Skip to Content

NOVO NÚMERO DE TELÉFONO

886110075

V CONCURSO DE FOTOGRAFÍA DE BIBLIOSOLANAS

BiblioSolanas convoca o seu V certame de fotografía.

Este curso o proxecto da bilbioteca é "UN LÍO DE XOGOS" por elo vos pedimos unha FOTO XOGANDO en FAMILIA ao que queirades. Pode ser de exterior, de mesa,... 

Tedes que mandar a imaxe a: bibliosolanas@gmail.com  poñendo no asunto o nome do alumno/a.

Haberá un premio por aula.

Animádevos!

 

Exporemos as fotos nos corchos das entradas.

 

 

 

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS 2024

PERCORRENDO A VILA DE A GUARDA

CON LUÍSA VILLALTA; LETRAS GALEGAS 2024.

Este ano a homenaxeada no día das letras galegas é a escritora, filósofa e violinista, Luísa Villalta.

Para festexar este día, o alumnado do CEIP Manuel Rodríguez SindeCEIP Plurilingüe As Solanas e o CEIP A Sangriña, realizaremos un percorrido polas rúas da Vila para divulgar a súa poesía e biografía, actividade organizada polo  Equipo de dinamización da lingua.

Estes serán os horarios e os lugares da Vila onde nos poderedes atopar. Encantaranos que nos veñades ver:

NOVAS DATAS

DÍA

ALUMNADO HORARIO LUGAR DO RECITAL

MARTES

21 DE MAIO

5 ANOS+5ºPRIM. 12:00-13:10 PRAZA AVELINO VICENTE
2ºPRIM.+6ºA PRAZA ABASTOS
1º PRIM.+3ºPRIM.  CONCELLO DE A GUARDA 

XOVES

23 DE MAIO

 

3ANOS+4ºPRIM. 09:50-10:40

PRAZA AVELINO VICENTE+

PRAZA DE ABASTOS

4 ANOS+6º B

CONCELLO DE A GUARDA

ACTIVIDADES NA SEMANA DAS LETRAS GALEGAS 2024

Durante a Semana das Letras Galegas o equipo de Dinamización propuxo unha serie de actividades as aulas: pintado da careta de Luisa Villalta, grabación duns poemas da autora, dossier para coñecer a vida de Villalta...

Ademáis o xoves 16 tivemos a xa tradicional chocolatada do ANPA Os Muiños.

VÍDEO ACTIVIDADES LETRAS GALEGAS

Preme no enlace anterior para ver e escoitar ao noso alumnado homenaxeando a Luísa Villalta.

VÍDEO CHOCOLATADADO ANPA 2024

Moitas grazas a María, Maricruz,Mari, Ofelia, Gene e Marcos.

 

SEMANA STEAM 2024

STEAM son as siglas en inglés de; Ciencias, Tecnoloxía, Enxeñería, Arte e Matemáticas.

 

MATEMÁTICAS

A proposta do apartado MATHS dentro da Semana STEAM contempla distintas actividades manipulativas e de razonamento matemático cun número común que xorde a partir do número 14.

O 14 de marzo celébrase o Día Internacional das Matemáticas (que coincide coa data de nacemento de Albert Einstein).

2º DE PRIMARIA 5º DE PRIMARIA
6º A DE PRIMARIA  Preme nos seguintes enlaces para ver os nosos obradoiros.

 

TECNOLOXÍA:

Obradoiro de tecnoloxía co alumando de 5º Primaria.

PLANTACIÓN DE FLORES: 2º primaria

O alumnado de 2º de primaria fai unha plantación de bulbos: nardos, lirios, gladiolos, dalias e xacintos.

UNHA ESTRANA APARICIÓN...: 1ºprimaria

Roi de 1º de primaria e os seus pais, nunha saída familiar polo monte de Burgueira, atoporon...

Preme no vídeo para ver o seu descubrimento...

PATIOS DINÁMICOS: MAIO 2024.

Na hora do recreo xogamos a... cambio de conos, relevos, golf hockey, petanca...

 Preme nas imaxes para ver o ben que o pasamos.

FESTEXAMOS OS ANIVERSARIOS DE MARZO E ABRIL EN BIBLIOSOLANAS

BiblioSolanas festexa os aniversarios dos meses de marzo e abril.

O alumnado axudante de biblioteca fai entrega dun agasallo aos nenos e nenas que cumpriron anos.

O agasallo é un xogo "cruz ou raia" segundo o PDI deste ano "Un lío de Xogos".

CHARLAS SOBRE NOVAS ADICCIÓNS. PLAN DIRECTOR: 3º ciclo

O alumnado de 5º e 6º de primaria tivo unha charla informativa/formativa sobre novas adiccións dunha axente experta das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.

Esta charla pertence ao Plan Director que é un programa para a convivencia e mellora da seguridade nos centros educativos.

ESTACIÓNS DE MEDIDAS MATEMÁTICAS: 3º de primaria

O alumnado de 3º de primaria traballa coas medidas matemáticas: gramos/quilogramos, centímetros/metros...

PROGRAMA 6 EN RADIO TREBOADA: COÑECENDO A JACOB

Programa no que charlamos coa teacher Lucía e con Jacob, o noso auxiliar de conversa de orixe armenio, procedente de California.

Preme na seguinte URL para escoitar o programa:

https://go.ivoox.com/rf/128411628

 

Distribuir contido


by Dr. Radut