Concurso. Turismo Creativo: Ideas para o Norte de Portugal e Galicia
Turismo Creativo: Ideas para o Norte de Portugal e Galicia é un concurso de ideas promovido pola Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia - Norte de Portugal (GNP-AECT) en conxunto coa Axencia de Turismo de Galicia, a Entidade Rexional de Turismo de Porto e Norte de Portugal (ERTPN) e o ISAG - Instituto Superior de Administración e Xestión.
O concurso ten como principal obxectivo promover a creación de ideas e solucións creativas e innovadoras para o sector do Turismo no Norte de Portugal e Galicia, en calquera dos subsectores que integran esta actividade económica.
Preténdese promover unha cultura de iniciativa e participación da sociedade civil, a través da participación das escolas e da comunidade académica.
Poderán participar persoas a título individual ou en grupo, estando estes constituídos por un máximo de 3 persoas. As persoas participantes o farán por dúas categorías:
- Categoría Colexios/Escolas/Institutos: Alumnado de ensinazas non universitarias.
- Categoría Ensino Superior: destínase a alumnado matriculado en ensinanzas universitarias.
Os grupos poderán estar formados por persoas de diferentes institucións e poderán ser orientados por un docente.
O prazo de presentación de solicitudes finaliza ás 17 horas do 31 de maio de 2013. As solicitudes faranse á través dun formulario dispoñible na páxina web do concurs www.isag.pt.