O pasado venres, 30 de setembro, tivemos unha actividade de convivencia organizada pola equipa de Orientación:Somos Solanas, onde o importante era compreder que todos, sen excepción, formamos e pertencemos ao noso colexio.
Os nenos e as nenas de 6º de primaria fixeron, dentro da programación de ciencias, os experimentos da xerminación dunha legume e de formación dun mofo.
Aquí podemos ver os procesos e os seus resultados.
O xoves, 13 de outubro, celebramos a re-inauguración do noso renovado pavillón cunhas actividades moi chulas: alfombra vermella na entrada, pregón de festas, maratóns por cursos e entrega de medellas con canóns de confeti.
O venres, 14 de outubro, dentro da Campaña "Oportunidades Galicia. Separemos ben, reciclaremos mellor" tivemos no colexio unhas xordanas lúdico-educativas onde se buscaba unha maior implicación e colaboración no proceso de reciclado de residuos.
Foi unha actividade moi interesante na que aprendemos moitísimo!
O mércores, 19 de outubro, @s nen@s de 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria desfrutaron a súa primaira saída deste curso. Primeiro visitaros a adega Terras Gauda, en Goián e despois trasladáronse a Vigo onde viron, no teatro Rosalía de Castro, a obra de teatro (...) ofertada por A Fundación.
Foi unha mañá moi completa e moi interesante. Tod@s desfrutaron enormemente!
Dous rapaces da clase de 6º de Ed. Primaria, Anxo e Pablo, veñen de recibir o premio no concurso organizado pola Biblioteca Municipal de A Guarda. Eles crearon a mascota da Biblioteca, de nome Heraldo, que a partires de agora estará nun recunchiño invitando a ler a tod@s @s nen@s da nosa vila e da contorna.
@s nen@s de 5º de Ed. primaria tamén experimentaron nas súas clases de ciencas. No seu caso viron a diferencia entre a xerminación dunha legume ao aire libre e a xerminación dentro da neveira.