Skip to Content

RECOLLIDA HISTORIAIS ACADÉMICOS

 

Informámoslles que a partir do luns 3 de Xullo poden pasar a recoller os historiais académicos do alumnado de 6º de Educación Primaria na administración do centro e no horario de atención  ao público.

En caso de que non poida asistir a nai ou pai e desexen designar a outra persoa deberán traer cuberto o documento que poden descargar na páxina web ou solicitar na conserxería do centro.

 

Enquisa de biblioteca para as famlias

Estimadas familias, aquí vos deixamos unha pequena enquisa sobre as actividade e uso da biblioteca. É moi sinxela, so vos levará uns minutos, e a nós serviranos de gran axuda para poder mellorar. Moitísimas grazas pola vosa colaboración! Picade AQUÍ para acceder a ela. 

Xornadas do PDI e recomendacións lectoras

Aquí vos deixamos as imaxes destes intensos dous días de presentación dos produtos finais do noso proxecto documental integrado de centro "Cole animal" tanto nas sesións do alumnado como na das famliais. Moitas grazas pola participación!

recomendacionsverán2023 de Teacher Marta

 

Álbum: Curso 2022/2023 -> Xornada do PDI

Recreos de talentos

Durante os recreos deste curso na biblio o alumnado de 3º a 6º de EP tivo o seu momento para ensinarnos os seus talentos. Tivemos sesións de ilustración, música, teatro... e outras moitas actividades máis. Aquí vos deixamos a recopilación e todas elas. Moitas grazas rapazada pola vosa ilusión e  implicación!

CONCERTO DE GRAMOLA GOMINOLA

Hoxe celebramos o derradeiro día deste curso 2022/2023 coa sorte de poder gozar cun concerto de GRAMOLA GOMINOLA!!! Esperamos que o desfrutárades moitísimo!

Bo verán e vémonos en setembro de volta!!!

 

Día do medio ambiente - "Plásticos cero"

Na semana do 29 ao 2 de xuño, organizamos un concurso para tentar de eliminar o máximo posible de residuos de plástico nas aulas durante as súas merendas. Para conseguilo, puxemos unhas papeleiras nas aulas con carteis específicos sobre a actividade, onde se botaron os plásticos que se traían cada día. Esta papeleira non se valeirou en toda a semana e, despois de recollelas e pesalas, a aula que menos plásticos usou foi o grupo de 4ºB de Educación Primaria.

Grazas a eles, temos un mandarino plantado no centro. 

Matrícula NOVO ALUMNADO Curso 2023-2024

Informamos que o prazo para para a matriculación de novo alumnado no centro será do 20 ao 30 de xuño.

 

 Lembren que o horario de atención ao público en administración a partir do 22 de xuño será de 10:00h a 13:00h.

Teñen adxuntos:

 

  • Documento de formalización de matrícula.
  • Folla de rexistro coa documentación a entregar.
  • Enquisa para as familias de 4ºEI.
  • Solicitude de transporte e comedor.

 

Deben presentar a relación de documentos que figura na folla de rexistro coa documentación a entregar:

 

- Impreso de matrícula correctamente cuberto.

- Solicitude de transporte escolar.

- Solicitude do servizo de comedor coa documentación xustificativa.

- Certificado médico.

- Fotocopia da tarxeta sanitaria do alumno/a.

- Fotocopia da cartilla de vacinas.

- 2 fotografías tamaño carné.

- Enquisa (no caso de alumnado de 4º de EI).

 

Graduación 6º de Educación Infantil

Aquí tedes as fotos de hoxe pola tarde da graduación de 6º de Educación Infantil. O ano que ven, PRIMARIA!!!!

Gracias a todas as familias que nos acompañastes hoxe!!!

Álbum: Curso 2022/2023 -> Graduación 6º Educación Infantil

PDI Cole Animal 1º EP Protectora de animais

"O alumnado de 1º de EP do CEIPP Vicente Otero Valcárcel presenta o seu produto final do PDI COLE ANIMAL.

Colaboramos  cunha protectora de animais (APADAN). Aquí  deixamos un vídeo explicativo de como participar con nós nesta iniciativa. CONTAMOS CON VÓS!"

 

Solicitude Fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar Curso 23-24

PRAZO DE PRESENTACIÓN: do 20 de maio ao 21 de xuño.

As solicitudes presentaranse:

-          Preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado ED330B (anexos I e II) dispoñible na aplicación:  https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/

-          A través da sede electrónica da Xunta de Galicia  https://sede.xunta.gal.

-          A través do correo electrónico do centro ceip.vicente.otero@edu.xunta.gal

-          Na administración do centro, en horario de atención ao público.

DOCUMENTACIÓN:

-          Anexo I e II debidamente cuberto dispoñibles  en https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/ , no adxunto a esta publicación ou na conserxaría do centro.

-          Copia do libro de familia que conteña todas as páxinas da unidade familiar (pais e fillos/as).

          OUTRA DOCUMENTACIÓN:

-                -          En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou                    convenio regulador onde conste a custodia do menor.

-          Certificado de discapacidade do/da alumno/a ou de calquera membro da familia non expedido pola Administración autonómica.

-          Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar.

-          Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

-          Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou certificado do centro de menores, para alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.

-           Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai ou a nai ou o/a titor/a ou titores/as carezan de DNI ou NIE.

PRAZOS

CENTRO

ALUMNADO/FAMILIAS

Presentación de solicitudes

 

Do 20 de maio ata o 21 de xuño de 2023

Publicación de listaxes provisionais

Antes do 12 de xullo de 2023

 

Reclamación ás listaxes provisionais

 

2 días seguintes á publicación

Publicación das listaxes definitivas

Antes do  26 de xullo de 2023

 

Excursión ao Ágora: lectura e familias (sábado 10 de xuño)

IMPORTANTE: A excursión é para familias. Os nenos e nenas deberán ir acompañados dun adulto responsable maior de idade.

Documento A4 Horarios Biblioteca Ilustrativo Verde de Patricia Pena

CONVOCATORIA BECAS ALUMNADO CON NEAE PARA O CURSO 23/24

Publicada a Resolución do 20 de abril de 2023 da Secretaría de Estado de Educación, pola que se convocan axudas para o alumnado con Necesidades Específicas de Apoio Educativo para o curso 2023-2024 (BOE 26 de abril de 2023).

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

Do 8 de maio ao 20 de setembro de 2023.

Pode acceder á información e ao formulario de solicitude na seguinte ligazón:

https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/general/05/050140/ficha/050140-2023.html

Distribuir contenido


by Dr. Radut