FP dual. Segundo proxecto experimental en colaboración con UNVI

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, e o presidente da empresa Unidad de Vehículos Industriales S.A. (UNVI), Emilio Pérez Nieto; asinaron hoxe, 15 de abril de 2013, un convenio de colaboración co que se avanza no proceso de implantación do sistema de Formación Profesional dual en Galicia. O proxecto, o segundo destas características que se pon en marcha na comunidade autónoma con carácter experimental, suporá a creación de 15 novas prazas para cursar nesta modalidade remunerada o ciclo medio correspondente ao título de técnico en carrozaría no IES Universidade Laboral de Ourense a partires do próximo curso.

- Máis información

Etiquetas: