Skip to Content

NOVO NÚMERO DE TELÉFONO

886110075

Articles

VISITA A RESIDENCIA DA TERCEIRA IDADE MONTE TREGA: 4º e 6º d primaria.

O alumnado de 4º e 6º de primaria visita a Residencia da Terceira Idade Monte Trega para realizar diferentes actividades cos seus usuarios.

ENCONTRO CON BERTA DÁVILA DOS CLUBS DE LECTURA DE SOLANAS: 6ºP E SALITRE

Berta Dávila é a escritora galega de dous libros lídos polos nosos clubs de lectura, neste curso.

O alumnado de 6º de primaria leeu "Demetrio demoscopio perdeu a chispa" mentres que o club para adultos Salitre "Os seres queridos" e "A ferida imaxinaria".

Ademais tamen visitou Radio Treboada para unha entrevista coas nenas de 6º primaria.

PREME NO ENLACE PARA VER A SÚA VISITA.

CHARLA TEA POLO GABINETE CORES: 6º primaria

O Gabinete Cores, centro de desenvolvemento e intervención terapéutica, tivo unha charla informativa no noso colexio sobre o Trastorno do Espectro Autista (TEA) para o alumnado de 6º de primaria.

PLANTACIÓN DE FLORES: 2º primaria

O alumnado de 2º de primaria fai unha plantación de bulbos: nardos, lirios, gladiolos, dalias e xacintos.

UNHA ESTRANA APARICIÓN...: 1ºprimaria

Roi de 1º de primaria e os seus pais, nunha saída familiar polo monte de Burgueira, atoporon...

Preme no vídeo para ver o seu descubrimento...

PATIOS DINÁMICOS: MAIO 2024.

Na hora do recreo xogamos a... cambio de conos, relevos, golf hockey, petanca...

 Preme nas imaxes para ver o ben que o pasamos.

CHARLAS SOBRE NOVAS ADICCIÓNS. PLAN DIRECTOR: 3º ciclo

O alumnado de 5º e 6º de primaria tivo unha charla informativa/formativa sobre novas adiccións dunha axente experta das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.

Esta charla pertence ao Plan Director que é un programa para a convivencia e mellora da seguridade nos centros educativos.

ESTACIÓNS DE MEDIDAS MATEMÁTICAS: 3º de primaria

O alumnado de 3º de primaria traballa coas medidas matemáticas: gramos/quilogramos, centímetros/metros...

PROGRAMA 6 EN RADIO TREBOADA: COÑECENDO A JACOB

Programa no que charlamos coa teacher Lucía e con Jacob, o noso auxiliar de conversa de orixe armenio, procedente de California.

Preme na seguinte URL para escoitar o programa:

https://go.ivoox.com/rf/128411628

 

SESIÓN DE CINE: alumnado de 1º primaria

Cando vas ao cine tes que mercar a entrada, podes comprar flocos de millo...

O alumnado de 1º primaria tivo que trocar o seu diñeiro para poder asistir a unha sesión de cine en BiblioSolanas: "O libro da Selva".

Preme nas imaxes para ver o vídeo.



by Dr. Radut