Aberto o prazo para solicitar as bolsas de estudo MEC para aquel alumnado que no curso 2024-2025 estea matriculado en bacharelato e formación profesional. Información aquí.
Xa tedes dispoñible a entrevista que Celtia e Adela, de 1° ESO A, lle fixeron ao escritor Fernando Lalana despois do encontro literario entre el, escritor de literatura infantil e xuvenil, e o noso alumnado de 1º ESO.
Agardamos que a desfrutedes.
https://go.ivoox.com/rf/125543387
"Noto frío. Estoy temblando. Ya no sé si temblo por el frío o de puros nervios. Estoy boca abajo. Sobre el suelo de la cocina. Desnuda y helada. La sangre sale de mi cuerpo sin parar".
Así comeza o libro de Noelia Míguez, coautora de “Ocho señales: cuestión de vida o muerte” e vítima e supervivente de violencia de xénero.
Hoxe tivemos a sorte de contar con @noedorinda para ofrecer esta impactante charla ao alumnado de Bacharelato. Noelia explicounos cales son os sinais dunha relación tóxica e como van escalando pouco a pouco nese tipo de relacións.
Despois, ao rematar, algúns dos participantes no taller da radio fixéronlle unha entrevista da que dentro de pouco farémosvos partícipes.
Grazas Noelia!
#dorifuerza #dorihistoria #proxecta+
No Día Internacional da Muller Traballadora o alumnado de 2º ESO quixo homenaxear as “mulleres traballadoras das súas vidas”. Avoas, nais, amigas … , mulleres loitadoras que fixeron fronte a unha vida dura, que nos apoian e apoiaron sempre cun amor incondicional, mulleres que traballan na casa e fóra, mulleres que deixan unha pegada imborrable nas nosas vidas.
O noso recoñecemento ás “brillantes activistas da vida cotiá” porque dende sempre as mulleres foron, son e serán un piar fundamental da nosa sociedade.
Podedes ver algún dos seus traballos no taboleiro da entrada do instituto e clicando aquí:
No centro estamos moi concienciados ca diversidade, por iso parécemos imprescindible ter unha boa formación en alumnado con TDAH.
Para iso escollemos ao mellor formador neste campo. Que é Juan Ramos, da asociación Anhida, que ademais de aprender moitísimo con el , pasámolo xenial a través de diferentes dinámicas que poderemos realizar na aula co noso alumnado.
Foi un pracer contar con Juan, xa que ademais de ser un formador moi entregado é unha excelente persoa.
Agradecer tamén o apoio recibido polo CFR de Coruña e pola asociación Anhida
A resolución do 28 de febreiro de 2024 permítelle ao alumnado de 4º de ESO e de 2º de bacharelato acreditar as súas competencias dixitais en dous niveis: iniciación e intermedio.
No caso do alumnado de 4º de ESO, a obtención do título suporá a acreditación do nivel de iniciación. O alumnado que o desexe poderá presentarse a unha proba específica co obxectivo de acreditar os coñecementos, habilidades e actitudes propias do nivel intermedio. Esa acreditación terá unha validez de 5 anos.
No caso do alumnado de 2º Bac. a obtención do título de bacharel acredita que a alumna ou o alumno ten os coñecementos, habilidades e actitudes das áreas de dominio 1, 2, 3 e 5 do nivel intermedio descritas no Marco galego de competencias dixitais. O alumnado poderá presentarse a unha proba específica co obxectivo de acreditar os coñecementos, habilidades e actitudes propias da área de dominio 4 do nivel intermedio. No caso de que unha alumna ou un alumno obteña o título de bacharel e ademais supere a proba específica da área de dominio 4 do nivel intermedio, recibirá a certificación ComDix que acredita o nivel intermedio, e que terá unha validez de 5 anos.
O alumnado que desexe participar nas probas específicas deberá cumprir os seguintes requisitos:
a) Estar matriculado en 4º de educación secundaria obrigatoria para presentarse á proba específica que acredita as competencias dixitais de nivel intermedio.
b) Estar matriculado en 2º de bacharelato para presentarse á proba específica que acredita a área de dominio 4 de competencias dixitais de nivel intermedio.
A solicitude para presentarse á proba poderá entregarse no centro ata o día 15 de marzo.
Máis información no texto da resolución e nos ficheiros adxuntos.
No mes de Xaneiro, entre o 21 e o 27, o Departamento de Educación Física realizou unha Semana Branca coma tódolos anos. Este ano fomos á estación de Astún no pirineo aragonés. Na viaxe participaron alumnos dende 2º da ESO ata 1º de BAC. Foron un total de 63 rapaces e rapazas para disfrutar duns días de deporte e convivencia fora da casa. Tivemos moi bo tempo ainda que non moita neve, pero a suficiente para disfrutar de 5 días do placer do esquí. Quedamos moi satisfeitos da viaxe en xeral e pensamos que, a maioría deles, tamén quedaron con ganas de repetir o próximo ano.
O mellor foi que volvemos sen lesions e iso é moi importante de cara a repetir.
Dende o Departamento estamos moi contentos da aceptación que ten esta viaxe entre os alumn@s.
Aquí deixamos un documento gráfico destes días.
O Departamento de Lingua Castelá, organizou un encontro literario entre Fernando Lalana, escritor de literatura infantil e xuvenil, e o noso alumnado de 1º ESO.
É o autor da novela "La tuneladora", que leu o alumnado este curso académico. O autor contestou ás súas preguntas, algunhas relacionadas coa obra e outras co oficio de escritor e a súa traxectoria profesional. A charla durou unha hora e despois unhas alumnas de 1ªESO E, Adela e Celtia, fixéronlle unha pequena entrevista para a radio.
Agradecer o seu tempo.
Seguindo co Plan Proxecta +, estas dúas semanas tivemos exposto na entrada do instituto 15 cartas de amor, debuxos de artistas da fama como Miguel Calatayud, Patricia Castelao, Jack Mircala, Pirusca entre moitos outros.
Con "Cartas de Amor", a Secretaría Xeral da Igualdade pretende establecer un paralelismo entre o mundo romántico das primeiras relacións de parella e a crueldade que, a veces, vai asociada a elas.
#proxecta+ #cartasamor
Co gallo da celebración, o 13 de Febreiro, do Día Internacional da Radio, o alumnado do Obradoiro de Radio de 1° da ESO traballou na elaboración dun podcast sobre o entroido que foi emitido no portal www.escolasnasondas.com.
O noso agradecemento a Ponte nas Ondas por darnos a oportunidade de amosar o noso traballo en Galicia e o Norte de Portugal.
Tamén queremos dar as grazas a Lupe Blanco e a Jenni Felpete pola súa colaboración na gravación dunhas regueifas e da muiñeira de Cerqueda para o podcast.
Por último os nosos parabéns ao alumnado participante:
Jorge Amado Bardanca
Adela Baldomir Moreira
Paula Caamaño Lamas
Dafne Cantelar Pena
Nerea Collazo Martínez
Marcos Lamas Angeriz
Yoel Moreira Lorenzo
Carla Picos Espasandín
Celtia Vázquez García
Laura Vilares Souto
Podedes escoitar o podcast no noso ivoox:
https://go.ivoox.com/rf/124337008