As nais, os pais, os/as titores/a legais e os/as acolledores/as do alumnado deste centro de ensino, que desexen, ao longo do curso 2021-2022, colaborar de xeito altruísta nas tarefas de atención e apoio aos escolares usuarios do comedor escolar, poderán apuntarse nas listas de admisión.
O prazo para presentar solicitudes permanecerá inicialmente aberto ata o día 8 de setembro de 2021, podéndose reabrir un novo prazo, de ser o caso, ata o 22 de decembro de 2021.
Durante o curso escolar 2021-2022 só se contará coa colaboración das persoas que figuren anotadas nestas listas.
Nos documentos adxuntos está o anuncio da apertura para presentarse como colaborador/a de comedor escolar e a ficha que haberá que cubrir e entregar no centro.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
COLABORADORES COMEDOR.pdf | 544.08 KB |
sOLICITUDE COLABORADOR VOLUNTARIO COMEDOR.pdf | 546.12 KB |