Skip to Content

NOVO NÚMERO DE TELÉFONO

886110075

DÍA DA NAI

O alumnado de 5º de educación infantil desexavos un bo Día da nai.

 

INDIANA BILL: infantil + 1º primaria

O alumnado de educación infantil e 1º de primaria estivo no parque de bolas de Indiana Bill: xogos e moita divesión, ata sesión disco!!!!

SESIÓN DE CINE: alumnado de 1º primaria

Cando vas ao cine tes que mercar a entrada, podes comprar flocos de millo...

O alumnado de 1º primaria tivo que trocar o seu diñeiro para poder asistir a unha sesión de cine en BiblioSolanas: "O libro da Selva".

Preme nas imaxes para ver o vídeo.

DÍA CONTRA O ACOSO ESCOLAR: 2 de maio

No Día contra o Acoso Escolar, a xefa de estudos e a Xefa do Departamento de Orientación explican ao alumnado de 2º e 3º ciclo o Punto Laranxa. Un punto físico (entrada do colexio) e virtual (páxina web do centro) onde a Comunidade Educativa pode, de forma anónima, comunicar ou denunciar situacións de acoso.

MAQUETAS CIRCUITOS ELÉCTRICOS: 6º A de primaria

O alumnado de 6º A constrúe maquetas empregando os seus coñecementos sobre os circuitos eléctricos. 

Preme nas imaxes para ver os seus traballos.

ESTREAMOS NOVAS PEZAS DE XOGO NO PATIO

Xa temos no patio de infantil e de primaria as novas pezas de xogo Sorriso.

CHARLA NAVEGA CON RUMBO: 3º ciclo

Navega con Rumbo é un programa asinado coa consellería de Cultura e o CPEIG para a prevención dos ciberdelitos na rapazada.

 

FPINNOVA 2024: 3º ciclo de primaria

Congreso de centros de Formación Profesional de Galicia con obradoiros sobre biotecnoloxía, ciberseguridade, creación de contidos mediante IA, drone soccer, creación de videoxogos, realidade virtual e aumentada, impresión 3D...

Preme nas imaxes para ver o contido.

OBRADOIROS CREATIVOS NAS AULAS DE PRIMARIA

No mes de abril, nas aulas de primaria, tivemos obradoiros con diferentes temáticas.

1º Primaria

"Ler e soñar cos ollos abertos"

2º Primaria OBRADOIRO MATEMÁTICO:

"Construímos figuras xeométricas"

   

5º Primaria   OBRADOIRO DE XOGOS 

"Destreza e orientación espacial"

 
   

VISITA DE ALUMNADO DO COLEXIO SAN XEROME

Alumnado do colexio San Xerome visítanos para unha doazon de libros a BiblioSolanas.

Moitas grazas!

Distribuir contido


by Dr. Radut