Silvia Earle

Actividades da promoción 2015

VISITA O PORTO E SAÍDA O TEATRO

O MARTES 26 DE NOVEMBRO OS NENOS DE INFANTIL E PRIMEIRO CICLO DE PRIMARIA VISITAMOS O PORTO DE VILAGARCIA E DISFRUTAMOS DA OBRA DE TEATRO OS TRES PORQUIÑOS NO AUDITORIO.

CAMPAÑA RECOLLIDA ALIMENTOS AMIGOS DE GALICIA

Nestas datas que chegan, Amigos de Galicia, está a facer unha recollida de alimentos para que durante o Nadal moitas familias que están pasandoo moi mal, poidan desfrutar o mellor posible destas festas. Dende o noso cole queremos aportar o noso gran de area así que animámosvos a participar. Que se vexan esas mans xenerosas.

DECORAMOS A NOSA ENTRADA

Con todas as macetas que estades traendo estamos deixando o colexio fermosísimo e as que algunhas familias trouxeron con botellas de auga quedan preciosas colgadas. A semana pasada estivemos tamén pintando outros testos con motivos moi "lolailos". Deíxovos unha pequena mostra.

RECICLAXE

Como sabedes, este ano estamos levando a cabo un proxecto para aprender a reciclar. Este trimestre centrámonos sobretodo na reutulización de envases que xa non servía, como as botellas da auga, botes de pintura.......Deixovos un video para que sigamos aprendendo. 

 

 

O MAGOSTO

O 15 de novembro celebramos no noso colexio a festa do magosto, durante o recreo, como tódolos anos, Merchi asou as castañas e despois fomos por cursos a metelas nos nosos cartóns de leite reciclados e algúns decorados polas familias, e sentámonos a degustalas.

FROITOS DO OUTONO

Comenzamos vendo a granada por dentro e por fora e logo probando os seus grans sabrosos

Distribuir contido


by Dr. Radut