3ª edición da incubadora High Tech Auto. Inscrición ata o 15 de decembro

O prazo de presentación de candidaturas para a 3ª edición da incubadora empresarial High Tech Auto (HTA) remata o próximo 15 de decembro.

Esta iniciativa é froito da colaboración entre a Xunta de Galicia, o consorcio da Zona Franca de Vigo e a Fundación INCYDE, e supón unha oportunidade para favorecer a transferencia de tecnoloxía ao tecido empresarial do sector de automoción, sector auxiliar de compoñentes e servizos avanzados para a industria da automoción a través de vehículos de transferencia de tecnoloxía.

A incubadora HTA ten como obxectivo favorecer a pre-incubación, a incubación e a post-incubación de ideas e proxectos tecnolóxicos en fase semente ou incipiente coa idea de validalas e transferilas ao mercado para posteriormente construír un modelo de negocio de innovador ao redor dela.

Etiquetas: