Skip to Content

Valeria e a casa "Arco da Vella das Bágoas Secretas"

Durante a última semana, todos os nenos e nenas de primaria preparamos un conto para conmemorar o 25N. 1º e 2º gravaron as voces, 3º e 4º realizaron as ilustracións e 5º e 6º colorearon as ilustracións en formato dixital e fixeron a tradución do conto. Ademais, fixemos un imán con forma do arco da vella do conto.

Un traballazo do que estamos moi orgullosos.

 

1, 2, 3... Eureka!

Hoxe o alumnado de Infantil, 1º e 2º tivo a oportunidade de acudir ao Auditorio Municipal para gozar da representación da obra teatral 1, 2, 3... Eureka!, da man de Colorín e Colorada.

Nesta ocasión tres animais que viven no campo e aman a música non son comprendidos e deciden marchar á cidade para vivir a música. Eles buscan conseguir o seu soño, que ninguén lles corte as ás!

Samaín en Rubiáns

Un ano máis, celebramos o noso Samaín no cole. Contamos as nosas historias, escoitamos contos de medo en inglés, queimamos os nosos medos na pota da bruxa Gumersinda que os transformou en chocolate. Pasamos un día terroríficamente divertido.Uuuhhhhhh!!!

 

Día da Biblioteca

Xa que se achega o Samaín celebramos o Día da Biblioteca facendo unhas lecturas de medo, e o alumnado de 5º e 6º leulle a todos os compañeiros e compañeiras.
 
Que ben o fixeron!
 

 

Semana europea do deporte escolar

Sumándonos á celebración da Semana Europea do Deporte e, colaborando con Sabela no seu ano olímpico, durante toda a semana dedicamos 20 minutos cada día a practicar diversos deportes. E pasámolo xenial!!!

Escoitamos a berrea?

O alumnado de 5º e 6º participou nun programa de educación ambiental organizado dende o Minsisterio de Educación. Ademais de coñecer Villardeciervos, Puebla de Sanabria, os Arribes do Douro, os lagos de Sanabria e Valparaíso, escoitamos a berrea (sons que fan os cervos para ligar coas femias), observamos os lobos de preto e fixemos ogradoiros de candeas, xeocaching, radio ou xogos sensoriais.

Compartimos a experiencia co alumnado do CEIP San Juan de Dios, de Granada, onde xa temos uns amigos para sempre. Eles presentáronnos a súa cidade e nós amosámoslle a nosa.

Grazas a todas as persoas que fixeron posible esta experiencia.

Olimpiadas de Rubiáns

Durante o ano 2024, celebraranse en París os Xogos Olímpicos. Por iso, Sabela vaise converter en campiona olímpica e, como se merece un bo ano olímpico, teremos un curso cheo de carreiras, lanzamentos, saltos, esforzo individual, traballo en equipo e moito compañeirismo. 

Aos seus postos, listos... XA!!!

CEAM Villardeciervos

O vindeiro luns 25 de setembro o alumnado de 5º e 6º participará nun programa nacional de educación ambiental en Villardeciervos (Zamora).

Nos documentos adxuntos pódense ver os detalles da actividade.

Axudas á escolarización en Educación Infantil

O Concello ven de convocar as axudas á escolarización que cada ano pretenden servir de axuda económica ás familias.

Este ano increméntase a partida económica e as familias que reúnan os requisitos recibirían unha axuda de 70€ por neno ou nena da etapa de educación infantil.

O prazo de solicitudes está aberto dende hoxe, 1 de setembro ata o día 30 do propio mes. 

Reunión familias 4º EI (3 anos)

O vindeiro martes día 5 de setembro ás 11:00, terá lugar a reunión informativa para as familias do alumnado de 4º de infantil (3 anos) 

Distribuir contido


by Dr. Radut