Inicio
Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar
Curso escolar 2018-2019
Procedemento ED330B
Orde do 9 de maio de 2018 (DOG do 21)
Para as familias:
Se dispoñen de Chave365 ou certificado dixital poden cubrir o formulario de solicitude a través do menú Cidadán.
Unha vez creada a solicitude poden optar por:
Imprimir o formulario xerado pola aplicación e achegalo ao centro educativo para o que se solicita.
Presentalo telematicamente na Sede Electrónica da Xunta de Galicia a través desta aplicación.
Se prefiren presentar a solicitude presencialmente no centro poden descargar os anexos no seguinte enlace.
Acceda ás instrucións para realizar unha nova solicitude por parte do cidadán: Manual de usuario
O alumnado que non estea admitido nin coñeza en que centro vai estar escolarizado no curso escolar 2018-2019, deberá presentar a solicitude no centro no que está matriculado no curso 2017-2018.