Skip to Content

Gañador da fase de zona da Olimpíada 2018

Parabéns para Marcos, un dos gañadores da fase de zona da Olimpiada deste ano. Agora esperamos que teñas moita sorte na fase final, que terá lugar o vindeiro 24 de maio no Círculo das Artes en Lugo.

Proceso de admisión alumnado curso 2019/2020

O día 1 de marzo comeza o prazo de admisión de alumnado para o curso 19/20 e rematará o dia 20 ás 14:00 horas

Para consultar toda a información relacionada pulsar aqui

O XOÁN MONTES GAÑA O CONCURSO INTERCENTROS

 

O equipo formado polas alumnas DINA DURÁN RODRÍGUEZ, PAULA QUIAO LEBÓN REAL e VALENTYNA MULYK gañou o primeiro premio na última edición do concurso INTERCENTROS, no que alumnos de 1º de Bacharelato de todos os institutos da cidade deben contestar preguntas de diferentes materias deste curso así como de actualidade.

Dina, Paula e Valentyna repetiron o éxito acadado o curso pasado polo equipo formado polo alumnos SANTIAGO IGLESIAS GÓMEZ, SANTIAGO PÉREZ ACUÑA e ANDREA MIRAGAYA , quenes tamén acadaran entón o primeiro premio. 

 

PRENDER A LUZ, PROXECTO PREMIADO NO CONCURSO TRABALLOS POR PROXECTOS

Un ano máis o traballo presentado ao certame TRABALLOS POR PROXECTOS, elaborado polos alumnos de 1º e 2º de ESO,  acadou o 1º premio.  Parabéns ao alumnado e ás profesoras coordinadoras, Anxos Vidal, Meri García e Mari Luz Paramio.

Convidámosvos a coñecer  proxecto PRENDER A LUZ.

 

MANUAL DAS FAMILIAS

Na sección Pais/nais, en Información para as familias, está o MANUAL DAS FAMILIAS, onde se pode consultar, entre outras cousas, como xustificar as faltas ou o horario de atención a pais de todo o profesorado. 

Normas de Organización e Funcionamento

AQUI PODEDES CONSULTAR  O N.O.F. DO CENTRO

DOCUNAUTAS GAÑA O CONCURSO DE TRABALLOS POR PROXECTOS

O proxecto interdisciplinar elaborado o curso pasado polos alumnos de 1º ESO, coordinado polas profesoras Anxos Vidal e  Mari Luz Paramio, acaba de gañar o concurso de traballos por proxectos, dotado con 1000 euros. Noraboa a todos, alumnos e profesoras, polo voso traballo.

Olimpíada de Xeoloxía

PARABÉNS a MARGARITA FERNÁNDEZ FERRO gañadora do Accesit ao estudante de 4º da ESO que acadou a puntuación máis alta na sede de Lugo, da fase galega da VI Olimpíada de Xeoloxía.
Nesta edición presentáronse 58estudantes de catro Institutos de Secundaria da provincia de Lugo, e os exames celébráronse na  Escola Politécnica Superior da Universidade de Santiago de Compostela.

PREMIO BIBLIOTECAS ESCOLARES

O luns  recibimos unha nova moi agradable: o noso instituto foi premiado

O DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN TEN UN BLOGUE

O departamento de Orientación creou un blogue que pode ser de gran utilidade. Así, profesorado, familias e alumnado tedes un acceso máis doado á información do Departamento. Nel podedes, por exemplo, consultar toda a información da proba de acceso a ciclos.

Distribuir contido


by Dr. Radut