Congreso de centros de Formación Profesional de Galicia con obradoiros sobre biotecnoloxía, ciberseguridade, creación de contidos mediante IA, drone soccer, creación de videoxogos, realidade virtual e aumentada, impresión 3D...
O alumnado do 2º ciclo de Educación Primaria realiza unha saída a cidade de Vigo para visitar a sede de Cruz Vermella e asistir, no teatro AFundación, a obra "Hugo" que fala de empatía, da necesidade de comunicarnos e da beleza da diferencia, porque ser diferentes fainos grandes.
O equipo Dinamización Lingüística propuso ás clases de 4º, 5º e 6º de primaria que investigarán diferentes figuras do entroido tradicional galego para despois ir polas demais clases a explicar o que aprenderan.
DEGUSTACIÓN, DESFILE, PREMIOS E FESTA BAILE O VENRES DE ENTROIDO
O obxectivo do programa Coñece as túas institucións, é que o alumnado poida coñecer de primeira man o funcionamento do Parlamento e da Xunta e comprenda a separación de poderes propia das democracias.
Convenio de colaboración asinado entre o Parlamento de Galicia e a Consellería de Cultura, Educación e Universidade permite organizar visitas guiadas conxuntas ás sedes do poder lexislativo e do poder executivo galegos para o alumnado de 5º e 6º de educación primaria de centros educativos de titularidade pública da Comunidade Autónoma.
No primeiro trimestre, o alumnado de Solanas traballou o Universo: maquetas, construcción de planetas...
Os seus traballos estan expostos nos corredores do colexio e nas clases de educación infantil. Ademáis BiblioSolanas tivo exposción de libros con esta temática.
O profesorado de educación infantil invitou as súas compañeiras e compañeiros do CEIP Pintor Antonio Fernández de Goián a facer unha mañá de convivencia e traballar todos xuntos.
Tiveron: planetario, circuito sensorial do Universo, construcción de galaxias, visita a nosa exposición de traballos, visionado do vídeo do primer ser vivo en saír ao espazo...