Para conmemorar o Día das Letras Galegas, que se celebra tódolos anos no día 17 de maio, os alumnos e as alumnas de 1º, 5º e 6º de Ed. Primaria colaboraron coa equipa de Dinamización Lingüística na decoración da vidrieira do patio de Ed. Infantil. Aquí poderedes ver o proceso e o resultado obtido.
Os alumnos e as alumnas de 6º de primaria elaboraron, dentro das actividades da materia de Ciencias Naturais, uns inxeniosos circuitos eléctricos. Son toda unha obra de arte!
O pasado xoves, 5 de maio, o alumnado de 5º e 6º de Primaria difrutaron dunha dobre saída. Primeiro acudiron a sede da Cadena Ser Radio e Localia Televisión onde poideron aprender cómo foncionan por dentro, con algúns dos seus trucos. E despois acudiron a Fábrica de Pescanova, no polígono A Granxa, de Porriño, onde saborearon unha abundante e rica degustación de pratos de peixe. E observaron cómo se elaboran algúns dos precociñados da marca.
Os nenos e nenas de Ed. Infantil acudiron, o 29 de abril, ao Teatro A Fundación de Vigo onde disfrutaron dun espectáculo de Mamá Cabra. E para completar a saída pararon a desfrutar do sol e de tódalas posibilidaddes dun parque infantil de Baiona. Despois de gastar todas as enerxías, a volta foi moi tranquila!