Skip to Content

Axuda material escolar - curso 2024/2025

Orde do 7 de maio de 2024

 Aberto o prazo para a solicitude axuda de material escolar para o curso 2024/2025.

PRAZO DE SOLICITUDE: Dende o 21 de maio ata o 21 de xuño (incluídos)

LISTA PROVISIONAL DE ADMITIDOS: 12 de xullo

RECLAMACIÓNS: 15 e 16 de xullo

LISTA DEFINITIVA: 26 de xullo

FORMAS DE PRESENTACIÓN DA SOLICITUDE:

 DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:

  • Solicitude cuberta e Anexo II.
  • Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables. Nos casos en que non teñan libro de familia ou este non reflicta a situación a 31 de decembro de 2022, poderán acreditar o número de membros utilizando algún dos seguintes medios:
    • Setenza xudicial de separación, divorcio, custodia.
    • Certificado ou volante de convivencia.
    • Informe dos servizos sociais ou órgano equivalente. 

Visita do antigo alumnado do centro.

Sempre é un pracer recibir a antigo alumnado do centro, e se veñen cun premio literario do baixo do brazo, que menos que nomear unha aula co seu nome.

Parabéns @saravilaal e moitas grazas aos profes que o fixeron posible.

 

Visita ós petróglifos de Taboexa

Visita ós petróglifos de Taboexa co alumnado da escola infantil, da man dun proxecto transversal para 1° da ESO coa colaboración de Xosé Lois Vilar do @ieminorans

 

Taller de poesía

O pasado venres 10 de maio o alumnado de 3º e 4º da ESO participou nun taller de poesía con @jonatanjorgeg poeta vigués de raíces nevenses.

 

Visita ó Anfaco

O 8 de maio o alumnado de 4° da ESO de economía acudiu a Anfaco da man do programa EduTecEmprende. Agradable visita pero curta. Repetiremos.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut