STEAM son as siglas en inglés de; Ciencias, Tecnoloxía, Enxeñería, Arte e Matemáticas.
MATEMÁTICAS
A proposta do apartado MATHS dentro da Semana STEAM contempla distintas actividades manipulativas e de razonamento matemático cun número común que xorde a partir do número 14.
O 14 de marzo celébrase o Día Internacional das Matemáticas (que coincide coa data de nacemento de Albert Einstein).
O día sobre rodas é unha das actividades que máis gusta ao noso alumnado.
O alumnado de infantil e ata 3º de primaria tiveron unha xincana do pavillón; mentres que de 4º a 6º de primaria tiñan saída que dependendo do seu vehículo podía ser polo Porto de A Guarda ou ata a Praia do Muiño.
O alumnado e profesorado do colexio puido vir en bicicleta ou patinete neste día sobre rodas.
Os nenos e nenas de infantil e de 1º a 3º de primaria tiveron circuitos no pavillón, mentres que de 4º a 6º de primaria saíron a facer diferentes rutas.
Os alumn@s de 4º B estiveron traballando a Robótica con diferentes medios e recursos e despóis foron tan amables de "facer de profes" dos nenos e nenas de 3º e 4º A.
Todos aprendemos moito con estos obradoiros. Moitas grazas!
O alumnado de 3º e 4º primaria tivo unha visita guiada polo Monte Santa Trega; roteiros, Citania, poboado de Mergelina, Ermita de Santa Trega, MASAT... foi unha xornada moi divertida. Aquí podedes ver a nosa experiencia:
STEAM é unha metodoloxía que axuda ao alumnado a desenvolver competencias científicas e tecnolóxicas. Durante esta semana o nosos nenos e nenas tiveron sesións de robótica, placas makey makey, xogos creativos...
O equipo de robótica e Biblioteca creativa montou unhas sesións moi lúdicas e motivantes para o alumnado. Xogar é o noso xeito favorito de aprender.