Skip to Content

NOVO NÚMERO DE TELÉFONO

886110075

Articles

30 DE MAIO:

MERCADILLO DE 2º MAN DO ALUMNADO DE 6º PRIMARIA PARA A SÚA EXCURSIÓN FIN DE CURSO 2024

ACTUACIÓN DE PAKOLAS EN BIBLIOSOLANAS.

GRAZAS AO PROGRAMA "LECTURA E FAMILIAS"

PREME NAS IMAXES.

VISITA A RESIDENCIA DA TERCEIRA IDADE MONTE TREGA: 4º e 6º d primaria.

O alumnado de 4º e 6º de primaria visita a Residencia da Terceira Idade Monte Trega para realizar diferentes actividades cos seus usuarios.

CHARLA TEA POLO GABINETE CORES: 6º primaria

O Gabinete Cores, centro de desenvolvemento e intervención terapéutica, tivo unha charla informativa no noso colexio sobre o Trastorno do Espectro Autista (TEA) para o alumnado de 6º de primaria.

SEMANA DA DIVERSIDADE AFECTIVO SEXUAL:17 de maio "Dia Internacional contra a homofobía"

O alumnado pinta calcapapeis coa bandeira LGTBI.

 PREME NESTE ENLACE PARA VER O VÍDEO.

CHARLAS SOBRE NOVAS ADICCIÓNS. PLAN DIRECTOR: 3º ciclo

O alumnado de 5º e 6º de primaria tivo unha charla informativa/formativa sobre novas adiccións dunha axente experta das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.

Esta charla pertence ao Plan Director que é un programa para a convivencia e mellora da seguridade nos centros educativos.

DÍA DA NAI

O alumnado de 5º de educación infantil desexavos un bo Día da nai.

 

DÍA CONTRA O ACOSO ESCOLAR: 2 de maio

No Día contra o Acoso Escolar, a xefa de estudos e a Xefa do Departamento de Orientación explican ao alumnado de 2º e 3º ciclo o Punto Laranxa. Un punto físico (entrada do colexio) e virtual (páxina web do centro) onde a Comunidade Educativa pode, de forma anónima, comunicar ou denunciar situacións de acoso.

ESTREAMOS NOVAS PEZAS DE XOGO NO PATIO

Xa temos no patio de infantil e de primaria as novas pezas de xogo Sorriso.

CHARLA NAVEGA CON RUMBO: 3º ciclo

Navega con Rumbo é un programa asinado coa consellería de Cultura e o CPEIG para a prevención dos ciberdelitos na rapazada.

 

FPINNOVA 2024: 3º ciclo de primaria

Congreso de centros de Formación Profesional de Galicia con obradoiros sobre biotecnoloxía, ciberseguridade, creación de contidos mediante IA, drone soccer, creación de videoxogos, realidade virtual e aumentada, impresión 3D...

Preme nas imaxes para ver o contido.



by Dr. Radut