MIMS01

 

MIMS01 - Video disc-jockey e son

Familia: Imaxe e son
Sistema educativo: LOE
Grao: medio
Horas: 2000
Código: MIMS01
Documentación: RD
DOG
DOC

Que se aprende a facer?
A competencia xeral deste título consiste en realizar sesións de animación musical e visual en vivo e en directo, e efectuar a captación, a mestura directa, a gravación e a reprodución de son en calquera tipo de proxectos sonoros.

 

En que ámbitos se traballa?
As persoas que obteñan este título han exercer a súa actividade no ámbito do son para producións de cine, vídeo, televisión, multimedia, radio, industria discográfica, espectáculos e instalacións fixas de sonorización, en grandes, medianas e pequenas empresas, públicas ou privadas, en televisións, produtoras de cine e vídeo, emisoras de radio, produtoras discográficas, empresas de dobraxe, empresas de sonorización e produtoras de espectáculos, e en empresas dedicadas á produción de eventos musicais públicos, tales como bares musicais, discotecas, salas de festa, salas de baile, salas de concertos ou festivais, así como en eventos non estritamente musicais, tales como desfiles de moda, presentacións publicitarias ou feiras de mostras, e en grandes, medianas e pequenas empresas, por conta propia ou allea, dedicadas ao tratamento dixital de imaxes.

 

Que ocupacións se desempeñan?
Axudante de son en televisión; microfonista de cine e vídeo; microfonista de concertos musicais; microfonista de espectáculos escénicos; axudante de montaxe de son en cine; disc-jockey; vídeo-jockey; vídeo disc-jockey; light-jockey; retocador fotográfico dixital.

 

Cales son os módulos deste ciclo?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
MP1299 Captación e gravación de son 213 8
MP1305 Formación e orientación laboral 107 4
MP1298 Instalación e montaxe de equipamentos de son 213 8
MP1301 Preparación de sesións de vídeo disc-jockey 187 7
MP1304 Toma e edición dixital de imaxe 240 9
MP1302 Animación musical en vivo 210 12
MP1303 Animación visual en vivo 210 12
MP1300 Control, edición e mestura de son 157 9
MP1306 Empresa e iniciativa emprendedora 53 3
MP1307 Empresa e iniciativa emprendedora 410

Réxime ordinario

Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos polo réxime ordinario. Curso 2019-2020.

A Coruña



Concello Código Centro educativo Teléfono
Ferrol 15006791 IES Saturnino Montojo 881930225
Noia 15010812 IES Virxe do Mar 881866831
Santiago de Compostela 15015743 IES Arcebispo Xelmírez I 881866962

Ourense



Concello Código Centro educativo Teléfono
Ourense 32015050 CIFP A Farixa 988783012

Pontevedra



Concello Código Centro educativo Teléfono
Vigo 36024461 IES Audiovisual de Vigo 886111152




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).