Skip to Content

Actividades

REXISTRO 15000

O álbum ilustrado Bandada, de David Daniel Álvarez Hernández e María Julia Díaz Garrido, publicado por Kalandraka é o noso rexistro 15000!!!

En palabras de Trafegando Ronseis   " Un álbum que se converte en imprescindible nos andeis das nosas bibliotecas, unha alegoría sobre a historia da humanidade, a que non ten máis fin ca a dominación e a violencia pola deturpación do seu propio destino e a dexeneración da sociedade. E aínda que pasado, presente e futuro se conxuguen nun xogo carente de poesía e cheo de ambición desmedida, resta e permanece un punto de esperanza, porque a contradición tamén é esencial no noso ser. E todo isto, baixo unhas ilustracións absolutamente simbólicas en branco e negro que reproducen paxaros humanizados con todo detalle e que non cansamos de mirar.

Pura poesía transformada nun álbum ao que lle imos tirar moito proveito nas aulas."

 

Visita do Club de lectura a Ourense

Reportaxe en vídeo da nosa visita literaria a Ourense.

Felices lecturas de verán. Vémonos o próximo curso no Club!

Sorry, flash is not available.

O CLUB DE LECTURA VISITA OURENSE

O 15 de maio visitamos Ourense co noso Club de lectura, integrado por 66 alumnos e alumnas e 5 profes. Esta saída pon o remate a un ano de lecturas compartidas.

Percolleremos o roteiro d'A esmorga, descubriremos Allariz e coñeceremos o pazo de Trasalba.

FELICES LECTURAS!

 

Lectura continuada 2015

O 23 de maio celebramos o Día do libro e da lectura coa lectura continuada de textos literarios. Foron catro horas e participou todo o alumnado da ESO, bacharelato e Ciclos formativos de Administración e Comercio internacional. Destacamos un ano máis o respecto, a atención e o silencio.

Sorry, flash is not available.

 

 

 
Distribuir contido


by Dr. Radut